Cercartetus
Cercartetus Rango fósil: plistoceno superior - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lámina de Cercartetus nanus, de 1863, obra de John Gould | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||
Phalangista nana [2][3] (Desmarest, 1818) | |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
|
Cercartetus é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos burramíidos,[3][4] que comprende os pósums pigmeos ou falaxeros pigmeos que, xunto co pósum pigmeo das montañas (Burramys parvus) forma a antedita familia.
O xénero está representado por catro especies viventes, que viven nas pluvisilvas tropicais, até os 1 500 m de altitude, nalgungas zonas da Australia meridional e oriental, nas illa de Tasmania, Nova Guinea e Fergusson (Papúa Nova Guinea), e no Queensland nororiental (Australia).[5]
Características
editarEstes animais son coñecidos por algúns como pósums leiróns, porque que se encontran entre os poucos animais hibernates, ademais de que pola forma do seu corpo recorda á dos leiróns.
Os pósums pigmeos teñen unha lonxitud de cabeza e tronco de entre os 10,6 cm e entre os 12,8 e os 15,1 cm da cola que, como vemos, pode ser case unha vez e media a lonxitude da cabeza e tronco de Cercartetus caudatus, até os de 7,5 a 10 cm dos C. nanus, cuxa cola mide de 7,5 a 10,5 cm.[6]
Teñen os ollos grandes, orellas semellates ás dos ratos, o marsupio aberto cara a adiante (como nos didélfidos), un dedo polgar moi desenvolvido e opoñíbel, que non ten garra, amplas almofadas nos extremos dos dedos, moas cuadrituberculadas, cranio amplo, aplanado, e tres incisivos superiores e un incisivo inferior grandes e procumbentes.[7][8][9][10]
A pelaxe destes animais é de cor parda avermellada ou gris nas partes superiores, mentres que nas inferiores é máis clara. As orellas son grandes e sen pelos. O primeiro dedo das patas traseiras é opoñíbel.[6]
Bioloxía
editarDistribución e hábitat
editarOs pósums pigmeos están difundidos cun gran número de individuos nalgungas zonas da Australia meridional e oriental incluída Tasmania), en Nova Guinea e na península de Cabo York.[5]
O seu hábitat son os bosques tropicais húmidos e as matogueiras.[5]
Costumes
editarTeñen hábitos nocturnos. Dormen durante o día en nidos feitos con follas e codias de árbores que a miúdo constrúen en ocos de árbores un en lugares con vexetación densa. Pola noite, sanen dos niños na busca de alimento, a miúdo gabeando polas árbores. As súas hábiles mans e a cola prénsil fan que sexan excelentes gabeadores. Son animais que viven normalmente solitarios.[9]
Nutrición
editarSon omnívoros e aliméntanse de follas, froitas, noces, insectos, arañas, escorpións e pequenos vertebrados. Na estación fría caen en letargo, despos de ter acumulado unha reserva de graxa na cola.[9]
Reprodución
editarAs femias paren, dúas veces ao ano, de 4 a 6 crías, que permanecen no seu primeiro mes de vida no marsupio da nai. Son destetados aos tres meses, e alcanzan a madurez sexual aproximadamente á idade dun ano. A súa esperanza de vida é de catro anos en estado salvaxe, mentres que en catividade poden alcanzar un máximo de seis anos.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1841 polo zoólogo alemán Constantin Wilhelm Lambert Gloger, en Gemein Hand.-Hilfsbuch. Nat., 1: 85.[3]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome que lle adxudicou Gloger, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[3]
- Dromicia Gray, 1841
- Dromiciella Matschie, 1916
- Dromiciola Matschie, 1916
- Eudromicia Mjöberg, 1916
Clasificación
editarPosibilidade dunha nova especie
editarConservation International (CI) e o Indonesia Institute of Science (LIPI) informaron sobre o posíbel descubrimento dunha nova especie de Cercartetus despois dunha visita ás montañas de Foja (Papúa, Indonesia) en xuño de 2007.[11]
Notas
editar- ↑ Burramys, Broom 1898 en Fossilworks.
- ↑ Cercartetus en Fossilworks.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Cercartetus en MSW.
- ↑ 4,0 4,1 Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Collins, L. R. (1973): Monotremes and Marsupials. Washington, DC: Smithsonian Institution Press.
- ↑ 6,0 6,1 Walker, E. P. (1975).
- ↑ Lawlor, T. E. (1979): Handbook to the Orders and Families of Living Mammals. Eureka, California, USA: Mad River Press, Inc.
- ↑ Ride, W. D. L. (1980): A Guide to the Native Mammals of Australia. 2ª ed. Melbourne, New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1955-0252-3.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Strahan, R. (1983): The Australian Museum Complete Book of Australian Mammals. Angus and Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-4454-7.
- ↑ Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- ↑ Two new mammals found in Indonesian 'lost world': green group Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Trend, 18 de decembro de 2007.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Cercartetus |
Bibliografía
editar- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Recensión por Frederick S. Szalay no Journal of Vertebrate Paleontology. Vol. 19, Nº 1 (Mar. 15, 1999), pp. 191–195.
- Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6th edition. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Turnbull, W. D.; T. H. V. Rich & E. L. Lundelius, Jr. (1987): "Burramydis (Marsupialia: Burramyidae) of the Early Pliocene Hamilton local fauna, southwestern Australia". Possums and Opossums: Studies in Evolution 2: 729-739.
- Walker, E. P. (1975): Mammals of the World. 2 vols. Third Edition. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-1657-4.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cercartetus en MSW.
- Cercartetus na ADW.