Benvido á Galipedia, Martiño1996!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 20:25, 9 febreiro 2009 (UTC).

Ola, Martiño, benvido á wikipedia. Vin que empezaches a crear o artigo sobre o filme titulado Borat, e que non seguiches. Borreino provisoriamente, porque ten moitos erros; pero se queres seguilo editando recupérase e listo. O erro máis importante é de estutura, porque non está ben ordenadiño como corresponde. Pero non te preocupes, que ninguén naceu aprendido, que é todo moi sinxeliño, e que ademais estamos todos aquí para axudarte, de acordo? Bótalle un ollo á axuda que che deixou aquí arriba Hugo22. E cando queiras, ou comezas a editar de novo, que é moi sinxelo, ou pídesme que che recuperemos a edición calquera dos administradores, e xa está, vale? Un saudiño, --Xabier Cid Conversa 22:18, 9 febreiro 2009 (UTC)

  • Acouga, non podes mudar as páxinas ao teu antollo, hai uns procedementos que non estás a cumprir.--RNC 20:30, 15 marzo 2009 (UTC)

Ola, Martiño, revertín os cambios que fixeches:

  • Na Galipedia, e despois dun proceso de consenso e votacións, o nome dese país do sur de Europa é Galicia, non Galiza. Independentemente de que Galiza tamén sexa unha palabra galega, o que se acordou é que nos títulos sempre se recollese como Galicia. Por suposto, e como palabra correcta en galego, tamén se pode utilizar Galiza no interior dos artigos, pero acordouse que non se fixese así nos títulos.
  • Os nomes propios na Galipedia non seguen a mesma norma ca en es.wp: os artigos titúlanse polo nome coñecido, e se hai dúas formas igual de coñecidas, pola máis simple delas.
  • Os topónimos, ata que se mude e se adopte outra política, teñen sempre a forma en galego seguida da forma oficial, con algunhas (poucas) excepcións.

Para calquera dúbida que teñas, non teñas medo en consultarme a min ou a outros usuarios. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 20:44, 15 marzo 2009 (UTC)

Tamén borrei o artigo que creaches sobre a Fracción do Exército Vermello: a tradución tiña tantos problemas, que daba máis traballo amañar todos os erros de tradución, maiúsculas, ligazóns, punto de vista neutral, estrutura e datos fundamentais, ca facelo de novo. Hai unhas semanas creaches o artigo sobre o filme Borat. Naquel momento aviseiche do mesmo. Volvíchelo crear dun xeito moi incompleto, e sen amañar os problemas. Semanas despois non volviches editalo. --Xabier Cid Conversa 20:54, 15 marzo 2009 (UTC)
  • Non facemos o título polo nome completo, é o nome máis coñecido agás que haxa máis personalidades que teñan o mesmo nome (hai xente que ten máis de cinco ou mesmo dez nomes, como os casos de membros de familias reais e nobiliarias)--RNC 16:20, 23 marzo 2009 (UTC)
    • Acouga. Non fagas movementos unilaterais, le as normas.--RNC 16:21, 23 marzo 2009 (UTC)
    • Por favor, non fagas máis movementos, están a ser revertidos por ir contra as políticas, xa que nas biografías utilízase o nome polo que é máis coñecido, e nos topónimos emprégase a elección do primeiro editor. Alberte Si, dígame? 16:44, 23 marzo 2009 (UTC)

Vicente Boluda e Ramón Calderón editar

Martiño, por favor, segue o libro de estilo. Pon interwikis, categoriza, cursiva, negrita no título, ligazóns internas... E ponlles thumbnails ás fotos. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 17:10, 3 abril 2009 (UTC)

Martiño1966, fai o que che digo, por favor, non sigas a crear artigos do mesmo xeito. É mellor un só e ben feito que cinco que non valen para nada. Amais, deste xeito o que fas é darlle traballo extra a outros coma min. Moi ben pola colaboración, pero dálle un pulo á calidade, meu. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 17:22, 3 abril 2009 (UTC)

Perdoademe,tes razón Atobar,perdoame polos artigos que fixen.Eu o facia con boa intención,sen malicia,non quería causar mal.Martiño1996.

  • Martiño, para que eu me decate do que me dis tes que escribirme na miña páxina de conversa, así como eu o fago na túa. Non pasa nada, home. Xa sei que non o fas con malicia. Ninguén nace aprendido, din por aquí decote. Bueno, o caso é que vexo que sigues argallando novos artigos coa mesma tónica de falta de ligazóns, de categorización e con apenas achegas informativas. Procura engadir máis información aos que xa fixeches antes de te pór con novos. Fíxate na lapela que pon 'Editar', e aí verás como se fan as cousas. Olla para outros artigos semellantes e así vas aprendendo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 17:56, 3 abril 2009 (UTC) Para asinar, por certo, é no cuarto botón comezando pola dereita, enriba deste cadro no que escribes.
Martiño, non me queda outra que insistir no mesmo: fai por mellorar os artigos que xa creaches no canto de seguir creando novos. E sobre todo, non fagas listas, porque para iso xa están as categorías. Non ten sentido que fagas unha lista de presidentes, se existe unha categoría de presidentes, por exemplo. E ponlle a negriña aos títulos. Corrixinche, por exemplo, o artigo de Florentino Pérez. Métete nel, bótalle unha ollada á pestana de Editar e mira como fixen. Fai ti o mesmo. Outra cousa, tenta non pór opinións como moitos seareiros arelan a súa volta para que o Madrid volva ser un grande no universo das estrelas. Iso non pode estar na wikipedia, que se basa en feitos, non en opinións, sexan ou non acertadas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 12:44, 4 abril 2009 (UTC)

Artigos con moitos fallos editar

Ola Martiño, vexo que non fas moito caso ó que che din os outros usuarios e administradores, por favor empeza por arranxar os artigos que creaches no lugar de editar outros. De seguires así non pasará moito tempo sen que te bloqueen. Eu comecei a corrixir algún, mais dás máis choio do valor que teñen algúns deles. Recapacita. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 12:14, 13 abril 2009 (UTC)

Jesús Caldera editar

Martiño: vas mellorando, pero aínda cómpre que fagas algo mellor os artigos, meu. Pon as fotos con thumbnail, é dicir, en pequeniño. E procura axeitar ben a cuestión da lingua. Tenta expresarte nun bo galego. Bótalle un ollo aos dicionarios se tes algunha dúbida, ou pregunta. Veña, un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 19:47, 16 abril 2009 (UTC)

Martiño, insisto no mesmo de sempre: segue o libro de estilo. Pon negrita ao título, ligazóns internas, interwikis con outras linguas e categoriza. Se non é máis o traballo que dás ca a axuda que prestas. Veña, faino ben, home, que é sinxelo.--Atobar (conversa comigo) 20:12, 16 abril 2009 (UTC)

Categorización e interwikis editar

Martiño, categoriza e pon as interwikis a outras linguas. Veña, home, que se non o artigo sempre queda a medio facer. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:05, 17 abril 2009 (UTC)

Martiño, pregoche que fagas o que pido. Non teño arela de te ir detrás.--Atobar (conversa comigo) 21:24, 17 abril 2009 (UTC)
Martiño, xa che caeu un bloqueo. Non queiras repetilo. Mira, propóñoche unha cousa: decídete por un artigo e mellórao todo o que poidas. Eu axúdoche co que poida. Pero, por favor, non sigas a crear máis artigos innecesarios, e menos sen categoría, libro de estilo, interwikis e todo o que che dixen eu e outros, mil e unha veces. Veña, fai iso: decídete por un e ponte ao choio. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 21:42, 17 abril 2009 (UTC)

Ola, Martiño. Xa che deron varios avisos ultimamente e parece que non fas moito caso deles. A wikipedia non é mellor por ter moitos artigos, senón por ter artigos bos. Ao creares artigos demasiado pequenos sobre temas realmente amplos ou personaxes de trascendencia, como este Molotov, fas máis mal que ben, porque obrigas as demais persoas que traballan na wikipedia a parar co que están facendo e completar os teus artigos: non dás datos básicos, non categorizas, non inclúes interwikis e, o que é peor, pasas ao seguinte artigo sen preocuparte de mellorares o que acabas de facer. Vou proceder a borrar o de Molotov, porque dá moito máis traballo amañalo que facelo de novo. Gustaríame que se tes algunha dúbida ma comentases e non optases simplemente por botar a correr cara adiante. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 19:57, 27 abril 2009 (UTC)

Martiño, acabo de arranxar o teu novo artigo do Pro Evolution Soccer 2009. Unha vez máis, os mesmos fallos. Por favor, fai caso ao que che dicimos.--Atobar (conversa comigo) 16:05, 30 abril 2009 (UTC)

Martiño: máis do mesmo. Acabo de arranxar Royston Ricky Drenthe‎. Por favor!--Atobar (conversa comigo) 09:18, 1 maio 2009 (UTC)
Martiño, xa vexo que fuches quen de encadrar a imaxe de Gio o do Barça nun thumbnail. Boa esa, home. Agora proba a meterlle tamén a categoría e mais as interwikis a outras linguas. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:53, 9 maio 2009 (UTC)

Máis do mesmo editar

Boas, Martiño. O de sempre: sen interwikis, sen categoría, sen thumbnails nas fotos,... pero bueno, tamén vin algunhas melloras, todo hai que dicilo -polo de pronto, decateime de que xa pos con negriña o título do artigo; algo é algo, home-. Veña, un saúdo e que vaia a máis o galipedismo! Aburiño. --Atobar (conversa comigo) 22:27, 19 xuño 2009 (UTC)

Liga ACB 2000-01 editar

Martiño, pon interwikis ás outras linguas, categoriza e vai amodo coa lingua. Non insistas en seguir creando artigos. Mellora os que xa fixeches, por favor. É a enésima vez que cho dicimos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:51, 21 xuño 2009 (UTC)

Eurocopa editar

Martiño, boas outra vez. Os mesmo problemas de sempre, por favor fai algo por arranxalos, meu, que xa vai sendo hora. Veña, un saúdo, home. --Atobar (conversa comigo) 19:25, 19 setembro 2009 (UTC)

colaborar e convivencia editar

Ola Martiño1996 ! Para colaborar na Galipedia, igual que noutros proxectos wikimedia debese facelo doutro xeito e sempre ser correctos. Tes que pedirlle desculpas a Atobar porque non respectas a etiqueta que debe manterse tal como o podes ver aquí. Pensao o ben, todos os usuarios que andan a darche consellos fanon para a calidade do proxecto e tamén para axudarte. ElviraConversa comigo 15:23, 3 outubro 2009 (UTC)

Veño de ver que un administrador boqueouche por unha semana. Eso dache tempo para cavilar e a volta darlle desculpas a Atobar. Saúdos ElviraConversa comigo 15:26, 3 outubro 2009 (UTC)

Proposta de bloqueo editar

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FBloqueos_e_proteccións&diff=1308155&oldid=1237469 . Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:12, 3 outubro 2009 (UTC)

Traballo común editar

Bo día, Martiño. Alporizácheste todo, home, e non había razón para tal. Bueno, ao primeiro pedirche que acougues. Asegúroche que non estou pendente do fallo de ninguén para llo ir recriminar despois. E cando dis que che prohibín crear artigos supoño que te refires a que, meses atrás, che dixera que ás veces é mellor arranxar os artigos xa creados ca seguir sacando novas fornadas de artigos mínimos e sen formato. Xa digo, supoño que te refires a iso, porque prohibir non che puiden prohibir; iso aquí non se pode facer, éche así de sinxelo. Con calma e con tempo, se cadra sería bo que aproveitases esta semana na que estás bloqueado para ir repasando as túas edicións e as mensaxes respectivas que fumos colando na túa páxina de conversa. Verás que teñen bastante lóxica, e mesmo ás veces denotan unha paciencia que lonxe de atacar deberías valorar. En calquera caso, se atopas algunha mensaxe e concreto que che pareza desmesurada ou abusivo, sempre o poderás denunciar na Taberna ou na páxina de conversa dun administrador. Máis nada, Martiño, pola miña parte non lle dou importancia ao asunto, creo simpleente que se che deberon cruzar os cables de vez e no canto de pensares en comezar a editar segundo o formato da Galipedia (o que che dixen mil veces: pór interwikis, categorizar, negriña no título, thumbnail na foto...) optaches por te desfogar comigo. Pois nada, espero que xa esteas máis relaxado. Xa digo: non pasa nada, pero por favor que non se repita. Un saúdo e para calquera cousa, as páxinas de conversa ou a Taberna. --Atobar (conversa comigo) 08:41, 4 outubro 2009 (UTC)

Licenza na Wikipedia editar

Por favor, ao traducires un artigo doutra Wikipedia ten en conta que cómpre adaptalo ao formato da Galipedia e indicar no resumo de edición que é unha tradución (tes máis información sobre isto en Axuda:Resumo de edición). Ten isto en conta para futuros artigos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:38, 30 decembro 2009 (UTC)

Permíteme insistir no que di Toliño, pois segues a incumplilo (Estadio de San Mamés). Un saúdo e a seguir traballando. --HombreDHojalata conversa 15:27, 26 febreiro 2010 (UTC).

Faime un favor editar

Ola Martiño.

Vouche pedir un favor. Emprega un navegador web que te permita instalar un corrector ortográfico de galego. Por exemplo Mozilla Firefox. Non sei se o coñeces, se non é así xa verás que é mellor que Internet Explorer.

O Firefox pódelo descargar de aquí. E o corrector ortográfico de galego de aquí.

Os teus artigos traducidos a machete do castelán son un pouco desastrosos. Con este sistema vaiche resultar moito máis doado, xa verás.

Un saúdo --. HombreDHojalata.conversa 17:25, 28 de abril de 2010 (UTC)


Martiño, xa che teñen explicado que a cantidade non vale para nada se non hai unha calidade mínima.

A ti paréceche ben ter unha enciclopedia chea de artigos con faltas de ortografía? A que non?

Antes de queixarte, porqué non probas o que che recomendei, pedincho como favor. Verás que é un sistema estupendo. Mentres escribes vaiche marcando as faltas en vermello e so terás que picar co botón dereito do rato e escoller unha corrección. E automático, vaite axudar moito e vaille dar calidade os teus artigos, vas poder presumir deles. Próbao, non perdes nada.

Se che "molesta" que a xente che fale para axudarte, cando estás a traballar nun proxecto que se fai en grupo, non che queda nada meu fillo!

Xa me contarás --. HombreDHojalata.conversa 18:32, 28 de abril de 2010 (UTC)

Cousas que faltan editar

Martiño: interwikis e categoría. E indica no cadro de resumo de onde tiras a información. Por exemplo, este último da Barretina collíchelo do comezo de es.wiki. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:21, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Martiño, eu non teño ningún problema contigo. De feito coido que ninguén dos que che axudamos o ten. Ao contrario, queremos que mellores a túa maneira de editar para poder contar contigo no futuro e que te poñas con empresas de maior calado. Non tomes a mal o que se che di e trata de aprender dos demais. Por exemplo, analiza estes cambios: [1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:36, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Bloqueos editar

Martiño, o tipo de bloqueo depende do que faga o usuario. Pode haber un usuario que sexa bloqueado seguido por períodos de tempo relativamente curtos e tamén haber outro que faga un vandalismo serio e teña que ser bloqueado de maneira indefinida. De calquera maneira, o bloqueo nunca é boa cousa e dende logo ser bloqueado reiteradamente non é un mérito senón un motivo para a reflexión. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19:06, 9 de xuño de 2010 (UTC)

Ola Martiño, que tal estás?.

Poderías axudar solucionando algún dos problemas de It (libro)?

Graciñas.

E recoméndoche este corrector http://sli.uvigo.es/corrector/ Ten en conta que tes máis de vinte faltas de ortografía en cinco liñas, e isto pretende ser una enciclopedia.

Un abrazo--. HombreDHojalata.conversa 09:54, 11 de agosto de 2010 (UTC)

Jesús Caldera editar

Boas, o artigo Jesús Caldera, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 10 de decembro de 2019 ás 21:12 (UTC)Responder