Conradino

(Redirección desde «Conradino de Hohenstaufen»)

Conradino de Hohenstaufen, duque de Suabia (Conrado IV de Suabia), coñecido como Conradino, nado en Wolfstein, preto de Landshut, Baviera o 25 de marzo de 1252 e finado en Nápoles, Reino de Sicilia, o 29 de outubro de 1268), foi rei de Sicilia, como Conrado II, desde 1254 a 1268, e rei nominal de Xerusalén, como Conrado III.

Modelo:BiografíaConradino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1252 Editar o valor en Wikidata
Burgruine Wolfstein, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1268 Editar o valor en Wikidata (16 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Maria del Carmine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Duque de Suabia
21 de maio de 1254 – 29 de outubro de 1268
Rei de Xerusalén
21 de maio de 1254 – 29 de outubro de 1268
← Conrado IV da Germânia (pt) TraducirHugo III do Chipre (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónminnesänger (mul) Traducir, compositor, escritor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Hohenstaufen Editar o valor en Wikidata
PaisConrado IV da Germânia Editar o valor en Wikidata  e Isabel da Baviera, Rainha da Alemanha Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique I da Boêmia
Otto III.
Inês de Görz e Tirol
Isabel de Gorizia-Tirol
Luís de Gorízia-Tirol
Alberto II de Gorízia-Tirol Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1617379 WikiTree: Staufer-66

Nalgunhas ocasións menciónase como Conrado V, aínda que nunca sucedeu como Rei de romanos ao seu pai Conrado IV.

Loitou para recuperar o control da súa familia sobre o Reino de Sicilia, pero foi derrotado en 1268 na Batalla de Tagliacozzo por Carlos de Anjou, que ordenou a súa decapitación.

Traxectoria

editar

Fillo do rei Conrado IV de Alemaña e da princesa Isabel de Baviera, foi o derradeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen. Á morte de seu pai Conrado IV en 1254, seu herdeiro, Conradino, de só dous anos de idade, permaneceu en Alemaña baixo a tutela do duque Lois II de Baviera,[1] mentres os seus reinos de Xerusalén e Sicilia eran gobernados a través de rexentes.

Aínda que seu pai confiárao á custodia da igrexa, o papa Alexandre IV prohibiu a elección de Conradino como rei de romanos, e ofreceulle as terras dos Hohenstaufen en Alemaña ao rei Afonso X de Castela.[1][2][3]

Asumindo o título de rei de Xerusalén e de Sicilia, Conradino tomou posesión do ducado de Suabia en 1262 e permaneceu durante algún tempo no seu ducado.[1]

En 1258, o seu tío Manfredo de Sicilia, fillo ilexítimo do emperador do Sacro Imperio Frederico II Hohenstaufen, e Bianca Lancia,[4] que casou co emperador só un pouco antes da súa morte e, por tanto, plenamente lexitimado, a pesar de que a Curia romana descoñecese ese vínculo matrimonial, movida polo seu profundo odio cara á casa de Hohenstaufen) que era orexente do seu sobriño Conradino en Sicilia, usurpoulle o trono e foi coroado como rei de Sicilia.

 
A tumba de Conrado II en Nápoles.

A primeira invitación a Conradino que viaxara a Italia foi dos güelfos de Florencia, que lle pediron que tomara as armas contra Manfredo, que fora coroado rei de Sicilia en 1258 por un falso rumor da morte de Conradino. Lois rexeitou este convite en nome de seu sobriño. En 1266 o conde Carlos I de Anjou, chamado polo novo papa Clemente IV, que era o candidato do papado para ser o rei de Sicilia, derrotou e matou a Manfredo na batalla de Benevento, tomando posesión do sur de Italia. Os enviados das cidades xibelinas foron entón a Baviera e instaron a Conradino a ir e liberar Italia. O conde Guido de Montefeltro, en representación de Henrique de Castela, senador en Roma, ofreceulle o apoio da cidade eterna. Abandonando as súas terras en Alemaña, Conradino cruzou os Alpes e emitiu un manifesto en Verona expoñendo a súa reclamación sobre Sicilia.[1]

Tras a morte do seu tío Manfredo, abatido na batalla de Benevento o 26 de febreiro de 1266, os xibelinos de italianos pedíronlle de novo a Conradino que se tasladara á península, a onde chegou en setembro de 1267 para tratar de reconquistar o seu Reino, que quedara baixo a coroa de Carlos I de Anjou, tras a súa vitoria en Benevento.

En cambio, os dignatarios alemáns limitáronse a observar o desenvolvemento dos acontecementos. Unha vez máis, incluso no seu epílogo, a historia dos Hohenstaufen foi esencialmente un feito italiano.

Pero Carlous de Anjou derrotou a Conradino, e capturouno, na batalla de Tagliacozzo, sendo pouco despois decapitado na Praza do Mercado en Nápoles, cando só tiña 16 anos de idade.

 
Tarí de Conrado II
Predecesor:
Conrado III
 
Duque de Suabia

1254 - 1268
Sucesor:
División en condados
Predecesor:
Conrado II
 
Rei de Xerusalén

1254 - 1268
Sucesor:
Hugo I
Predecesor:
Conrado I
 
Rei de Sicilia

1254 - 1258
Sucesor:
Manfredo
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Conradin. Na Enciclopedia Británica, volume 6, páxinas 968–969.
  2. Sandra Benjamin (20 April 2010). Sicily: Three Thousand Years of Human History - 7 - Hohenstaufens. Steerforth Press. pp. 292–. ISBN 978-1-58642-181-6. 
  3. Christopher Kleinhenz (2 August 2004). Medieval Italy: An Encyclopedia. Routledge. p. 247. ISBN 978-1-135-94880-1. 
  4. A maternidade de Bianca non está unanimemente aceptada; Frederico podería ter concibido a Manfredo con outra muller, e despois lexitimado ao seu herdeiro casando con Bianca, probabelmente en 1248, in articulo mortis, aínda que a Curia non recoñeceu esta lexitimidade.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
  • Quatriglio, Giuseppe (2002): Mille anni in Sicilia - Dagli Arabi ai Borboni. Marsilio. ISBN 88-317-6405-5.
  • Runciman, Steven (2009): Las Vísperas Sicilianas Ed. Reino de Redonda. ISBN 978-84-933656-7-7

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar