Carmen Sierra
María del Carmen Sierra Domínguez, nada en Pontecesures (daquela pertencente a Valga) o 3 de maio de 1906 e finada en Caracas o 22 de decembro de 1996, foi unha profesora e política galega, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1906 Pontecesures, España |
Morte | 22 de decembro de 1996 (90 anos) Caracas, Venezuela |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario, política |
Partido político | Partido Comunista de España |
Familia | |
Cónxuxe | Carlos Díaz Rodríguez |
Traxectoria
editarFoi filla de Salvador Sierra Trasande e Carmen Domínguez Orense. En 1922 comezou os estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou na sección de Historia en 1926.[2][3] Foi a primeira muller admitida no Seminario de Estudos Galegos,[4] o 16 de novembro de 1923, e tamén a primeira en aparecer nunha noticia de prensa relacionada con esta institución.[1] Foi nomeada profesora de Literatura do Instituto de Sanlúcar de Barrameda en 1933.[5] O ano seguinte foi nomeada profesora do Instituto de Linares, onde compartiu aulas con Xosé Manuel Cabada Vázquez e Carlos Díaz Rodríguez.[6] En marzo de 1935, Carlos Díaz, con quen casou Sierra, foi nomeado secretario do Instituto de Linares.[7]
Carmen Sierra pertenceu ao PCE e despois da guerra instalouse en Pontecesures co seu home. Alí rexentou a explotación gandeira de Cortinallas.[8] Carmiña e Carlos participaron na estrutura clandestina do PCE e mantivo contacto con Isaac Vázquez Pardo a través do seu curmán Ramón Baltar Domínguez. Foi detida o 5 de xaneiro de 1946 e estivo presa no Cárcere de Ventas. Xulgada en consello de guerra en maio de 1948 con Esperanza Batanero e Lola Freixa, foi condenada a 4 anos de prisión. Ao levar case 3 anos detida, saíu en liberdade condicional a finais de agosto de 1948.[9] Instalouse en Madrid cos seus fillos e traballou nunha libraría. En 1952 marchou a Venezuela.
O libro de Suso de Toro sobre Ramón Baltar dedícalle un capítulo a súa figura.[10] En 2023 Aurora Marco publicou un libro sobre a súa vida.[11]
Vida persoal
editarCasou con Carlos Díaz Rodríguez en 1933 e foi nai de María Dolores e Carlos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Carmen Sierra – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2021-09-26.
- ↑ El Eco de Santiago, 7-6-1926, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 9-6-1926, p. 4.
- ↑ "Presentan 'O pasado por vir', un programa de la Deputación para reivindicar ideas avanzadas en la provincia antes del Golpe del 36". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2021-09-26.
- ↑ El Ideal Gallego, 7-11-1933, p. 1.
- ↑ Gaceta de Madrid, 294, 21-10-1934, p. 553.
- ↑ Gaceta de Madrid, 66, 7-3-1935, p. 1966
- ↑ Piñeiro Ares, José (1992). "El Foucellas" en el Ullán. Pontecesures: Autor-editor. pp. 29–30. ISBN 84-604-3823-6.
- ↑ Hernández Sánchez, Fernando (2015). Los años de plomo. La reconstrucción del PCE bajo el primer franquismo (1939-1953). Barcelona: Crítica. pp. 238–239. ISBN 9788498928068.
- ↑ Toro, Suso de
- ↑ "As mulleres no Seminario de Estudos Galegos: de Carmiña Sierra a unha ducia de socias activas". Praza Pública. 2023-09-29. Consultado o 2023-10-13.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2023). Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-45-2.
- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. p. 201. ISBN 978-84-8487-466-9.
- Suso de, Toro (2020). Un señor elegante. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-766-4.