Constancia

(Redirección desde «Constanta»)

Constancia[1] (en romanés: Constanța, pronunciado /konˈstan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do condado homónimo e a capital do distrito homónimo. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro.

Modelo:Xeografía políticaConstancia
Constanța (ro) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoFlávia Júlia Constância (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°10′24″N 28°38′18″L / 44.1733, 28.6383
EstadoRomanía
CondadoCondado de Constanța Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalConstanța (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Constanța (en) Traducir
Mamaia (en) Traducir
Palazu Mare (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación263.707 (2021) Editar o valor en Wikidata (2.111,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie124,89 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude25 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Tomis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataVergil Chițac (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal900003–900746 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico241 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webprimaria-constanta.ro Editar o valor en Wikidata
BNE: XX462371

Xeografía

editar

Nas inmediacións hai mananciais minerais. O mar atrae a moitos visitantes no verán. Mamaia é unha praia pechada inmediatamente polo norte.

Historia

editar

As numerosas inscripciones atopadas na cidade e a súa veciñanza mostran que Constancia atópase onde estaba situada a cidade de Tomis.

Tomis (tamén chamada Tomi) foi unha colonia grega na provincia de Escitia a beiras do mar Negro, fundada ao redor do 500 a. C. polos intercambios comerciais coas poboacións de dacios e xétas locais. Probablemente o nome deriva do grego antigo Τόμη que significa corte, sección. Segundo a Biblioteca mitolóxica de Apolodoro foi fundada por Eetes:

Ante a audacia de Medea intentou alcanzar a nave (o Argos). Medea ao velo preto asasinou ao seu irmán e despedazado arroxouno ao mar. Eetes atrasouse na persecución por recoller os pedazos do neno. Entón emprendeu o regreso e enterrou os membros rescatados nun lugar ao que chamou Tomis.
Biblioteca mitolóxica I, ix, 24

Segundo Jordanes (e despois Casiodoro), a fundadora da cidade foi unha raíña masaxeta:[2]

Trala súa vitoria contra Ciro o Grande e habendo gañado moitos botíns aos seus inimigos, a raíña Tomiris cruzou a Moesia a cal é chamada actualmente Escitia Menor -nome prestado da Gran Escitia-, e construíu na beira moésea do mar Negro a cidade de Tomi, chamada así por ela mesma.

No 29 a.C. os romanos se anexionaron a zona desde a rexión dos odrisios ata máis aló do Danubio, baixo o nome de Limes Scythicus. No ano 8, o poeta romano Ovidio (43 a.C.-17) foi desterrado aquí por Augusto, morreu aquí oito anos máis tarde, e encomiou a cidade de Tomis nos seus poemas. Hai unha estatua de Ovidio na praza de Ovidio (Piața Ovidiu) de Constancia, en fronte do Museo de Historia (o antigo concello). A cidade foi despois incluída na provincia de Moesia e, desde a época de Diocleciano, en Escitia Menor, da cal foi a metrópole. Trala división do Imperio romano, Tomis caeu baixo o domino do Imperio bizantino.

Tomis foi posteriormente renomeada como Constantiana en honor de Constantia, a medio irmá de Constantino o Grande (274-337). A primeira vez que se usou o nome de Κωνστάντια («Constantia») foi en 950. A cidade estendíase cara ao mar ata a muralla de Traxano, e foi circunvalada con fortificacións. Sucesivamente formou parte do Imperio búlgaro, o principado independente de Dobrotitsa (Dobrotici) e de Valaquia baixo Mircea o Vello; Constancia caeu baixo o dominio dos otománs sobre 1419.

Unha vía férrea de Constancia a Cernavodă foi aberta en 1860. Un impresionante edificio público (orixinariamente foi un edificio portuario), foi escavado, e contén substanciais restos dun dos máis longos pavimentos de mosaico do mundo. En 1878, trala guerra de Independencia romanesa, Constancia e o resto de Dobruja Setentrional foi cedida polo Imperio Otomán á Romanía. A cidade converteuse no principal porto marítimo do novo país e punto de tránsito para moitas das exportacións romanesas. En outubro de 1916, durante a primeira guerra mundial Constancia foi ocupada polas Potencias Centrais (tropas alemás, turcas e búlgaras). Segundo o tratado de Bucarest de maio de 1918, artigo 10.b (tratado que nunca foi ratificado pola Romanía), Constancia quedaba baixo o control das Potencias Centrais. A cidade foi liberada polas tropas aliadas en 1918 logo dunha triunfal ofensiva na fronte de Tesalónica que deixou a Bulgaria fóra da guerra.

Poboación

editar
 
Unha moza ataviada coas vestimentas tradicionais.

Aínda que a poboación de Constancia estea constituída principalmente por romaneses, existe unha importante diversidade étnica e tamén existen grupos minoritarios como os turcos, tártaros, gregos, armenios, alemáns, arumanos.

Segundo o censo de 2002, a poboación da Cidade de Constancia (o municipio) era de 310.471. A área urbana en torno a Constancia, porén, inclúe Năvodari (cunha poboación de 32.400), Ovidiu (cunhna poboación de 13.134) e Basarabi (cunha poboación de 10.857) e os municipios de Cumpăna (cunha poboación de 12.532), Lumina (cunha poboación de 7.858 en 2004), Valu lui Traian (cunha poboación de 8.824) e Agigea (cunha poboación de 5.482), incrementándose o total da poboación da súa área urbana a 401.613.

Etnicidade 1853[3] 2002[4] 2011 [5]
Total 5.204 310.471 254,693
Romaneses 279 (5.4%) 286.332 (92.2%) 230,969 (90.68%)
Tártaros 1,853 (35.6%) 8.724 (2.8%) 7,379 (2.9%)
Gregos 1.542 (29.6%) 546 (0.17%) N/A
Turcos 104 (2.0%) 9.018 (2.9%) 6,693 (2.6%)
Búlgaros 342 (6.5%) 48 (0.01%) N/A
Xudeus 344 (6.6%) 44 (0.01%) N/A
Xitanos 127 (2.4%) 2.962 (0.95%) 2,108 (0.83%)

Transporte

editar
 
Autovía A2 cara Constancia.
Aeroporto Código IATA Código OACI
  Aeroporto Internacional Mihail Kogălniceanu CND LRCK

A inauguración, en 1895, do ferrocarril a Bucarest, o cal cruza o Danubio por unha ponte en Cernavodă, conduciu a Constancia a un considerable tránsito comercial de gran e petróleo, en gran parte exportados; carbón e coque encabezan a lista das importacións, seguidas de maquinaria, ferro, e tecidos de algodón e la.

A autovía A2, que une Constancia con Bucarest está case completada, actualmente, vai desde Bucarest ata Fetești e está planeado inaugurar o tramo ata Constancia proximamente.

O porto da cidade, cun faro na entrada, está ben protexido fronte aos ventos do norte, pero algúns desde o sur, sueste e suroeste provocan ás veces serios perigos. A escuadra da frota romanesa do mar Negro está estacionada aquí. Unha longa canle conecta o mar Negro, en Constancia co Danubio.

O sistema de transporte público de Constancia lévao Regia Autonomă de Transport în Común Constanța (RATC), e consta de 17 liñas de autobús, 2 liñas de tranvía e 2 liñas de trolebús. Nos anos 2000, a cidade trouxo 130 novos autobuses MAZ, para volver a empregar os envellecidos autobuses DAC. O 90% dos autobuses da frota son actualmente novos, e polo xeral están pintados en cores brillantes, como rosa, amarelo e verde.

Deportes

editar
Equipo Deporte Competición Estadio Creación
FC Viitorul Constanța   Fútbol Liga I Stadionul Farul 2009
FC Farul Constanța   Fútbol Liga II Stadionul Farul 1920

Educación

editar

Cidades irmandadas

editar
 
Vista da zona turística en 1988.
 
Vista de Constancia na actualidade, co porto ao fondo.

Constancia está irmandada coas seguintes cidades:[6]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. "The origin and deeds of the Goths". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2006. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  3. Robert Stănciugel and Liliana Monica Bălașa, Dobrogea în Secolele VII-XIX. Evoluție istorică, Bucharest, 2005; pg. 202
  4. 2002 census results
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 03 de outubro de 2014.