It (novela)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
- Véxase tamén: It.
It (en galego, «Iso») é unha novela de terror publicada en 1986 polo escritor estadounidense Stephen King. Conta a historia dun grupo de rapaces que son atemorizados por un malvado monstro -ao que chaman «Iso»- que é capaz de cambiar de forma, alimentándose do terror que produce nas súas vítimas.
It | |
---|---|
![]() | |
Tipo | obra literaria ![]() |
Forma artística | novela ![]() |
Xénero artístico | ficción de horror ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | Stephen King ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Derry (pt) ![]() ![]() |
Universo ficticio | Multiverse (en) ![]() ![]() |
Personaxes
| |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Editorial | Qanun ![]() |
Cronoloxía | |
Número de | |
Páxinas | 1.504 ![]() |
Premios | |
Nomeamentos
| |
Obra derivada | |
Derivados
| |
Edicións | |
Edicións
| |
Identificadores | |
Goodreads | 150259 ![]() |
Open Library | OL81613W ![]() |
[ Wikidata ] |
Argumento
editarA historia preséntase alternada en dúas épocas: o pasado (1957-58) e o presente (1984-85). Os feitos acontecen na comunidade de Derry, no estado de Maine, Estados Unidos. Baixo a cidade, a un nivel inconsciente para tódolos poboadores, un monstro desapiadado de apetito insaciable atormenta á comunidade dende tempos remotos. Este monstro é un ser doutro mundo, capaz de ler as mentes e provocar os medos, os cales constitúen o seu alimento (preferiblemente os dos nenos, pois os seus medos son moi sinxelos de elaborar). O seu disfrace mais común é o de pallaso, chamado Pennywise, o pallaso bailarín, co que atrae as súas xoves vítimas, ás cales aterrará ata a morte. Unha vez saciado o seu apetito, dorme durante case tres decenios, ata que volve a despertar para alimentarse e fartarse, cumprindo así un ciclo sen fin.
Aínda que permanece oculto a maior parte do tempo, enfrontarase dúas veces cos protagonistas da historia; sete rapaces que fanse chamar «Os perdedores». Os seus nomes son: Bill Denbrough, Ben Hanscom, Beverly Marsh, Richie Tozier, Eddie Kaspbrak, Mike Hanlon e Stan Uris.