Conversa:Alberto Núñez Feijóo

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)

Non é de nome Alberto? Tradúcense os nomes de papas, nobres e reis, pero non de políticos.--Norrin_strange (Talk) 08:47, 5 xullo 2007 (UTC)

Estou de acordo, non se deben traducir os nomes.Acerto 16:26, 5 xullo 2007 (UTC)

Independentemente do que creamos sobre se se deben traducir ou non os nomes e en qué casos si nos gusta e en qué casos non nos gusta, o certo é que titular os artigos da Galipedia polo nome resulta bastante complexo. Hai moita xente que usa o seu nome en galego e que no carné teno en castelán; tamén hai moita xente, principalmente políticos do Partido Popular, pero non só, que uns días son Albertes e outros días Albertos, dependendo de onde e con quen estean falando ou enviando notas de prensa; finalmente, o criterio do carné non é o que se segue na Galipedia: no 99% dos casos non sabemos como se chama a xente no carné, e se o soubésemos, iso non faría as buscas mellores nin máis axeitadas. P.ex., é Luis Tosar ou Luís Tosar? Alguén pode confirmar que Camilo Nogueira non sexa Camilo José Nogueira?

Dito isto, creo que a xente que usa ás veces a forma galega e ás veces a castelá (ou de quen os medios usan ás veces a forma galega e outras a castelá), deberían ter as dúas recollidas na Galipedia. Decidir cal é a primaria e cal a secundaria creo que é un asunto menor, pero se me preguntan a opinión, deberiamos poñer de primaria a galega. --Xabier Cid 17:09, 5 xullo 2007 (UTC)

  • Os nomes de reis e en menor grao, presidentes e líderes de países pódense traducir internacionalmente. Os nomes de políticos e representantes públicos pódense traducir segundo as lingüas do lugar no que habiten e exerzan os seus cargos. Neste caso é lexítimo empregar Alberte para o galego e Alberto para o castelán, e do mismo xeito é correcto empregar Anxo Quintana para o galego e Ángel Quintana para o castelán.
  • Sobre o apelido: é Feijoo ou Feijóo? No feisbuc púxoo con til. Alberte Si, dígame? 15:29, 18 marzo 2009 (UTC)

E tamén na campaña electoral tiña o eslógan ese de Chegou o momento.Feijóo9.--Atobar 15:36, 18 marzo 2009 (UTC)

  • Ao cabo, como quedo o tema, cambiámolo, logo? engadímoslle o til? Toliño, Albert e eu somos partidarios.--Atobar (conversa comigo) 12:51, 31 marzo 2009 (UTC)
  •   Feito! Falta revisar o artigo e poñer as tiles. Tamén habería que mirar de cambiar as ligazóns que apunten á páxina sen til, que quedou coma redirección. --Banjo tell me 13:38, 31 marzo 2009 (UTC)

Alberte/o editar

Coido que non fai falla ser moi aleuto para reparar en que a decisión tomada, eu o primeiro, non se sostén. Evidentemente, o optimismo dun nome restaurado neste caso non vai demasiado acorde coa posición público do persoeiro. Veño de mirar diversas webs oficias, e case todas traen Alberto e non Alberte. Case diría que até non lle debe de agradar moito o de verse reflexado cun E no nome, a non ser que atenda e tire proveito do asunto para cuestións electorais. En definitivo, coido que non foi moi acertado poñerlle Alberte, malia que no seu momento parecía o máis lóxica e probabelmente a opción máis acaída. Por iso, proño mudalo ao nome polo que é coñecido no 99% dos casos: Alberto Núñez Feijóo (co til, como el o pon, facendo gala dunha gramática propia e moi particular). --Atobar (conversa comigo) 19:24, 6 febreiro 2010 (UTC)

Na Wikipedia en español poñen que é o presidente da "Junta" e que naceu en "Orense". Podémoslle chamar Pepito se nos sai daí. 11:20 13 febreiro 2010 (UTC)

O que fagan noutros lares non ten que afectar ó noso traballo. A verdade, sobre o nome, non sei moi ben que dicir. Chamar chámase Alberto, e é o nome que usa para si mesmo, e o usado pola meirande parte dos medios de comunicación. Algún hai que usa Alberte, o que non sei é o que fan na TVG. Se incluso alí usan Alberto igual habería que proceder ó movemento. --Alberte Si, dígame? 15:46, 13 febreiro 2010 (UTC)

o seu partido foi o máis votado editar

Mentira. Corrección proposta: o seu partido gañou o maior número de escanos. 11:20 13 febreiro 2010 (UTC)

Mentira??? PP: 47,1% PSdeG 29,9% BNG 16,6% ...el PP non foi o mas votado???

Duplicación editar

Que sentido ten esta duplicidade de artigos, cada un cun nome distinto? Creo que quedou sen borrar un deles. --Xoacas(Góstache o pemento?) 11:34, 17 febreiro 2010 (UTC)

Cal é o artigo duplicado? Eu non atopo ningún outro artigo de Núñez Feijóo con outro nome, pero igual busquei mal. --Alberte Si, dígame? 18:20, 17 febreiro 2010 (UTC)
Ou, coma Albert, estou enganado, ou Xoacas non terminou de entender o problema. O artigo non está duplicado, o que hai son redireccións; e o dilema está en se deixar Alberto, como eu propoño, ou Alberte, como actualmente está, como nome do artigo. O outro iría como redirección, claro. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:25, 17 febreiro 2010 (UTC)
A iso referíame eu, aínda que non o pareza. Se non interpreto mal a conversa de arriba, había consenso sobre o nome do individuo. Nese caso non ten sentido manter a páxina co nome errado nin a redirección, deixamos Alberto e todos felices. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:28, 17 febreiro 2010 (UTC)

Por qué se desfixo a miña edición? editar

Nos días pasados engadín contidos ao artigo da wikipedia e gustaríame saber por qué foi revertido ese contido. Podo entender que as referenzas ao aforro que están ligadas ao parlamento non son as máis axeitadas, como mo fixo saber un usuario, pero... o resto? Corto e pego a adenda que quixen facer, e espero as vosas respostas. Son nova neste mundiño e non quero facer as cousas mal, pero coido que podo razoar os contidos que quero engadir

Durante o mandato de Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia acometéronse diversas accións como o plan de austeridade a través dunha reconversión do gasto improductivo en inversión útil que chegou aos 144 millóns de euros. Entre as iniciativas que posibilitaron este aforro destacan a redución de consellerías (de 13 a 10), a diminución de altos cargos (ata un 47%) ou o adelgazamento da administración periférica. En materia de sanidade é salientable a reducción das listas de espera a través dun anteproxecto de lei de garantías de prestación sanitaria que garantice a atención médica nun determinado marxe de tempo fixado por lei. Tamén destaca a aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, unha medida polémica polas loitas co goberno central do socialista Zapatero e que provocou un recurso ante o Tribunal constitucional. Dito catálogo foi deseñado para reducir o gasto en farmacia do Sergas sen empeorar a calidade do servizo nin reducir dereitos de usuarios aplicando cando fose posible medicamentos xenéricos; isto é, mesmo principio activo pero sen marca. No que respecta á política de contención de gastos, os datos de febreiro de 2011 sitúan a Galicia como a segunda comunidade con menos déficit en 2011, so por detrás de Madrid [1]

saúdos! --Luciarodriguez (conversa) 08:46, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Luciarodriguez. Na túa páxina de conversa tes a explicación ás reversións anteriores. As edicións na Wikipedia baséanse nunha serie de principios recollidos nos textos das directrices do proxecto. Un deses principios é o punto de vista neutral. No caso das biografías de persoas vivas hai outras regras que teñen que ver coas precaucións no tratamento dese tipo de artigos: hai que ser extremadamente escrupulosos e hai que ter en conta os posibles conflitos de intereses. Expresións habituais na propaganda política que se reproducen na prensa todos os días non son admisibles nunha enciclopedia. Polo tanto, hai que evitar aquilo que é valoración, diferenciar as valoracións dos feitos, e os feitos deben ser refrendados por fontes fiables que realmente permitan verificar a certeza deses datos. A túa edición de hoxe inclúe apreciacións e valoracións que non cumpren as directrices antes citadas:

Tamén destaca a aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, unha medida polémica polas loitas co goberno central do socialista Zapatero e que provocou un recurso ante o Tribunal constitucional. Dito catálogo foi deseñado para reducir o gasto en farmacia do Sergas sen empeorar a calidade do servizo nin reducir dereitos de usuarios aplicando cando fose posible medicamentos xenéricos; isto é, mesmo principio activo pero sen marca. No que respecta á política de contención de gastos, os datos de febreiro de 2011 sitúan a Galicia como a segunda comunidade con menos déficit en 2011, so por detrás de Madrid.

Poño en negra textos que son valoracións e en cursiva algo que non ten moito sentido que estea aquí sen a presenza do texto anterior que non cumpre os requisitos de edición da Wikipedia. Por outra banda, a referencia do texto en cursiva volve ser unha nota de prensa (neste caso do Goberno de España, pero as notas de prensa non son máis que iso. Outros documentos de maior rigor probatorio deben usarse como referencia para eses datos). Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:54, 5 de marzo de 2012 (UTC)

grazas Prevert polas explicacións. Tratarei de enmendar eses erros para a modificación do artigo. Saúdos, --Luciarodriguez (conversa) 12:07, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Un aspecto esencial que non aclarei suficentemente ten que ver co seguinte apartado de conflito de intereses:

"Calquera situación na que haxa unha forte relación pode desencadear unha situación de conflito de intereses, xa sexa persoal, relixioso, político, académico, financeiro ou legal. Isto non está determinado pola área do saber, senón polo desenvolvemento dunha relación que produce un alto nivel de involucración persoal e que non permite desligarse dunha persoa, tema, idea, tradición ou organización".

Na versión en inglés en:Wikipedia:Conflict of interest podes ampliar información sobre o tema. Ten en conta que as túas edicións reiteradas neste artigo poden ser percibidas pola comunidade como edicións interesadas, polo tanto, para previr posibles problemas sería preferible que evitaras insistir nas mudanzas neste artigo en concreto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:39, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Engadir contidos na carreira política, etapa na Xunta de Galicia editar

Boa tarde, gustaríame engadir algúns contidos á carreira política na etapa da Xunta, e para iso abro este fío de discusión, para que me axudedes a correxilos todo o posible e non incorrer nin en conflito de intereses nin en xuízos de valor. Colo o texto a continuación, e espero os vosos comentarios. Graciñas


Durante o mandato de Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia acometéronse diversas accións como o plan de austeridade materializado a través da redución de consellerías (de 13 a 10) ou o adelgazamento da administración periférica.

En canto á política de contención de gastos, os datos ofrecidos polo Ministerio de Hacienda y Administraciones públicas en febreiro de 2012 sitúan a Galicia como a segunda comunidade con menos déficit en 2011, so por detrás da comunidade de Madrid.

En materia sanitaria deseñouse e levouse a cabo a aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, unha medida que confrontou ao executivo central e ao autonómico. A implementación de dito catálogo supón que, cando haxa máis dun medicamento co mesmo principio activo para tratar a enfermidade e con diferente prezo, o sistema sanitario financiaría o máis económico.

Luciarodriguez por favor desista. A súa insistencia dá entender o que aquí chamamos axenda: poñer por diante os intereses propios antes que a mellora do proxecto. Xa non se trata do contido da edición senón que ese xeito de proceder entra en contradición cos principios da Wikipedia. Se quere colaborar coa Galipedia sen que se considere unha axenda propia pode atopar algún tema que domine que non teña nada que ver con este artigo nin os do mesmo tipo. Algo afastado abondo deste tema para que a comunidade chegue a consideralo un traballo útil. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:10, 27 de marzo de 2012 (UTC)
  • Escribir só iso sería escribir ciencia ficción. O plano de austeridade non sei exactamente o que é, en todo caso reducir consellerías non sei ten que ver coa austeridade xa que as funcións das consellerías eliminadas intégranse noutras canda os políticos que cumprían esas funcións. En materia sanitaria coido que o máis coñecido do goberno Feijoo é o bloqueo das tarxetas sanitarias [1] canda a paseniña privatización da sanidade [2][3] [4]. O déficit eu non sei se será baixo, en todo caso é máis sinxelo cando vas acumulando cada vez máis débeda (5ª comunidade con maior débeda) [5]. Sen embargo para falar do goberno Feijoo hai que falar sobre todo das cifras do paro, que desde que goberna aumentou en 80.000 persoas [6] (de 267.000 aprox cando chegou até 348.000 aprox en febreiro 2012). En 2011 o paro subiu en Galicia o dobre que en España (14% contra o 8% en España). Tampouco estaría de máis que aparecera a preocupación que hai pola lingua galega, con manifestacións moi numerosas de rexeitamento a política lingüística (Manifestación polo galego en maio de 2009, [7]). Por non mencionar a póla galega da trama Gürtel. É dicir, que a fantasía que propós sería faltar á realidade e vulneraría o punto de vista neutral. --Alberte Si, dígame? 18:15, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Onde se criou? editar

A pesar de que Os Peares é un lugar recoñecido, deberíase indicar a que municipio corresponde (aínda que sexa comentando a especial situación administrativa dos Peares).—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.54.107.189 (conversacontribucións) 17 de setembro de 2016 ás 19:55‎

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Alberto Núñez Feijóo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 01:56 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Alberto Núñez Feijóo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 01:19 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Alberto Núñez Feijóo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Alberto Núñez Feijóo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de xaneiro de 2020 ás 05:15 (UTC)Responder

Volver á páxina "Alberto Núñez Feijóo".