IES Illa de Sarón

instituto de educación secundaria en Xove

Coordenadas: 43°41′11″N 7°30′13″O / 43.6863375, -7.5035336

O IES Illa de Sarón é un centro educativo público de educación secundaria do concello de Xove (provincia de Lugo). Nel impártense clases de ESO e un Ciclo Formativo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. O IES Illa de Sarón está situado nunha zona apartada do casco urbano da vila de Xove, na estrada que comunica o centro coa parroquia e a praia de Lago. Nesta mesma zona está situado tamén o CEIP Pedro Caselles Rollán, actualmente único centro escolar de educación primaria do concello. Nos arredores do centro hai tamén dous campos de fútbol, usados en ocasións polo departamento de Educación Física para realizar actividades deportivas.

IES Illa de Sarón
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar