Ola, Dannycas, benvido á Galipedia, para calquera dúbida tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade e podes establecer contacto co resto dos colaboradores nas diferentes seccións da Taberna e nas páxinas de discusión dos usuarios. Retirei a táboa que puxeras en Ribeira, Ribeira por ser de utilización tan só nos concellos, non no resto dos lugares, por moi grandes que sexan. Para calquera dúbida non teñas reparos en preguntar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:47, 22 decembro 2005 (UTC)


Hola amig@

editar

deseo saber sos chico o chica, bueno os lo pregunto por que uno por lo general entra a la wiki y se olvida de conocer a los que trabajan con uno en el mismo sitio, y pues como para estimular el intercambio personal es que os lo pregunto, searia saber ademas en que pais vives.

aca por ejemplo somos 4 varones y una dama, y vivimos en la republica bambuquera de colombia. --[[User:DGDIC|DGDIC<sup>[[User Talk:DGDIC|(Garlourú Etcá)]]]] 11:47, 24 decembro 2005 (UTC)

  • Saudos Dannycas, benvid@ o proxecto; lembroche que perante todo é un proxecto nos que cadanseu traballa cos compañeiros (na medidas das súas posiblidades) codabo con codabo, polo que certo usuario (enriba esposto) non ten dereito a preguntar nada sobre o teu sexo (a non ser que ti o queiras reseñar) pois tivo a lamentabel confusión de creer que iste proxecto´podería tratase dunha páxina de contactos. Un saudo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 03:21, 25 decembro 2005 (UTC)
  • Ola benvido á Galipedia, todos sentimos á mensaxe que che deixou DGDIC, fíxoo en contra das normas de conduta da Wikipedia, agardamos que te sintas a gusto entre nós, para calquera dúbida sabes que podes contar con nós, saúdos.--Rocastelo(fálame aqui) 19:58, 26 decembro 2005 (UTC)
  Non hay problema, xa puxen máis información na paxina principal.
  • Únome ao saúdo de benvida. Apreciamos moito a axuda de novos colaboradores. Por outra parte todos estamos abraiados pola conduta inapropiada de DGDIC. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:31, 26 decembro 2005 (UTC)

Your interwikibot

editar

First, happy new year! I assume you are behind the interwiki changes on the Dutch wikipedia with ip-address 172.174.91.154. Please have a look at it, because it puts the link to the English page at the bottom, whereas we are used to having the links in alphabetical order. Thanks in advance, Errabee 06:09, 1 xaneiro 2006 (UTC)

  • Ola, que tal vai todo, movín a páxina do 11 M a Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid, penso que é máis completa, tamén fixen un primeiro texto que haberá que mellorar moito e engadirlle bastante máis información, procurei ser o máis imparcial posible, pero como indico no texto actualmente, deixando fóra as polémicas partidistas, todo (investigacións policiais e xudiciais en especial) parece semellar que foi al-Qaida ou unha organización terrorista ligada a ela, pero se ves algo que se alonxe do principio de neutralidade dimo e veremos de facelo neutral, saúdos e agardo os teus comentarios.--Rocastelo(fálame aquí) 16:46, 5 marzo 2006 (UTC)
  • Boas, comparto o punto de vista de Rocastelo con relación a información dos atentados do 11 M. A maiores creei o artigo Atentado para axudar a cumplimentar un pouco o traballo que estades a facer. Se ves algo que nonche cadre, podes (coma sempre) correxilo ou indicarme que é o que no concorda.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:50, 5 marzo 2006 (UTC)

Commons

editar
  • Esta mensaxe é para saudarte e para avisarte de que agora hai un administrador galego en commons Lmbuga, por se necesitas nalgunha ocasión da súa axuda. A portada galega de commons está en Portada galega e desde a páxina Galicia e a categoría Galicia podes atopar as imaxes relacionadas cos artigos galegos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:16, 23 abril 2006 (UTC)
  • Aquí estamos para o que necesites, coincidiu que pasei a mirar os cambios recentes e vin a túa petición. Saúdos. --Prevert(talk) 00:52, 13 maio 2006 (UTC)

Cartografia

editar

Oi Dannycas, esqueceste do ponto... --Slademsx 17:13, 28 maio 2006 (UTC)

  • Grazas pola corrección na imaxe da semana. Vese que colocando a imaxe da semana que vén cambiei a da presente, sen querer naturalmente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:12, 29 agosto 2006 (UTC)

lonxitude/largura

editar
  • Ola Dannycas. É só para dicirche que en galego largura é sinónimo de anchura e largo é sinónimo de ancho. Longo, polo tanto é o sentido contrario a largo. Non pasa nada polo cambio que fas, pero pasas traballo e non me parece necesario. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:28, 3 setembro 2006 (UTC)

En resposta ao túa mensaxe na Taberna (novas) creei a páxina meta:Elections for the Board of Trustees of the Wikimedia Foundation, 2006/Gl para comezar a tradución galega das páxinas referidas á elección. A partir de aí podemos ir creando o resto das páxinas que faltan se somos capaces de facer todo o traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:00, 5 setembro 2006 (UTC)

Comprobarei o que se pode facer. --Prevert(talk) 18:58, 5 setembro 2006 (UTC)
A páxina é bastante complicada, está chea de templates pero xa está en marcha en meta:Election candidates 2006/Gl. Cada un dos candidatos introdúcese na páxina creando unha páxina co seu nome , por exemplo meta:Election candidates 2006/ArnoLagrange/Gl (a versión en inglés está en meta:Election candidates 2006/ArnoLagrange/En). Cada unha das presentacións está baseada en meta:Template:Board candidate/gl. O máis sinxelo e coller o que está escrito en meta:Election candidates 2006/ArnoLagrange/Gl e ir cambiando os datos para cada candidato.
Os enderezos en galego do resto dos candidatos é (para a versión en inglés basta con cambiar Gl por En): meta:Election candidates 2006/AaronSw/Gl, meta:Election candidates 2006/Arnomane/Gl, meta:Election candidates 2006/Charles Matthews/Gl, meta:Election candidates 2006/Cimon Avaro/Gl, meta:Election candidates 2006/Eloquence/Gl, meta:Election candidates 2006/Evrik/Gl, meta:Election candidates 2006/Improv/Gl, meta:Election candidates 2006/Kelly Martin/Gl, meta:Election candidates 2006/Kim Bruning/Gl, meta:Election candidates 2006/Linuxbeak/Gl, meta:Election candidates 2006/Mindspillage/Gl, meta:Election candidates 2006/Oscar/Gl, meta:Election candidates 2006/Ross.Hedvicek/Gl, meta:Election candidates 2006/UninvitedCompany/Gl, meta:Election candidates 2006/Zuirdj/Gl, meta:Election candidates 2006/alex756/Gl (aquí vense en azul pero non foron creadas aínda).
Espero que con esa información poidas comezar, eu irei completando algunhas cousas que faltan na páxina. Se tes algunha dúbida dimo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:11, 6 setembro 2006 (UTC)
Xa están todos os templates de todos os candidatos. Se ti te encargas de traducir as presentacións xa me encargo eu do resto dos apartados. Polo de agora levo traducido parte das páxinas nas que están incluídas as candidaturas e parte da páxina de presentación das eleccións. Certamente as tarefas repetitivas resultan un pouco aburridas, o bo do que estamos facendo é que pode servir para outras ocasións nas que haxa eleccións. Parte do traballo pódese aproveitar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:44, 7 setembro 2006 (UTC)

Ola Dannycas!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos

editar

Ola Dannycas. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 6 decembro 2006 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 3 outubro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas"

editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:38, 25 novembro 2007 (UTC)

Aniversario

editar

Ola Dannycas. Hai moito que non falamos, revisando os aniversarios dos colaboradores do wiki vin que o pasado 22 de decembro cumpríronse tres anos desque comezaches a colaborar aquí, xa es un dos máis vellos do lugar :-) Aínda que sexa con mes e medio de retraso quero aproveitar a ocasión para felicitarte e agradecerche as contribucións que tes feito neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:37, 10 febreiro 2008 (UTC)

  • Moitas gracias, nin o sabia eu! --Dannycas 19:52, 18 febreiro 2008 (UTC)

Cuestionario onomástica

editar

Ola, Dannycas! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:31 (UTC)Responder

Activision

editar

Boas Dannycas, o artigo Activision, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 12:48 (UTC)Responder

Indiana

editar

Boas, o artigo Indiana, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 25 de febreiro de 2021 ás 22:15 (UTC)Responder

LucasArts

editar

Boas, o artigo LucasArts, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2022 ás 10:19 (UTC)Responder