Isaac Vázquez Pardo
Isaac Vázquez Pardo, finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1976, foi un practicante e militante antifascista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Santiago de Compostela, España |
Morte | 15 de novembro de 1976 Santiago de Compostela, España |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, enfermeiro, mestre |
Partido político | Partido Comunista de España |
Traxectoria
editarCombatiu no exército franquista na guerra civil. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando na convocatoria extraordinaria o 29 de xaneiro de 1942,[1] e inscribiuse no SEN como mestre interino.[2] Foi mestre interino de Trasfontáns (Laxe) en 1944. Iniciou os estudos de Medicina e fíxose practicante. Militante do PCE, foi dirixente do partido en Compostela. Mantivo contactos con Carmen Sierra e Carlos Díaz Rodríguez. Foi detido en 1947. Como consecuencia da represión contraíu unha doenza. Finou en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1976.[3]
Vida persoal
editarCasou en 1943 con Teresa Castro Faya, filla de Jesús Castro Castro,[4] que finou o 10 de decembro de 1982.[5]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2023). Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-45-2.
- Suso de, Toro (2020). Un señor elegante. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-766-4.