IES PAZO DA MERCE editar

Ola a todas e todos:

Nos somos un conxunto de profesoras e profesores e de alumnas e alumnos do IES Pazo da Mercé en As Neves (Pontevedra) que estamos interesados en colaborarar na "nosa" Galipedia e noutras wikipedias Aínda estamos na fase de orginzar a nosa participación, pero dende aquí vai o nosa ledicia por participar nun proxecto tan fantástico como este. Agora estamos cambiando a nosa páxina Web. O novo enderezo da páxina (que está en construción) é:

A nosa antiga páxina que aínda mantemos é a seguinte:

Unha aperta.


Saúdo de Benvida editar

Benvidos a todos: profesores, profesoras, alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé. Para nós é un motivo de ledicia ver como se van unindo novos colaboradores a este proxecto, entre os que comezan a ser máis abundantes os procedentes dos institutos de Galicia. Tamén nos comprace que sintades este proxecto como voso e que a vosa contribución axude a que este wiki sexa un referencia para os galegofalantes. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:32, 1 marzo 2007 (UTC)

Boas. De nada polo da categoría. Non vos preocupedes polos posíbles erros que teñan os vosos alumnos, eu mesmo non levo moito tempo editando artigo e aínda cometo moitos erros, sobre todo ortográficos e teñen que correxirme moitas veces outros usuarios con máis antiguedade. Céntrome máis en correxir erros de formato, como cabeceiras de seccións, ligazóns, categorías, etc. Para calquer dúbida neste tema ou en calquer outro podedes contactar conmigo na miña páxina de discusión, aínda que sempre é millor preguntar a algún dos administradores que son os que máis saben disto. Un saúdo. --BaNjO talk 14:28, 7 marzo 2007 (UTC)

Outra Benvida editar

Ola profesores e profesoras do IES Pazo da Mercé! Sexan para vos as miñas felicitacións polos novos artigos que estades creando e polas melloras noutros. É moi necesaria a xente coma vos, que fai que a Galipedia medre e mellore. Sen máis outra vez os meus parabéns e a miña benvida. Resorte Algo que obxectar?

Mozón editar

Non foi nada, pra iso estamos aqui. E felicitarvos polo bo traballo que estades a facer. Saúdos--One2 19:09, 29 marzo 2007 (UTC)

IP 85.91.80.129 editar

A hora que aparece no rexistro de edicións é a hora UTC e a nosa é a UTC+2 (no horario de verán), se non se muda nas preferencias de usuario vedes dúas horas menos. A continuación poño o rexistro de horas e días nas que se produciron as edicións vandálicas:

  • 10:17, 24 maio 2007 (hist) (dif) Comarca de Allariz - Maceda (→A realidade da comarca)
  • 10:14, 24 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas (→Parroquias)
  • 10:42, 22 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas (→Monumentos)
  • 11:30, 15 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas
  • 11:25, 15 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas (→Parroquias)
  • 11:09, 15 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas (→Monumentos)
  • 11:05, 15 maio 2007 (hist) (dif) María Mariño (→Ligazóns externas)
  • 11:03, 15 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas (→Lugares de Baños de Molgas)

Por outra banda marquei o IP 85.91.80.129 como pertencente a unha institución educativa para que todos os compañeiros estean advertidos dese feito, así poden ter en conta que nun IP que usan múltiples usuarios pode agocharse algún que faga edicións vandálicas. Polos datos que teño este IP é compartido por varios institutos, por iso a edición de Baños de Molgas non ten porque proceder do voso. O que soe ocorrir con este tipo de IP é que pertencen a unha rede interna que cando sae fóra utiliza o mesmo identificador. Desde aí tamén se editou na Wikipedia en castelán onde foi bloqueado e en portugués. Mesmo hai unha contribución desta mesma tarde nun foro sobre Touro identificada cos seguintes datos: 24/05/2007 17:13 Host: 85.91.80.129.

Estades facendo un gran traballo e semella que esas edicións vandálicas non proceden da vosa colaboración. Personalmente quero agradecervos o seguemento que facedes das contribucións dos vosos alumnos, tanto dos contidos como das accións que realizan. E quero agradecerlles a eles que estean tan implicados na edicións neste wiki. Non vos preocupedes, de ningún xeito isto pode mudar a boa valoración que facemos da vosa colaboración. Non sodes responsables do que poden facer outros desde o mesmo IP, por desgraza nalgún caso puntual as accións doutros poden afectarvos. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:23, 24 maio 2007 (UTC) Engadido: houbo outra edición esta tarde 18:28, 24 maio 2007 (hist) (dif) Baños de Molgas (→Lugares de Baños de Molgas) se cadra iso pode servir para descartar definitivamente que proceda do voso instituto. --Prevert(talk) 16:49, 24 maio 2007 (UTC)

Cafeína editar

Amigos do IES Pazo da Mercé: creo que teriades que botarlle un vistazo ó primeiro parágrafo da sección "Efectos" do artigo cafeína porque queda confuso. Eu fixen al´gunha corrección pero hai cousas que descoñezo e non me atrevo a meter man. Igualmente, sería bo que se explicase qué é iso do "AMPc". En calquera caso, noraboa pola magnífica serie que estades desenvolvendo. Pedro. --Lameiro 21:09, 14 xuño 2007 (UTC)