Dámosche a benvida á Galipedia, Briǵandeira!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 9 de maio de 2019 ás 10:30 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Briǵandeira. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2019 ás 17:52 (UTC)Responder

Ola de novo, compañeiro/a.
Mira, "acotío" e "decotío" escríbense así, todo xunto [1] [2]
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 14 de outubro de 2019 ás 10:37 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Briǵandeira. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de outubro de 2019 ás 11:14 (UTC)Responder

Ceregumil editar

Boas, desfixen a túa edición en Plantago porque ese termo non está no DRAG, o Estraviz non é válido como referencia para termos comúns en galego xa que os artigos deben usar o galego normativo, segundo se indica no Wikipedia:Libro de estilo. Se precisas axuda con algunha cousa ou tes calquera dúbida podes deixarme aquí abaixo un comentario ou na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 12:52 (UTC)Responder

Barbeito (terra) editar

Boas, desfixen a túa edición en Barbeito porque ese termo non o atopo no DRAG, se tes referencias para el podes engadilo de novo achegando a fonte onde se atopa. Se precisas axuda para engadir referencias podes consultar a páxina Wikipedia:Citar as fontes, se despois de consultala aínda tes problemas, podes comentarmo aquí ou na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2019 ás 11:59 (UTC)Responder

Elisardo, o diccionario Estraviz emprega a ortografía do galego internacional (luso) e tamén o galego normativo, as dúas. O DRAG ten unha carentía adrede para o léxico tradicional galego, e estádeslle a facer un fraco favor ás novas xeracións, á lingua e á nosa cultura non aceptando o Estraviz como fonte. Un saúdo.

--Briǵandeira (conversa) 20 de novembro de 2019 ás 10:43 (UTC)Responder