Cercartetus nanus

Cercartetus nanus é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos burramíidos,[3][4] unha das catro que integran o xénero Cercartetus.[5][6] que vive lo leste de Australia e na illa de Tasmania.

Cercartetus nanus
Pósum pigmeo do leste

Rango fósil: plistoceno - actualidade [1]
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Superfamilia: Phalangeroidea
Familia: Burramyidae
Xénero: Cercartetus
Especie: C. nanus
Nome binomial
Cercartetus nanus
(Desmarest, 1818)
Área de distribución de Cercartetus nanus
Área de distribución de Cercartetus nanus

Área de distribución de Cercartetus nanus
Subespecies
  • Cercartetus nanus nanus (Desmarest, 1818)
  • Cercartetus nanus unicolor (Krefft, 1863)

Características

editar

Os adultos teñen unha lonxitude de cabeza e tronco de entre os 7,5 e os 10 cm. A cola é relativamente longa, xa que pode acadar aínda máis lonxitude que o conxunto de cabeza e tronco, de 7,5 a 10,5 cm. O seu corpo é repoludo. A cor da súa pelaxe é gris leonada nas partes superiores e abrancazada ou gris lousa nas inferiores. As súas mans, de aparencia algo humana, pero coas xemas de cada dedo presentando dous lóbulos ensanchados. O dedo polgar da man é opoñíbel.[7] As orellas son relativamente grandes e os ollos son moi escuros e saltóns.[8]

Bioloxía

editar

Distribución e hábitat

editar

O pósum pigmeo do leste encóntrase principalmente en Tasmania, no sueste de Australia do Sur e do Queensland, e nas pequenas illas circundantes. No continente australiano, habita principalmente nas zonas costeiras do sueste.[9]

Frecuenta hábitats variados, como os selvas húmidas tropicais, os bosques esclerófilos, e landas e queirugais.[9]

Costumes

editar

É un animal máis ben solitario, aínda que os machos desprázanse adoito máis lonxe que as femias. Utiliza unha gran variedade de refuxios incluíndo arbustos, ocos de árbores, niños de aves abandonados, agochos no monte baixo, e en niños que contrúe con anacos da codia das árbores. Estes niños son xeralmente esféricos e pequenos, de até 6 cm de diámetro. É un áxil eactivo gabeador e saltador. É un animal de hábitos nocturnos. Durante o inverno entra en letargo, despois de almacenar gran cantidade de graxa na cola.[7][9]

Nutrición

editar

É principalmente fitófago. Aliméntase sobre todo de néctar e pole, especialmente de Banksia, Eucalyptus e Callistemon, que apaña coa punta da lingua. Pero tamén consome flores, e insectos e froitos cando non hai flores.[9]

Reprodución

editar

A cría xeralmente se produce en niños en ocos de árbores do bosque. Hai dúas temporadas de cría distintas. No continente australiano a época de celo ocorre desde a primavera ao outono, mentres que en Tasmania este período dura desde finais do inverno até a primavera. As femias paren xeralmente catro, ás veces cinco crías. Estas adoitan permaneceren na bolsa marsupial da nai durante seis semanas como máximo, facéndose independentes cando acada a metade do peso na nai.[9]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1818 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest, en Nouv. Dict. Hist. Nat., Nouv. ed., 25: 477,[3] baixo o nome de Phalangista nana.[5][10]

Subespecies

editar

Nesta especie recoñécense as dúas subespecies seguintes:[3][4]

  • Cercartetus nanus nanus (Desmarest, 1818)
  • Cercartetus nanus unicolor (Krefft, 1863)

Galería

editar
  1. Burramyidae en Fossilworks.
  2. Dickman, C.; Lunney, D. & Menkhorst, P. (2008): Cercartetus nanus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 5 de xuño de 2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cercartetus nanus en MSW.
  4. 4,0 4,1 Cercartetus nanus (Desmarest, 1818) no ITIS.
  5. 5,0 5,1 Cercartetus en MSW,
  6. Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
  7. 7,0 7,1 Walker, E. P. (1975).
  8. Cercartetus nanus na ADW.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Turner, V. (1983): The Australian Museum Complete Book of Australian Mammals. Sydney: Angus & Robertson Publishers.
  10. Cercartetus Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Fossilworks.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar