Conversa usuario:Banjo/Arquivo 1
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Arquivo 1: Do 25/11/2006 ao 23/09/2007
Índice
- 1 Mensaxes benvida
- 2 20.000 artigos
- 3 Benvida
- 4 Auga destilada
- 5 Sinatura
- 6 Gracias
- 7 Re: Templates de arte
- 8 Hamlet
- 9 IES Pazo da Mercé
- 10 Moitas grazas
- 11 Banjo, ti te-lo teo
- 12 Teo (enfermidade)
- 13 Isaac Díaz Pardo
- 14 Alumnos do IES Pazo da Mercé
- 15 Re: categorías de efemérides
- 16 Guezos, a wikificación e os ligazóns internos
- 17 Re: User:Banjo/Template:Sen Imaxe
- 18 Escudo
- 19 dos e d'Os
- 20 Category:Caixas de lugares das Pontes de García Rodríguez
- 21 Caixas de lugares
- 22 Outra vez User:Banjo/Template:Sen Imaxe
- 23 Portais
- 24 O template dos minerais
- 25 Elecións
- 26 Końskowola - Poland
- 27 Bot
- 28 Galicia/Galiza
- 29 Taboa especies ameazadas
- 30 Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez
- 31 Deportivo da Coruña
- 32 Que ben!
- 33 Sobre a entrada OpenBravo
- 34 Táboa en Ovo (alimento)
- 35 Burócratas
- 36 Bots
- 37 Fusión de historiais
- 38 sub-paxina con propostas
- 39 Commons
- 40 Bots
- 41 BanjoBot
- 42 Imaxes de Taragoña
- 43 User:BanjoBot
- 44 Votacións
- 45 Caixas de navegación
- 46 explicar os motivos non está de máis
- 47 Orléans
- 48 Erros
- 49 Expresións regulares
- 50 RE:Categorías e bots.
- 51 problemas informáticos vs vandalismos
- 52 Pequeno problema na páxina cnidaria
- 53 O dos pilotos de F1
- 54 título = nome científico
- 55 Sinatura dos usuarios
- 56 User page in wrong namespace
- 57 Banjobot
- 58 IRC
- 59 Grazas
- 60 Grazas
- 61 Grazas
- 62 Template coor
- 63 Votacións
- 64 Páxina de usuario
- 65 Artigo Cocaína
- 66 template fútbol
- 67 Wikipedia talk --> Conversa Wikipedia
- 68 Portais
- 69 lúas e satélites
- 70 pontes
- 71 wikt
- 72 Aniversario
- 73 Grazas polo traballo
- 74 boteando
- 75 parabéns
- 76 Novo administrador
Benvido á Galipedia Banjo/Arquivo 1: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:28, 27 novembro 2006 (UTC)
- Ola de novo. Non te preocupes polos erros, ninguén naceu aprendido. Ó inicio, cando hai un usuario novo, tendemos a revisar as súas contribucións, ata que xa está suficientemente experimentado. Non entendas o que che poidamos dicir como críticas: ningún de nós naceu aprendido. Os erros que poidas cometer son solucionables, en cambio, probablemente, como pasa con case todos nós, as túas contribucións son insubstituíbles.
- Fun corrixindo algúns erros de lingua dos artigos que creaches ou nos cales colaboraches. Se desexas ver as túas contribucións, telas aquí. Accedendo a elas e premendo na pestana "historial" podes comparar as diferentes versións do arquivo e ver os cambios que eu realicei.
- Así e todo, non entendas as miñas palabras como censura, todo o que fagas será benvido. Calquera dúbida, ou o que sexa, xa sabes... estou por aquí a diario. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:27, 28 novembro 2006 (UTC)
- Por certo, se accedes á mellorbase de datos de vocabulario galego (http://www.realacademiagalega.org/volga/) verás que se recomeda o uso de "dedicar" no canto de "adicar" --Lmbuga Commons - Galipedia 00:40, 28 novembro 2006 (UTC)
Ola Banjo. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)
Xa pasaron algúns días desde que te incorporaches á Galipedia e tiña pendente darche a benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:23, 18 decembro 2006 (UTC)
Ola Banjo. Estou traducindo o texto da imaxe do artigo da auga destilada co Photoshop. Se te parece ben subo a imaxe co texto traducido. Un saúdo. --Beninho 19:06, 31 xaneiro 2007 (UTC)
- Adiantáchete jeje. Estaba a colocar a imaxe cando ti o fixeche. Pois iso, xa non fai falla que te diga que xa estaba. E gazas polo teu ofrecemento, pero creo que agora mesmo non preciso moita axuda, pero talvez para a semana si, xa te avisarei. --Beninho 19:21, 31 xaneiro 2007 (UTC)
Grazas a ti pola contribución que estás facendo á Galipedia. Podes facer a sinatura engadindo información á casiña O seu alcume nas preferencias do seguinte xeito: [[User:Banjo|]] [[User talk:Banjo|(falar)]] (tes que marcar a opción Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature)). Outra posibilidade é crear unha subpáxina dentro do teu espazo de usuario e chamala desde o campo o seu alcume: User:Banjo/sinatura e poñer na subpáxina o código (tes un exemplo na sinatura de Slade User:Slade/Sinatura) . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 15 febreiro 2007 (UTC)
Gracias polo recibimento xD --Jarlaxle 19:27, 28 febreiro 2007 (UTC)
- Boas! Permitinme facer un cambio na template de software operativo que fixeches. Troquei desenrolador por desenvolvedor, xa que só se desenrola o que se enrola. Por certo, parabéns polo gran traballo que estás a facer. Saúdos.--AlberteSi, digame? 17:28, 3 marzo 2007 (UTC)
- Graciñas por poñerte co da clasificación de niveis e lingua da Wikipedia:Babel, facíalle falta unha revisión!! (E así en baixiño por se me escoita alguén que me poida tirar das orellas: se inda por riba de ter unha mellor clasificación de niveis, os cadriños apareceran en coriñas seghundo o nivel, como no inglés, por exemplo, xa sería... PFFFUÁA!!! O remate dos tomates, hehehe... XDD) Un saúdo. Skulda 5 de marzo 2007
Está ben categorizado en rock. Deberíamos facer máis categorías de xéneros, pero o problema é que hoxe en día hai centos deles e sería un pouco caótico. De todas formas a ver se lle boto un ollo ás bandas e fago algunha categoría máis. Un saúdo. --Beninho 12:42, 7 marzo 2007 (UTC)
Ola, os alumnos do noso centro están a traballar nos diferentes tipos de drogas. É a primeira vez que empregan a Galipedia como redactores e polo tanto é normal que cometan moitos erros, espero que nos disculpedes´. Todos os estes artigos están relacionados cos distintos tipos de drogas e van ir mellorando o longo das dúas semanas seguintes, pero de momento so son esbozos faltos de moito melloreo. Graciñas por categoriazar "droga", e por corrixir os erros que atopes nos nosos artigos.--IES Pazo da Mercé 13:18, 7 marzo 2007 (UTC)
Veño seguindo o teu traballo de mantemento e é abraiante. Moitas grazas polas tuas contribucións. Alédome de que esteas connosco e de que teñas axudado tanto a que este proxecto saia adiante, unha colaboración especialmente importante cando algúns de nós andamos por aquí un pouco menos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:05, 7 marzo 2007 (UTC)
- Queremos unirnos a esta felicitación, e darte mil grazas por ternos creado o artigo de desambiguación sobre Prodemar (o nome desa páxina, soplóunolo a profe), e meterémonos co artigo sobre a piscifactoría en breve. Saúdos. Os don sam cañóns, 8 marzo 2007
Grazas, Banjo, pola corrección e disculpa o traballo que che poidamos dar os novatos atrevidos que andamos por aquí. Tomo nota do que dis para próximas contribucións. Pedro --Lameiro 15:14, 18 marzo 2007 (UTC)
Ben. Xa está feito o artigo do teo como enfermidade das ovellas, pero necesito que me botes outra man porque a clasificación taxonómica da tenia non sae. Copiei o "taxobox" de tenia na wikipedia, pero non se ve e non vexo o posible erro. A ver se ti o consegues facer bo. Saúdos. Pedro --Lameiro 23:49, 18 marzo 2007 (UTC)
As túas mensaxes son sempre benvidas, gústame moito o traballo que estás facendo. Con respecto á pregunta dicir que o criterio que seguimos é que se un usuario anónimo (tamén rexistrado) só inclúe ligazóns nos artigos, por regra xeral, sempre que o detectamos desfacemos a edición. Neses casos interpretamos que a edición non se fai para mellorar o wiki senón para promocionar lugares, persoas, ideas, etc... Neste caso particular as ligazóns semellan explicar a situación actual de Isaac Díaz Pardo e son admisibles as dúas posibilidades: quitalas ou deixalas. Pero a cuestión principal é se debemos por ou non un enderezo de correo, nas caixas de información dos concellos poñemos enderezos de correo electrónico pero o caso é diferente, non se refiren a persoas en particular. Por cuestións de intimidade non debemos publicar enderezos de correo personais, aínda que neste caso parece que ese correo é o da campaña de apoio e non o correo personal. De todos os xeitos é preferible retiralo xa que aí entra o tema do punto de vista neutral. Cambiando de tema, un apunte referido ás categorías (Películas por país e Películas de Estados Unidos), cando unha rama está en debate a creación das categorías depende da esquema proposto na páxina de debate para conseguir unidade. Por certo, parabéns polo gran coñecemento que acadaches da Galipedia nun tempo relativamente curto. Xa sabes sempre que queiras deixame unha mensaxe e en canto poida responderei. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:57, 20 marzo 2007 (UTC)
- Sobre as categorías non fixeches mal, é sinxelo de solucionar (se hai que mudalo). O importante é que o wiki vaia mellorando, non que as cousas sexan tan estrictas que non deixen marxe para continuar avanzando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 20 marzo 2007 (UTC)
Olá Banjo, grazas polas túas aportacións ás páxinas que estamos a facer. Agora temos un grupo de alumnas e alumnos que traballan en cuestións medioambientais. Eles constrúen as páxinas e logo os profes as revisamos. A meirande parte deles empezaron hoxe por primeira vez na Galipedia, así que seguro que terán erros Están traballando con artigos como "tornado", "gota fría", "sucesión ecolóxica", "coadas de barro", etc. Sempre temos algúns problemas ou dúbidas con respecto a categorización dos artigos, se podes botalle unha ollada, e agradeceremoscho infindo. Un saúdo.--IES Pazo da Mercé Aquí estamos 16:05, 27 marzo 2007 (UTC)
Non é ningunha amoladela. O formato que se decidiu para os anos é co signo -, iso implica que as categorías tamén deben ir co signo - aínda que non se apareza explicitamente en ningún debate. Polo tanto os artigos clasificados como adC deben moverse a século -, seguindo o mesmo criterio que usou Xosé cos séculos -I e -II. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:03, 28 marzo 2007 (UTC)
Moitas gracias por me advertir, e dime se xa chegan os ligazóns, e cales serían, ao teu xuizo, as próximos pasos a dar.
Se queres, accede directamente dende aquí á páxina: Guezos
Unha aperta.
--Forza4 01:41, 29 marzo 2007 (UTC)
Semella boa idea como un modelo temporal (que este como máximo 15 días na páxina) que non interfira co artigo. Quizais haxa que facer categorías ao estilo deste modelo Commons:Template:No_source_since/en que clasifica por data o momento no que se puxo o modelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:13, 1 abril 2007 (UTC)
Ola compañeiro, tomeime a licenza da cambiarche o escudo de As Pontes de García Rodríguez, xa que o anterior estaba bastante machacado. Bótalle unha ollada e dime que che parece, de paso, vexo que algúnha foto dos lugar está un pouco escura, se ves que tal podo clarexa-las un pouco. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:34, 9 abril 2007 (UTC)
- Xa lle fixen unha corrección de color a unha delas e amplieina un pouco de tamaño, tran presto poida voulle dando cepillo a algunha máis. Ahh, por certo, coido que a bandeira tamén xa está arranxada. Un saúdo e dalle caña!!!!! --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:19, 10 abril 2007 (UTC)
Ola Banjo. A min non me gusta o apóstrofo, pero parece que é o máis correcto para empregar neste caso... Corrixino, porque non sei como se pode reverter unha edición. Unha aperta. --Xabier Cid 15:36, 23 abril 2007 (UTC)
Ola, parabéns polo teu traballo, só decriche questou desexando que chegues ás do Concello de Cenlle. jeje. Un cordial saúdo.Lansbricae (Ti dirás) 14:28, 24 abril 2007 (UTC)
Creo que unha solución máis sinxela pode ser ocultar o template co código css unha vez que pase certo tempo, por exemplo <div style="display:none;">{{User:Banjo/Template:Sen Imaxe}}</div>. O que aínda non teño claro é se interesa poñer a categoría no propio modelo como facemos nos outros de mantemento ou poñela á parte, quizais o mellor sexa poñela como un parámetro. Se o facemos como parámetro podemos ocultala cando queiramos e acceder os artigos sen imaxes mediante a ligazón "Páxinas que ligan con esta". Por certo estupendo traballo o que estás facendo cos modelos, a clasificación e o resto das tarefas de mantemento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:32, 3 maio 2007 (UTC)
- Ningún problema polo da introdución para iso está, vexo que melloraches o deseño cunha imaxe quizais cha "roube" :-) Con respecto ao modelo se me permites editar na túa subpáxina farei unhas probas antes de movelo ao espazo de nomes template. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:10, 6 maio 2007 (UTC)
- Pois si, habia tempo que tiña ganas de ter portais. Parecen-me super-útiles porque se ve moi claramente o que falta e axudan a centrar esforzos nun tema. Moitas veces escribimos de todo un pouco en vez de aportar no que máis sabemos. Por suposto que non me importa que me copiases!!! O meu código é inventado pero está baseado no que fun vendo noutros wikis. A nível técnico (informático) no noso wiki non estamos moi adiantados. A ver se ti axudas a subir o nível. Un saúdo. --Xosé (✉) 19:35, 19 maio 2007 (UTC)
Grazas por crear ese novo template. Utilizareino a partir de agora para as novas entradas que vaia creando. Graciñas de novo. Saúdos! ----Shinichi(talk) 15:28, 20 maio 2007 (UTC)
Vin a túa mensaxe na páxina de prevert, eu estiven mirando e aqui vai unha paxina. [1], saúdos e espero que se sirva.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:39, 27 maio 2007 (UTC)
- Certo é esa páxina, escolles provincias na zona superior e logo no lateral esquerdo a provincia. Cando seleccionas a provincia aparece un enlace que pon Municipios de...da provincia escollida. Moitas grazas pola axuda, eu farei as sete cidades e despois creo que vou marchar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:43, 27 maio 2007 (UTC)
Could you please write a stub http://gl.wikipedia.org/wiki/Ko%C5%84skowola - just a few sentences based on http://en.wikipedia.org/wiki/Ko%C5%84skowola ? Only 3-5 sentences enough. Please. 123owca321 19:39, 30 maio 2007 (UTC)
Saúdos dende a wikipedia en galego. ¿Importaríache facer a petición para que se aprobe o teu bot aquí? Tamén sería perfecto que creases unha nova conta para o teu bot có nome BenoniBot para diferencialo da conta de usuario. Moitas grazas. --Banjo 6 Mez 2007 da 11:25 (UTC)
- Vale, feito.BenoniBot 11:44, 6 xuño 2007 (UTC)
Segunda a política e normas aprobadas acórdouse que deben existir dous artigos co mesmo contido chamados Galicia e Galiza nos que no corpo do artigo se use o termo correspondente. Co paso do tempo ambolos dous artigos deixaron de ser iguais, entre outras cousas porque por unha especie de acordo tácito moitos de nós non editamos ou deixamos de editar neses artigos excepto para corrixir vandalismos e outras edicións de pouca importancia. Posiblemente por ese motivo os artigos poden —e deben— mellorarse considerablemente. Varios usuarios teñen comentado da confusión que supón dispor de dous artigos co mesmo contido, e noutros wikis teño visto que tamén se preguntaban sobre ese particular. Redirixir un a outro require unha votación porque é unha modificación das políticas (personalmente sempre me mostrei reticente porque o acordo semella ter funcionado ben pero recoñezo ese factor de confusión) , o que si podemos facer mentres tanto é incluír algún tipo de aviso na parte superior falando desa circunstancia para aclarar aos lectores que se trata do mesmo artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:56, 11 xuño 2007 (UTC)
Ola Banjo, teño intento resolver un problema pero o mellor non son quen de facelo. Fixen a partir dunha páxina orixinal dun australiano logo traducida ao portugués unha adaptación para a nosa wikipedia dun template sobre categorías de especies ameazadas Template:Pengo IUCN/gl (ver en commons). Agora quero facer outra template para engadilo a unha caixa taxonómica tal e como aparece noutras wikipedias (Exemplo: http://en.wikipedia.org/wiki/Gallinago_gallinago) pero resulta que as caixas taxonómicas nosas (ver Wikipedia:Modelo de Taxonomía) están construidas de xeito diferente a dos outros paises co cal no atopo a maneira de poñelo dentro da caixa e alí poder escoller entre as diferentes categorías no estado de protección dunha especie (que podes atopar en Estado de conservación). Ben, despois deste rollo, e se tes tempo, quizais poideras argallar unha maneira de facelo, e eu quedaria eternamente "ajradesido".
Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 17:31, 14 xuño 2007 (UTC)
- Moitas grazas pola axuda, creo que xa sei como facelo eu so. Tratarei de facer algo agora pero eu tamén ando liado esta fin de semana, asi que comenzarei en serio o luns. Se teño algún atranco te darei un toque. Grazas de novo.
Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 14:08, 15 xuño 2007 (UTC)
- Bo traballo co dos gráficos das especies ameazadas, eu tamén me decatei do problema das caixas que non se refiren a especies concretas (as das categorías taxonómicas superiores) e que non precisan do cadro de especies ameazadas. Creo que o problema esta na construción das nosas caixas que non permiten moito xogo, cousa que non acontece na doutros sitios xa que están feitas con outra linguaxe de programación (neowiki?) que as fai máis sinxelas de manexar. Ante esta situación penso que só temos dúas posibilidades ou se cambian todas as caixas ao novo linguaxe o cal e un traballo grande pero aínda posible ou se fan unhas caixas distintas para as categorias superiores. Neste sentido botalle unha ollada a páxina dunha categoria superior da nosa wikipedia, a páxina é bufo. Esto suporía dous tipos de caixas distintas o cal non sei si vai ser moi operativo. A caixa de bufo está feita coa linguaxe da que antes falei e resulta máis doado facer os cambios e adaptación que no futuro se precisen. Por outra banda o mellor e posible facer unha transición dun liguaxe a outro sen que se perda a información, e entón non sería tanto chollo. Entre outros cambios eu tiña previsto, un deles era ver a posiblidade de engadirlle os mapas de distribución des especies como figuran en algunhas (aínda poucas) wikis, pero que sen dúbida seran máis no futuro (exemplo: http://fr.wikipedia.org/wiki/Aigle_imp%C3%A9rial). Como cousas concretas que me vou atopando, hai un problema cos animaís domésticos que quizais non precisarían destas caixas (Exemplo: Galiña) e so dunha única mensaxe que poña domesticado.
Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 08:28, 16 xuño 2007 (UTC)
Podes revisar os datos das Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez para 1987? O número de concelleiros dá 16 e deberia ser 17. Estou a crear a gráfica de barras a partir dos teus datos. Cando o corrixas, fai-no tamén na gráfica, por favor. --Xosé (✉) 14:06, 17 xuño 2007 (UTC)
Ola Banjo. Grazas polo aviso, movína novamente a Deportivo de La Coruña. A regra xeral é respectar os nomes que as entidades deportivas de dan a si mesmas. Mágoa que neste caso prefiran chamarse Deportivo de La Coruña e non Deportivo da Coruña. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:29, 23 xuño 2007 (UTC)
Que ben que viñeches! Botabámoste de menos por aquí :). Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:04, 3 setembro 2007 (UTC)
Estiven editando a entrada sobre OpenBravo e non vexo cal é o problema polo que lle puxeches os avisos. Coido que a entrada está ben, é breve pero explica máis ou menos o que é o OpenBravo segundo aparece na súa páxina. Non se poderían eliminar eses avisos? Un saúdo --Marisma 07:07, 10 setembro 2007 (UTC)
Grazas, ché. Quedou perfecta. Logo completareina eu con máis nutrintes que non viñan no texto (e espero non estragar nada). Deberías crear unha páxina en Axuda explicando polo miúdo como se fan. Pedro --Lameiro 18:39, 10 setembro 2007 (UTC)
- Grazas, Banjo. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 19:15, 15 setembro 2007 (UTC)
Revisei o texto en Wikipedia:Burócratas. Pero quizais habería que comparar con outras wikipedias, por exemplo no que indicabas ti do ámbito do consenso. --Xabier Cid 19:22, 15 setembro 2007 (UTC)
- Ola Banjo! Veo co do bot vai en serio. Douche dúas ligazóns que te servirán de algo (ésta e ésta), pero aviso, eu intenteino e non fun capaz ;). Un saúdo e a seguir así. AlberteSi, digame? 19:41, 15 setembro 2007 (UTC)
Ola, vin que pediches unha fusión de historiais a través do taboleiro dos administradores. Xosé estivo a traballar nun template específico para marcar ese tipo de avisos con Template:FusiónHistoriais e fixo unha páxina Help:Fusionar páxinas onde explica o procedemento a seguir. Estaría ben probar o sistema para comprobar a súa utilidade. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 16:34, 16 setembro 2007 (UTC)
Ola, a verdade é que non sei que me queres dicir, ¿cal é o problema? Se hai algunha norma que estea incumplindo, no problem, dime onde o poño, e cambioo sin problemas.grazas polo aviso.--Maañón 16:46, 16 setembro 2007 (UTC) corrixido, vexo que estás en forma, grazas--Maañón 16:54, 16 setembro 2007 (UTC)
Grazas.O ideal sería que non tivese que recorrer a ti. O problema é que aínda recorrendo non imos poder ser efectivos nunha discusión, como moito daría participado un par de veces por día. Sería preciso (o ideal) crear unha comunidade forte en Commons, que houbese varias voces. Claro que comprendo que neste momento é prioritario o traballo na Galipedia. Mentres teremos que ir apagando lumes cando sexa preciso e esperar mellores tempos. Poñereime en contacto contigo cando mevexa superado coa lingua. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 23:56, 17 setembro 2007 (UTC)
Hai explicacións sobre como preparar bots na páxina de axuda usar bots. Se algo non está claro avísame. --Xosé (✉) 15:03, 18 setembro 2007 (UTC)
- Feito: tabla -> táboa. Ademais, substituin o marcador {{tablabonita}} por {{Táboabonita}}. De verdade, se queres aprender a usar bots non é nada difícil e podo-che guiar. Neste momento o meu é o único galego activo. --Xosé (✉) 09:53, 22 setembro 2007 (UTC)
- Existe un marcador para os usuarios bot que talvez queiras usar na páxina de usuario do bot: {{bot|gl|BanjoBot}}. Parece-me que estás a facer as probas co teu nome de usuario; en user-config.py tes que pór BanjoBot, non o teu nome de usuario, senón o do bot. As mensaxes de resumo que deixan están normalmente en inglés. Se editas o ficheiro do programa que usas, verás arriba de todo un texto en varias linguas; podes engadir unha liña con galego (gl) e será ese o resumo que apareza --Xosé (✉) 14:23, 22 setembro 2007 (UTC)
- Non sei o do IP. Igual é posíbel utilizalo sen se rexistrar? Non o creo. De todas as maneiras, o meu user-config.py é asi, por se vale de algo:
family = 'wikipedia' usernames['wikipedia']['gl'] = 'XoseBot' mylang = 'gl'
--Xosé (✉) 14:51, 22 setembro 2007 (UTC)
- Vaia, eu non din atopado nada e non o vin explicado por nengures. Ademais, como uso Linux non tiven ocasión de enfrontar-me a esa situación. Incluirei a explicación na guía. --Xosé (✉) 15:34, 22 setembro 2007 (UTC)
- Hai que revisar as conversións das táboas de HTML a formato wiki porque quedan algunhas etiquetas (, por exemplo) e algúns datos desprazaron-se de sitio. --Xosé (✉) 18:58, 22 setembro 2007 (UTC)
Nestes últimos minutos estás a cambiar reemplazar por reemprazar, a forma correcta, pero no resumo da edición contradiste poñendo: Robot: Reemplazo automático de texto (-reemplazar +reemprazar)), tes que corrixir iso. UN SAÚDO. --Toliño (Fala aquí comigo) 15:59, 23 setembro 2007 (UTC)
Taragoña é unha parroquia de Rianxo. Non deberían ser Imaxes de rianxo como o resto das dos concellos galegos? Lansbricae (Ti dirás) 21:20, 23 setembro 2007 (UTC)
Eu tamén vin que metera o zoco ao subir as imaxes de montederramo, porque lles puxen category montederramo no canto de Imaxes de montederramo. Mañá cambiareinas :) Grazas polas modificación a ti senón non o vería. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 21:27, 23 setembro 2007 (UTC)
Xa ten User:BanjoBot o estatus de bot. Creo que agora o fixen ben. User:AlleborgoBot foi o primeiro usuario ó que lle quixen dar o status de bot e -creo- cometín un erro, verei de rectificalo. Noraboa. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:13, 25 setembro 2007 (UTC)
Ola Banjo, vin que te desanimaches. Penso que perderíamos algo moi importante na Galipedia se non contamos coas túas opinións ou coas túas bromas. O ambiente na Galipedia faise máis relaxado, amable e agradable. Sei que a veces estas cousas desaniman a un. Eu persoalmente tentei que o principio de desánimo se trocara en ganas de seguir traballando para que exista o ambiente que cito máis arriba, e que ti colaboras a fomentar. Agardo que cambies a opinión. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:03, 3 outubro 2007 (UTC)
- Ufff, alíviame bastante a túa resposta. O video do Youtube non existe, precisamente era o que pedía, que alguén o suba (aínda non me vin e teño ganas, ademais fora en directo e todo, e ó final cantábamos unha canción con Teresa Rabal, e con Tacho González que nese momento me tapaba enteiro xa que estaba xusto diante e eu era, e son, delgado e Tacho non moito, da que aínda recordo a letra: Amor y paz, amor y paz, un niño está llorando 10 lágrimas de sal, acércame una rosa, y vamos a cantaaaaar...). Joeer, que recordos, sniff. AlberteSi, digame? 20:19, 3 outubro 2007 (UTC)
Estoulles poñendo categorias a todos os templates porque, comentouse hai un tempo, ás veces é difícil atopalos, sabemos que existen pero non como atopalos. Neste caso tiven dúbidas (máis que nada, de que categaria colgar, a final van arriba de todo). No dos séculos, penso que é mellor o de séculos porque iso é o que mostran, pero poderia ser como ti dis. --Xosé (✉) 22:05, 3 outubro 2007 (UTC)
Vale, pero o lóxico sería que me dixeras o porque. Porque cando era a túa opinión non o moviches, e cando respondo eu e cando o moves, vou presupoñer boa fe e entender que é porque hai demasiado texto pero houbera sido máis educado que me dixeras no meu talk o motivo. Un saúdo. Alma 19:05, 4 outubro 2007 (UTC)
- Agradézoche a explicación aínda que a resposta á que fas alusión foi posterior ao movemento, pero supoño que con vistas ao mesmo. Grazas pola mesma. Alma 19:15, 4 outubro 2007 (UTC)
Ola Banjo ! o que me dis do artigo Orléans, esta mui ben ! Moitas gracias Elvire 20:24, 4 outubro 2007 (UTC)
Si, os acentos gráficos nas palabras terminadas en -mente son moi frecuentes. Habería que engadilos, pero son moitos, a ver se angado algún erro común máis. AlberteSi, digame? 21:32, 5 outubro 2007 (UTC)
Quería compartir isto contigo. Non sei se estás familiarizado coas expresións regulares. Levo unhas semanas utilizando-as con replace.py e a verdade é que lle dan un poder enorme. Por exemplo, a corrección dos advérbios en -mente. Seria un traballo enorme listar todas as posibilidades (ademais, atopei que habia moitos acentuados estrañamente, como príncipalmente ou apróximadamente), polo que deseñei unha expresión regular que buscase as palabras rematadas en -mente e, se tiñan acento, as reescribise sen el. É a seguinte:
"([a-zA-Z]*)á([a-zA-Z]*)mente" "\1a\2mente"
- O que fai é buscar un texto que:
- Teña calquer letra, maiúscula ou minúscula: [a-zA-Z], nengunha ou varias veces: [a-zA-Z]*
- seguida de á
- seguida de calquer letra, maiúscula ou minúscula, nengunha ou varias veces.
- seguida de mente.
- Crea dúas variábeis (os parénteses): 1: texto antes de á; 2: texto depois de á.
- Substitue por:
- O texto antes de á (\1)
- a
- o texto depois de á (\2)
- mente.
Hai que repetir a expresión regular para é, í, ó e ú, pero como todo vai na mesma liña, simplemente se copia e se modifica. Espero que che dea ideas. Un saúdo. --Xosé (✉) 12:10, 6 outubro 2007 (UTC)
Outro exemplo, de hai uns dias, comando completo:
python replace.py -regex -start:"Espírito Santo" "\bunhos\b" "uns" "\balgunhos\b" "algúns" "\belo\b" "iso" "\béste" "este" "\bésta" "esta" "\éstes" "estes" "\éses" "eses" "\baquél" "aquel" -summary:"Pronomes e determinantes"
--Xosé (✉) 12:27, 6 outubro 2007 (UTC)
Moitas grazas pola axuda, xusto o acababa de atopar nas instrucións de uso do bot. Pero aínda así, agradécese. Xa che preguntarei as dúbidas que teña, que deseguro virán. Un saúdo.Fryant 14:04, 6 outubro 2007 (UTC)
- Iso xa semella bastante difícil, tendo en conta que non fai daínda dous días que teño o bot. En canto sepa controlalo perfectamente metereime a analizalo. Graciñas.Fryant 14:13, 6 outubro 2007 (UTC)
Non te contestara no debate que tiñamos aberto porque estaba a agardar que se o vías cun exemplo práctico entenderías do que eu te falaba, se comprobas o historial do artigo A ventá indiscreta, verás o que lle pasou a Alberte, de quen non dubido que borrou todo o artigo por un problema informático, a iso me refería cando te dicía que por iso non se pode xulgar tan a lixeira un borrado como un vandalismo, distinto é cando se sustitúe o contido por insultos ou palabras malsoantes..., pero o que lle pasou a Alberte, e o outro día a aquela Ip, pódelle pasar a calquera. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 22:36, 11 outubro 2007 (UTC)
- Só dicir que o meu problema debeuse a que estaba a usar un novo navegador que me baixei (o safari para windows), e parece ser que ó chegar ó primeiro acento gráfico decidiu non gravar o resto da páxina. Outra cousa ben distinta foi o vandalismo do outro día, que consistía basicamente en teclear sen sentido no teclado durante un tempo. Evidentemente por moi mal que vaia o navegador non creo que te abra unha páxina, te escriba "hksebgfvgiv linvgej" (deixei ceibe as mans) e logo garde. Creo que é indiscutible que era vandalismo. AlberteSi, digame? 23:01, 11 outubro 2007 (UTC)
Ola Banjo, a ver se podes arranxarme un problemiña na páxina Cnidaria que eu non son quen de resolver. Onde pon “Outras linguas” (a esquerda da páxina) aparece dúas veces Español (un delas de primeira) eu non o dou borrado. O contido da páxina está traducido do castelán e tamén saquei dela o Template:Filos do reino animal aínda que esto último foi hai algúns días. No proceso debín facer algo mal xa que agora é como si no primeiro sitio onde pon español interpreta que é o template:filos que o de castelán e esto xera un certo mal funcionamento da páxina. Eu repasei a páxina e non vexo nada raro, por iso preciso un esperto coma ti. Agradecementos por adiantado. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 19:43, 14 outubro 2007 (UTC)
- Grazas polo arranxo, sa vai estupendamente. Un saúdo --Calrosfking (FÁLAME) 18:32, 15 outubro 2007 (UTC)
Xa, tes razón, despois ao ir á categoría de pilotos de fórmula 1 xa o vin, pero quitabao porque , ao meu ver, pareceme unha tontería ter unha categoría pa un artigo só...Meu_rei
Sinto moito disentir sobre o teu voto do uso do nome científico para os títulos. Igual che interesan os meus argumentos: ó mellor coincides con algún. -- Sobreira (parlez) 18:46, 21 outubro 2007 (UTC)
Ola banjo. A túa proposta sobre a sinatura dos usuarios foi aprobada. Pechei a votación, incluín o resultado e engadino a Novas da comunidade (versión en probas). Déixote a ti que engadas o texto aprobado no lugar onde corresponde. Un saúdo, agardo que se mellore a túa computadora. AlberteSi, digame? 15:24, 23 outubro 2007 (UTC)
Hi Banjo, thank you for your message on Meta. Sorry about the userpage in the wrong namespace, I was creating a user page on the Catalan Wikipedia too and the URLs got mixed up :( I've moved my user page to User:, and put a speedy-delete tag on the Usuari: page. My apologies, and thanks for pointing that out. Cheers, Tangotango 18:42, 24 outubro 2007 (UTC)
Temos un problema no Galizionario: Category:toponimia, Category:xentilicio, Category:botánica e Category:anatomía deberían estar con maiúscula. Son as máis avultadas (http://gl.wiktionary.org/wiki/Special:Mostlinkedcategories: de 479 e 272 ata 68 e 54 artigos) e a ver se podes cambialas alí. O resto xa se farán. Grazas e dálle or-frenadol (espirifén informático) ó teu PC para que se poña bo. Saúdos. -- Sobreira (parlez) 18:34, 27 outubro 2007 (UTC)
- No problem. Sen présas, non vaias perder o traballo por iso. -- Sobreira (parlez) 23:04, 28 outubro 2007 (UTC)
Resolto o do título "Portada" na ídem, aínda que non se votou ;( -- Sobreira (parlez) 23:31, 28 outubro 2007 (UTC)
Boas Banjo! Vaites, non sabía que existía tal do Irc. Surxíronme unhas dúbidas ó respecto. O marabilloso cliente Kopete está dispoñible para Windows? A verdade que no meu fulgurante paso por Linux foi o que usei, xa que me gustaba máis có Gaim. veña, un saúdo, e que se recupere a túa computadora. AlberteSi, digame? 19:19, 30 outubro 2007 (UTC)
Grazas por darlle os avisos aos administradores. o que non sei é o do tema do correo se debe ser electrónico, porque como lle comentei a Xosé, se mando un correo seguramente oeliminarían como spam ao non me coñecer digo eu non sei. Lansbricae (Ti dirás) 20:37, 6 novembro 2007 (UTC)
Ola Banjo. Tiña pendente responder a mensaxe que me deixaches hai unhas semanas. Recibir mensaxes como a túa de persoas ás que só coñece por colaborar nun proxecto como este resulta moi alentador. Moitas grazas pola túa confianza e polos teus ánimos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:16, 12 novembro 2007 (UTC)
Ola. Grazas por el mensaxe --Youssefsan 04:19, 14 novembro 2007 (UTC)
Ola Banjo! Agradezoche moito que fixeras os cambios co teu bot. De verdade, valoroo moito. Un saúdo. --Caronium 17:00, 15 novembro 2007 (UTC)
Ola. Disculpade por terme equivocado de lugar ó votar a Banjo. Así tiven que pasar pola páxina de votacións antes do que tiña previsto (dinme un tempo para reflexionar sobre os outros apartados, tempo que aínda non pasou) e decateime dalgunha cousa que me parece curiosa. Por exemplo, Banjo está proposto como administrador, e está votando ó tempo para que Xabier Cid sexa administrador. E viceversa. Non sei se hai algo que se me escapa, en principio, votei en ambos de xeito positivo, pero coido que as cousas hai que facelas ben. Por outra banda, coido que os votos non están sendo moi razoados (póñome de exemplo) e sería bó que si o estiveran, aínda cunha certa unanimidade. En canto ós propostos para revogar, Semion Lugovic é galego, non extranxeiro, e non ten previsto colaborar co proxecto en abondo tempo. Youssefsan e Andre Engels, polo que sei, si son extranxeiros. Os comentarios sobre Andre Engels xa na páxina de votación son a considerar. En canto ós outros, polo momento só direi que IaRRoVaWo votouse a si mesmo para deixar a administración. -- Ía deixar estes comentarios en Wikipedia talk:Votacións á administración, pero decidín deixalos en conxunto na páxina de cada un dos citados que interviran na votación. Saúdos a todos.--Agremon(contacto) 21:00, 15 novembro 2007 (UTC) Saúdos, Banjo.--Agremon(contacto) 08:52, 17 novembro 2007 (UTC)
Mensaxe recibido, estou rematando cun artigo e logo xa fago os cambios. Grazas e un saudo--Calrosfking (FÁLAME) 14:14, 16 novembro 2007 (UTC)
- Banjo, poderías borrar a páxina User talk:Calrosfking_Vellas1 xa que o ser ao poñer a mensaxe lixo non podo facelo eu segundo as normas?. Vou a comer Grazas de novo --Calrosfking (FÁLAME) 14:29, 16 novembro 2007 (UTC)
Vexo que andas editando o artigo cocaína. Penso que sería bo poñer a parte negativa dos efectos porque nese apartado só aparecen efectos positivos, podería servir o último parágrafo do apartado consumo. Saúdos.--Jonathan Chapela 12:54, 17 novembro 2007 (UTC)
Jiuston, teño un pequeno problema co template. Hai tres campos que non me aparecen cando edito: Asociación (que non aparece no template), record de partidos e máximo goleador.--Jonathan Chapela 18:37, 18 novembro 2007 (UTC)
Ola Banjo, poderías darlle a caña ó teu bot co tema de Wikipedia talk --> Conversa Wikipedia? Hai que mudar os links que apunten cara Wikipedia talk polo de Conversa Wikipedia, para que non quede en vermello. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:38, 19 novembro 2007 (UTC)
- Penso que acabei cos cambios nos espazos de nomes, pero é posíbel que se me escapese algun - date ti conta?. Nas modificacións que fixen non toquei as páxinas persoais nen as discusións. --Xosé (✉) 13:56, 25 novembro 2007 (UTC)
Escríboche por teres creado un prototipo de portal (Usuario:Banjo/Portal:Informática). Xa está creado o espazo de nomes Portal e hai unha discusión acerca dos portais na que posibelmente queiras opinar. Un saúdo. --Xosé (✉) 20:37, 19 novembro 2007 (UTC)
Vexo que non víche-lo comentario que lle fixen á IP ¿autora? dos artigos "xxx (lua)" e que estás transformando en "xxx (lúa)". Todos eses artigos xa estaban creados, co nome de "xxx (satélite)" hai uns días. Agora témolos por dupricado, polo que propoño borra-lo contido de tódalas "lúas" e redireccionalas a "satélites". Ou ben borralas directamente, non sei. Pedro --Lameiro (conversa) 18:54, 25 novembro 2007 (UTC)
- Ata onde eu son capaz de distinguir son exactamente iguais.
- Rea (lúa) / Rea (satélite)
- Titán (lúa) / Titán (satélite)
- Tritón (lúa) / Tritón (satélite)
- Encélado (lúa) / Encélado (satélite)
- Febe (lúa) / Febe (satélite)
- E supoño que haberá máis, claro. Pedro --Lameiro (conversa) 19:01, 25 novembro 2007 (UTC)
- Un acordante coa particularidade de que agora temos "Tritón" por triplicado: "Tritón (lúa)", "Tritón (satélite)", que xa estaban, e "Tritón(satélite)" [sen espazo], que crearon esta tarde. Os trs exactamente iguais. Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 28 novembro 2007 (UTC)
bo día!!
¿Podes botarlle un ollo a Pontes do río Lérez? Creei o recadro a partir do de Castros de Galicia, porque aínda está quentiño-do-forno en Cambios Recentes. Pero creo que o mellor para esta clase de artigos sería poder ordear as pontes ben en orde ascendente ou descendente seguindo o curso do río. ¿Sería posible? ¿E despois, ó ir engadindo pontes, como se faría para meter unha nova entre dúas que xa están?
Un millón en calquera caso.
Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 07:42, 26 novembro 2007 (UTC)
OK, zanx. Estiven uns días desaparecido, pero xa estou de volta, more or less (máis less ca more). Xa vou agora a tachalo da lista das cousas para facer. -- Sobreira (parlez) 18:26, 26 novembro 2007 (UTC)
Parabéns Banjo, hai un par de días cumpriuse o teu primeiro aniño na Galipedia. Agardo que os vindeiros sexan tan bos coma este. As miñas beizóns, un saúdo. AlberteSi, digame? 14:01, 27 novembro 2007 (UTC)
Ola Banjo. Pola mensaxe de Albert galiza acabo de ver que xa levas un ano, únome aos seus parabéns. Espero que teñas ilusión que para seguir acumulando moitos máis. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:38, 27 novembro 2007 (UTC)
Moitas grazas por acelerar o das categorías. Só de pensar o que me levaría facelo a man... Uf! E por certo, parabéns polo "cumpreanos". Deica, GallaecioE logo? 20:54, 27 novembro 2007 (UTC)
moi bo traballo. Era un tema pendente longamente. Pronto haberá algún encargo máis se se tercia.
Zanx a lot. -- Sobreira (parlez) 21:34, 27 novembro 2007 (UTC)
parabéns polo jaque mate que supuxo a votación. Bo traballo como administrador!!! --Estevoaeipa o que queiras... 00:32, 28 novembro 2007 (UTC)
Ola, Banjo. Unha volta finalizada a votación, xa és Administrador. Noraboa!--Agremon(contacto) 14:16, 28 novembro 2007 (UTC)
- Únome aos parabéns e deséxote que teñas un bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 18:34, 28 novembro 2007 (UTC)
- O voso nomeamento como Administradores suporá un salto cualitativo que nos enriquece a todos. Hai motivos para celebralo ben e agora mesmo vou abrir unha botella de bo albariño que vai caer á vosa saúde. Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 28 novembro 2007 (UTC)
- Noraboa. Parabéns polo grande apoio que tiveches. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:11, 28 novembro 2007 (UTC)
- O mesmo que os meus compañeiros, saudarte como novo administrador. Espero que o teu novo traballo na Galipedia sexa máis fonte de pracer que de sufrimento (non debe ser un choio doado). Un saúdo e aquí estou para o que queiras. --Servando2 (Dime) 00:19, 29 novembro 2007 (UTC)