Benvido(a) á Galipedia, Luciarodriguez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola Lucía (supoño que así te chamarás). Revertín a túa edición no artigo de Alberto Núñez Feijóo por ir en contra das normas da Galipedia. Non podes destruír un contido que estea perfectamente referenciado (como se trata neste caso), e eliminar selectivamente certos apartados realizados por outros usuarios. No cadro superior tes algunhas ligazóns que te poden axudar se es nova neste mundo, e se tes calquera dúbida contacta comigo ou con calquera dos administradores. Un saúdo. --Beninho 18:57, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola Luciarodriguez. Desfixen a súa edición no artigo Alberto Núñez Feijóo‎ polos seguintes motivos:

  • o cambio de Galicia por Galiza ou Galicia por Galiza é contrario ás regras da Galipedia como xa expliquei no resumo de edición dunha reversión anterior desta mañá. Repito aquí a devandita explicación: "desfago edición segundo as normas sobre o uso de Galicia/Galiza, admítese o uso das dúas e respéctase a escolla do primeiro colaborador sempre que a edición cumpra as directrices do proxecto. No caso de dúbida pódese argumentar na conversa"
  • desfixen o texto engadido por vostede nesta edición por conter valoracións. Como aclaración no caso das biografías de persoas vivas os contidos dos artigos da Wikipedia non teñen por obxecto nin eloxiar nin denigrar. É dicir non é a súa función transmitir unha visión favorable ou a contraria. Como semella vostede coñecer outro aspecto importante son as referencias, cómpre sinalar que as referencias deben cumprir unha serie de requisitos. Por exemplo, non abonda con poñer un enderezo web para que a edición estea ben referenciada e sexa válida. As referencias que vostede achega están baseadas en notas de prensa, que falan do futuro no momento en que se publicaron, non están baseadas en feitos. Unha delas mesmo procede directamente do grupo Popular do Parlamento de Galicia. Polo contido desa nota e polo texto que se quere referenciar entra en contradición cos principios da Wikipedia.

Por último, teña presente Wikipedia:Conflito de intereses por se houbera algunha causa de incompatibilidade. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:02, 1 de marzo de 2012 (UTC)

Nuñez Feijóo e imaxe editar

Ola Lucía, a motivo do borrado da túa edición creo que xa cho explicou Prevert na anterior mensaxe. Se tes dúbidas pregunta sen problemas. Con respecto ás imaxes, este é un tema a priori algo complicado pero intentarei explicarcho. Na wikipedia non pode usarse calquera imaxe que atopemos na internet, deberán ser contido libre, e deberán estás marcadas coa súa correspendente licenza. Deberá levar ademais na súa caixa de información determinados datos para saber a súa orixe ou autoría. Tes nesta ligazón a política correspondente ás imaxes, e se as que tes cumplen os requisitos aquí tes unha axuda para facelo.

E outra cousiña, cada vez que escrivas nunha páxina de conversa tes que asinala para que os demais usuarios saiban que o fixo e podernos comunicar contigo. Podes ver como se fai no apartado "recomendacións" da caixiña de benvida que tes na parte superior desta páxina de conversa. Un saúdo. --Beninho (conversa) 00:47, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Luciarodriguez. Fixen un comentario máis antes da túa última edición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:50, 5 de marzo de 2012 (UTC) Engadido: solicitei tamén a reversión da edición mentres non se aclare se se da algunha das circunstancias que supón ocnflito de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:01, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Prevert, como podes ver, teño especial interese neste tema da wikipedia, e non entendo por qué non se aceptan as miñas modificacións. É máis, a primeira mofificación que tentei facer era unha tradución dunha parte do artigo en castelán (os cargos) ao galego. Supón iso que a edición en castelán non é correcta?

Se non entendo mal, o feito de que se considere o meu artigo conflito de intereses - entendo eu - quere dicir que son "tendenciosa" nas miñas citas. Eu considero que, se as miñas aportacións son tendenciosas, na mesma medida o tratamento en concreto que se fai sobre o tema do galego é tamén arbitrario.

Quen corrixe os artigos? Sodes un pequeno grupo de usuarios con máis privilexios que os que nos acabamos de rexitrar? (esta pregunta vai sen acritude, non coñezo o funcionamento interno)

Coa túa última mensaxe que queres dicir? que se volvo a editar o artigo me poderíades banear? graciñas, --Luciarodriguez (conversa) 13:31, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Nas diferentes mensaxes de aclaración tentei transmitirlle cales eran os problemas. Por desgraza non teño tempo para explicarlle todos os pormenores da Wikipedia en galego e este tipo de mensaxes non pode substituír a lectura dos documentos coas directrices da Galipedia. Para que se faga unha idea, esta mañá dispoñia dunha hora para facer unhas cantas achegas, tratar con este asunto implicou adicarlle máis tempo e deixar as edicións sen facer. Debo dicirlle que todas as edicións que fixo nese artigo tiñan problemas mesmo a que cita como tradución da versión en castelán, quizais vostede non se decátase pero tiña problemas. As reiteradas edicións con problemas, algunhas delas concorrentes con enderezos IP e a reiterada insistencia no mesmo tipo de edición inidcan que o problema vai máis alá dunha edición en concreto. Non podo entrar a debater o contido do artigo porque eu non son o autor nin me corresponde debatilo na páxina de conversa dun usuario. Para min é un artigo máis, coma os 82.885 que hai neste momento no wiki. Para ser preciso é un deses artigos que dá máis traballo porque os seareiros dun ou doutro signo poden facer edicións problemáticas. Nese sentido un conflito de intereses a efectos da Wikipedia non se limita a calificar unha edición como tendenciosa abonda que a faga unha persoa que incorra nalgunha das incompatilidades para editar neses artigos. Por exemplo, militantes do propio partido, simpatizantes que ás veces demostran un interese desmedido e outras situacións semellantes. Vostede declara "teño especial interese neste tema da wikipedia" iso é un indicio que pode axurdalle a ver que quizais estea incorrindo nun conflito de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:37, 5 de marzo de 2012 (UTC)
  • Ola luciarodriguez, que vínculo tes con Alberto Núñez Feijoo ou co Partido Popular? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:51, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Boa tarde, Prevert e Atobar. Non, non teño ningunha vinculación nin con Alberto Núñez Feijóo nin co Partido Popular. De feito, non teño intención ningunha en incorrer nin en xuizos de valor nin en conflito de intereses, pero gustaríame aportar contidos á biografía deste señor. Lamento (e dígoo en serio) ter vulnerado as reglas da wikipedia e pido perdón por se vos "mosqueastes" pola miña actitude. Parécevos ben que colque aquí ou no fío de discusión do artigo de Feijóo os contidos que me gustaría engadir para que os validedes ou me indiquedes onde erro nas miñas aportacións? Un saúdo (aínda que con moito retraso) --Luciarodriguez (conversa) 17:55, 22 de marzo de 2012 (UTC)