Plantago
Plantago | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chantaxe lanceolada Plantago lanceolata | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subxéneros | |||||||||||||
Hai 5 subxéneros en Plantago. |
As Plantago, son un xénero de plantas con flores pertencente á familia Plantaginaceae e composto de arredor de 200 especies. A maioría son plantas herbáceas, aínda que hai arbustos que acadan os 60 cm de altura. As follas son sésiles (sentadas), e polo tanto o seu pecíolo é un pseudopecíolo. Teñen 3 ou 5 veas paralelas. As follas son largas ou estreitas, segundo a especie. A inflorescencia son os talos típicos con 5-40 cm de altura, coas flores miudiñas e moi numerosas que son polinizadas polo vento.
Etimoloxía editar
O nome xenérico Plantago vén do latín plantāgo, -ĭnis, que evolucionou ao galego en chantaxe. Existen as seguintes variantes dialectais: chanta, chantasia, chantán, chante, chantaxa.[1] As diferentes especies reciben ademais numerosos nomes vulgares. Outros nomes comúns son: tentén, lantaxe.[2]
Especies editar
Comúns en Galiza editar
- Chantaxe maior, a herba Plantago major, correola, lingua de vaca.[3][4]
- Chantaxe lanceolada, a herba Plantago lanceolata, lingua de ovella; correola.[5] Outros nomes comúns: herba leiteira, cinco en vea, sete costas e porroá.[2]
- Chantaxe de mar, a herba Plantago maritima.[2]
- Herba estrela, a herba Plantago coronopus, herba estrela, herba estrelada , estrelamar.[6], acianos[7] Outros nomes son: diabella, herba vella, nigavella,; negavella, lingua de ovella.[8]
- Lingua de cordeiro, a herba Plantago media.
- Zaragatona, as herbas:
- Plantago psyllium, zaragatoa.[9]
- Plantago afra L.,
- Plantago arenaria Waldst. et Kit.[2]
A planta chamada chantaxe de auga, non pertence a este xénero, senón que o seu nome científico é: Alisma plantago-aquatica, alisma, chantaxe acuática.[7]
Listaxe xeral editar
Hai arredor de 200 especies de Plantago, incluídas:
Notas editar
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para correola.
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estrelamar.
- ↑ 7,0 7,1 Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Aníbal Otero Álvarez (1961): Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés, CEG IL, pp. 160-175
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
Véxase tamén editar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Plantago |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plantago |
Bibliografía editar
- Albach, D. C., Meudt, H. M. & Oxelman, B. 2005. Piecing together the "new" Plantaginaceae. American Journal of Botany 92: 297-315 Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
- Olmstead, R. G., dePamphilis, C. W., Wolfe, A. D., Young, N. D., Elisons, W. J. & Reeves P. A. 2001. Disintegration of the Scrophulariaceae. American Journal of Botany 88: 348-361 - on line here Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
- Olmstead, R. G. 2003. Whatever happened to the Scrophulariaceae? Fremontia 30: 13-22 (available online here Arquivado 22 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.).
- Oxelman, B.; Kornhall, P.; Olmstead, R.G.; Bremer, B. 2005. Further disintegration of the Scrophulariaceae. Taxon 54(2): 411-425.
- Rahmanzadeh, R., K. Müller, E. Fischer, D. Bartels & T. Borsch. 2005. The Linderniaceae and Gratiolaceae are further lineages distinct from the Scrophulariaceae (Lamiales). Pl. Biol. ( Stuttgart) 7: 67-78.