Dámosche a benvida á Galipedia, AnxoLB!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 30 de novembro de 2019 ás 11:08 (UTC)Responder

Nomenclátor e formato editar

Ola, AnxoLB. Desfixen as túas edicións en Cando de Abaixo[1]. Ten en conta que non podes retirar preexistente cando é correcto e que debes cinguirte ao formato común a todos os artigos de lugares de Galicia (a referencia é o Nomenclator, por certo). Se tes calquera dúbida ou precisas axuda, pregunta. Un saúdo cordial e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 30 de novembro de 2019 ás 11:55 (UTC)Responder

Cando editar

Ola, Anxo. A información sobre cada aldea xa vai indicada en cadanseu artigo, non fai falta duplicar información no artigo sobre a parroquia, do mesmo modo que no artigo sobre o concello de Outes non se pon información sobre cada parroquia. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 30 de novembro de 2019 ás 13:45 (UTC)Responder

Ola, Anxo; se unha aldea non ten aínda artigo, o que podes facer é crealo. Na Galipedia séguese o Nomenclátor de Galicia; isto é: indícanse os lugares e parroquias alí indicadas, se ben hai excepcións nos casos en que hai bibliografía e fontes sobre aldeas que non aparecen no Nomenclátor. Para poñer os enlaces ao artigo de cada lugar desde o artigo da parroquia está o modelo, neste caso {{Lp Cando}} (o de abaixo). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de decembro de 2019 ás 11:53 (UTC)Responder
Lugares da parroquia de Cando no concello de Outes (A Coruña)

Cando de Abaixo | Cando de Arriba | Carballido | A Corga | Cuns | Filgueiro | O Gallardo | Insua | Loureiro | A Ponte Nafonso | O Pumar | San Tirso | A Toxeira | O Vilar | Vilardigo