Para outros usos deste termo, vexa o artigo: Prodemar (homónimos)

A escola de fútbol Prodemar é unha escola deportiva de fútbol base subvencionada pola piscifactoría Stolt Sea Farm S.A.. Foi fundada no ano 2005 no concello de Carnota. A presentación oficial tivo lugar en abril de 2007.

Directiva

editar

O seu presidente é Argimiro Castiñeira.

Equipos

editar

Na tempada 2007-2008 a E.F.B. Prodemar ten catro equipos federados: alevíns, infantís, cadetes e xuvenís, todos eles na modalidade de fútbol 11. A medio prazo, ten previsto ampliar os seus equipos a fútbol 7, nas categorías de alevíns de primeiro ano, benxamíns e pre-benxamíns e acabar co equipo de xuvenís.

Campo de fútbol

editar
 
Campo de Lombáns.

As instalacións deportivas oficiais da E.F.B. Prodemar son as municipais de Lombáns. Este campo de fútbol foi creado no 1969, e reformado no 1997. En breve,[cando?] o seu céspede pasará a ser de herba artificial. Nel tamén xogan o U.D. Carnota e O Pindo C.F.

Na tempada 2007/2008, mentres o campo de Lombáns está en obras, a E.F.B. Prodemar xoga de forma provisional nas instalacións deportivas de Portocubelo (Lira). Nelas, e grazas á colaboración da directiva do Lira CF, adestran e xogan os partidos os equipos, infantil, cadete e xuvenil.