Illadesaron.abalar
Benvido(a) á Galipedia, Illadesaron.abalar!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 15:25, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
- Nada indica que o logo da biblioteca do IES Illa de Sarón teña relevancia como para ter un artigo propio, nun artigo dese IES si se podería incluír esa información.--Cheluco 17:52, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola! Supoño que sodes alumnado do IES Illa de Sarón de Xove. Estiven facendo uns pequenos arranxos no artigo que fixéchedes sobre o voso instituto. Podedes ver os cambios aquí. Anímovos a continuar editando na galipedia, e se tendes calquera dúbida sobre como facelo, non dubidedes en preguntar.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:27, 21 de febreiro de 2011 (UTC)