Celidonia
Celidonia | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chelidonium majus L. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Chelidonium majus L. |
A celidonia[1], ceruda[2] ou herba da andoriña[3] (Chelidonium majus), tamén coñecida como herba das espullas, herba leiteira, ciridonia ou ciridoña é unha planta herbácea perenne da familia das papoulas (Papaveraceae) de trinta a oitenta centímetros de altura, follas alternas de cor verde clara pola face e azulada polo revés, flores amarelas e froito en cápsula., que contén un zume cáustico usado en medicina Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC e DRAGÉ a única especie do xénero Chelidonium.
En Galicia usábase para sandar as espullas. Existen datos clínicos que suxiren que podería ser eficaz no tratamento da dermatitis atópica.[4]
Descrición
editarÉ unha herbácea perenne con rizoma carnoso do que xorden varios talos aéreos de até 80 cm de altura, moi ramificados e fráxiles. As follas, moi divididas, de 30 cm de longo, son alternas, pinnatisectas, con tres a cinco lobos irregularmente crenados, pinnatífidos e obtusos, glaucos polo envés e con numerosos pelos.
As flores aparecen en inflorescencias umbeliformes terminais, desde maio até outubro. O cáliz está formado por dous sépalos averdados, caedizos na antese. A corola, de 1,5 a 2,5 cm de diámetro, ten catro pétalos amarelos, cada un dun centímetro aproximadamente, e estames numerosos. O xineceo é bicarpelar, con ovario súpero que frutifica nunha cápsula alongada de tres a cinco centímetros de lonxitude con dehiscencia valvar. Toda a planta produce un característico látex alaranxado ao que se lle atribúen propiedades curativas das espullas.[5]
As cápsulas do froito lembran a unha sílicua (ao abrírense caen as dúas valvas, ficando a zona das placentas coas sementes). As sementes son pequenas e negras, con arilo e eleosoma; este atrae as formigas, que espallan as sementes (zocoria).
Hábitat e distribución
editarAtópase en herbais, nitrófilos, en lugares sombrizos e frescos, especialmente en tapias, vertedoiros e muros vellos.
Planta orixinaria de Europa e da conca mediterránea. Tamén é común en Norteamérica, xa que foi introducida por colonos europeos, quen a usaban para curar as espullas xa en 1672. Toda a planta é tóxica, e contén varios alcaloides; pode causar dermatite, especialmente o zume.[6]
Principios activos
editar- Ácido chelidónico (gamma pirona dicarbónico) é un composto heterocíclico osixenado.
- Alcaloides derivados da fenantridina (chelidonina, é a principal, cheleritrina e sanguinarina).
- Derivados isoquinoléicos (protopina).
- Alfa e beta allocriptopina
- Berberina e substancias relacionadas (coptisina, stilopina).
Propiedades
editarUtilízase a planta enteira e o látex. Polo seu contido en alcaloides posúe propiedades antiespasmódicas, coleréticas e colagogas, hipolipemiante (ac. chelidónico), sedante do SNC, hipnótica, analxésica e antitusivo de acción central. Antiasmáticas, antivírico e antimitótica (sanguinarina e chelidonina).
Utilízase en uso interno en disquinesias de vías biliares, bronquites, asma, tose irritativa, etc.
O seu zume é cáustico e utilízase en uso externo para axudar a pechar feridas e contra espullas, calos e tumores.
A grandes doses, a inxestión da planta fresca e do látex, provoca somnolencia, parálise das terminacións nerviosas sensitivas e bradicardia. Recoméndase administrala mesturada con outras plantas, nunca soa pola súa toxicidade e non administrala en doses elevadas durante moito tempo (citotóxico a grandes dose debido á coptisina).[7]
Taxonomía
editarChelidonium majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 505–506. 1753.[8]
Chelidonium: nome xenérico que deriva do grego chelidon = (andoriña), de acordo con Maurice Mességué porque as andoriñas frengan con algunhas partes os ollos que non se abriron aínda nas máis pequenas. O látex cáustico abre as tonas da pel permitindo ver ás andoriñas. En galego é coñecida tamén co nome común de herba andoriña ou herba da andoriña[9], que antigamente se cría boa para as enfermidades dos ollos. Este uso medicinal, que tamén se chegou a aplicar ás propias andoriñas [10], vén da antiga crenza de que os polos de andoriña nacían cegos pero a nai curábaos ao lles refregaren os ollos cun anaco desta herba [11].
majus: epíteto latino que significa "o máis grande".[12]
- Chelidonium haematodes Moench
- Chelidonium laciniatum Mill.
- Chelidonium laciniatum var. fumariifolium DC.
- Chelidonium luteum Gilib.
- Chelidonium murale P.Renault
- Chelidonium olidum Tarscher. ex Ott
- Chelidonium quercifolium Willemet
- Chelidonium ruderale Salisb.
- Chelidonium umbelliferum Stokes
- subsp. grandiflorum (DC.) Printz
- Chelidonium cavaleriei H.Lév.
- Chelidonium dahuricum DC.
- Chelidonium grandiflorum DC.[13]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celidonia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ceruda.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para herba.
- ↑ (en inglés) Journal of Ethnopharmacology Vol. 138, 2, 18 de noviembre de 2011, Pages 398–403 Journal of Ethnopharmacology. Consultado el 20 de septiembre de 2012.
- ↑ Guía de las plantas medicinales de Cantabria. Salud y tradición popular. (1ª ed.). Estudio. ISBN 8495742373.
- ↑ (en francés) Chelidoine Arquivado 16 de maio de 2018 en Wayback Machine. sur medecinesnaturelles.com
- ↑ "en Plantas útiles". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2010.
- ↑ "Chelidonium majus".
- ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega (1992).
- ↑ "Comidas as andoriñas aguzan moito a vista, para o cal tamén serve a cinza das andoriñas" (Dioscórides).
- ↑ Xosé Ramón Mariño Ferro recolle así as teorías expostas por Aristóteles: "Polo que atinxe aos polos da andoriña, se, cando son aínda novos, lles pica un os ollos, os referidos polos despois sandan e ven" e Plinio o Vello: "A andoriña amosóuno-lo poder curativo para a vista da celidonia ao tratar con esta planta a inflamación dos ollos dos seus pequenos".
- ↑ en Epítetos Botánicos
- ↑ Chelidonium majus en PlantList
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Celidonia |
Ligazóns externas
editar- GRIN 10169[Ligazón morta] (enlace roto dispoñible en Internet Arquive; véxase o historial e a última versión[Ligazón morta]).
- Tea Botánica 16703