Alcaparra

(Redirección desde «Capparis spinosa»)
Alcaparreira

Capparis spinosa en Otto Wilhelm Thomé,Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Capparaceae
Tribo: Cappareae
Xénero: Capparis
Especie: C. spinosa
Nome binomial
Capparis spinosa
L., Sp. Pl., vol. 1, p. 503, 1753 [1]

A alcaparra[1] ou alcaparreira[2] (Capparis spinosa) é un arbusto da familia das caparidáceas, orixinario da rexión mediterránea. O botón da flor da alcaparra é un ingrediente común da cociña mediterránea, moitas veces consumido á vinagreta, e xa usado na antiga Grecia como calmante.
Os seus talos espiñentos poden chegar a alcanzar un metro ou máis de lonxitude. As follas son grosas e esféricas. As flores, de cor branca e con grandes estames, agroman na xunta das follas co talo

Descrición editar

Trátase dun arbusto semileñoso de morfoloxía moi variábel segundo a variedade e as condicións de crecemento, mais que normalmente non adoita superar os 50 cm de altura, con pólas inicialmente ergueitas mais con tendencia a se estender posteriormente prostradas a rente do chan nunha superficie de varios metros cadrados. Posúe follas alternas e simples, enteiras, pecioladas, grosas e arredondadas. As pólas posúen unhas afiadas e leñosas estípulas, transformadas en espiños, de até 1 cm de lonxitude que fan moi difícil e afanoso o labor de apaña das alcaparras.

As súas flores rechamangueiras son de pétalos brancos ou rosados e con longos estames con anteras de cor violeta. Son axilares: nacen nas interseccións das follas co talo, sostidas por pedúnculos regulares.

 
Estames.

Deste arbusto utilízase a raíz, a casca, os botóns florais (denominados alcaparras) e os froitos inmaturos (coñecidos como alcaparróns). Aínda que non é unha planta medicinal en si mesma, ten algunhas propiedades terapéuticas.

Distribución e hábitat editar

É de distribución circunmediterránea, estendéndose por zonas áridas de Asia e África. Dáse en zonas con acusada aridez, en noiros e abas ben soleadas, sobre solos calcarios e margosos, raramente en solos acedos, tamén tolera terreos salinos ou xesosos.[3]

 
Flores e gomos - Águilas (Murcia).
 
Espiñas.
 
Botóns florais (alcaparras).
 
Froito aberto, in situ.
 
Alcaparras en conserva.

O seu cultivo espallouse por moitas rexións secas e cálidas do mundo, como algunhas áreas de Australia e América do Sur.

Usos culinarios editar

As alcaparras salgadas ou en conserva para usar coma petisco ou adubo dalgúns pratos. Son un ingrediente común na cociña mediterránea porén inexistente na galega. Tamén se consomen os froitos preparados de xeito semellante aos gomos. Cando están prontos para a súa colleita (mediados de abril no seu clima orixinal), son do tamaño dun gran de millo, de cor verde escura. Adúbanse nunha solución de vinagre e sal e son un ingrediente para pizzas, salmón afumado, ensaladas ou pratos de pasta. Outros usos culinarios destacados das alcaparras son o universal "mollo tártaro", do que é unha compoñente esencial; as alcaparras úsanse nalgunhas sopas coma o ajiaco santafereño en Colombia e a hallaca tradicional elaborada para a época do Nadal en Venezuela, na que as alcaparras son empregadas tanto para a preparación do guiso como na decoracion cando se arma a hallaca. No sur de Francia, na Provenza, mestúranse a partes iguais alcaparras e olivas (negras ou verdes) esmagando ben e engadidndo bocartes en conserva, allo e aceite de oliva para preparar a «tapenade», («tapenado» en Provenzal).

Propiedades editar

Principios activos: contén esencia, saponina, pectina, sales.[3]

Indicacións: é diurético, aperitivo, depurativo, antihemorroidal, vasoconstritor, desobstruente da vesícula biliar, adstrinxente, expectorante. Usado contra a febleza capilar. A decocción úsase contra as aftas bucais.[3]

Úsase a casca da raíz, e tamén as flores. Apáñanse na primavera.

Taxonomía editar

Capparis spinosa foi descrita por L. e publicado en Species Plantarum 1: 503. 1753.[4]

Etimoloxía

Capparis: nome xenérico que procede do giego: kapparis que é o nome do froito, a alcaparra.[5]

spinosa: epíteto latino que significa "con espiñas".[6]

Nome vulgar editar

O nome común galego é unha nova incorporación a través do castelán e portugués, que vén á súa vez do árabe hispánico: alkappárra, este do latín cappăris, e este do grego κάππαρις.

Sinonimia
  • Blumea grandiflora Zipp. ex Span.
  • Capparis aculeata Steud.
  • Capparis deserti (Zohary) Täckh. & Boulos
  • Capparis inermis Turra
  • Capparis leucophylla DC.
  • Capparis murrayi Stewart ex Dalz.
  • Capparis microphylla Ledeb.
  • Capparis orientalis Veill. in Duhamel
  • Capparis ovata subsp. sicula (Veill.) Pugnaire
  • Capparis ovata var. canescens (Coss.) Heywood
  • Capparis ovata var. sicula (Veill.) Zohary
  • Capparis ovata Desf.
  • Capparis rupestris Sm.
  • Capparis sativa Pers.
  • Capparis sicula Veill. & Duhamel
  • Capparis sicula var. kruegeriana Pamp.
  • Capparis spinosa auct.
  • Capparis spinosa subsp. aegyptia (Lam.)Kit Tan & Runemark
  • Capparis spinosa var. aegyptia (Lam.) Boiss.
  • Capparis spinosa subsp. canescens (Coss.) A.Bolòs & O.Bolòs
  • Capparis spinosa var. canescens Coss.
  • Capparis spinosa subsp. cartilaginea (Decne.) Maire & Weiller
  • Capparis spinosa var. deserti Zohary
  • Capparis spinosa var. galeata (Fresen.) Hook.f. & Thomson
  • Capparis spinosa var. genuina Boiss.
  • Capparis spinosa var. kruegeriana (Pamp.) Jafri
  • Capparis spinosa f. kruegeriana (Pamp.) Pamp.
  • Capparis spinosa var. himalayensis (Jafri) Jacob
  • Capparis spinosa subsp. inermis (Turra) A. Bolòs & O.Bolòs
  • Capparis spinosa var. inermis Costa
  • Capparis spinosa var. inermis J.J.Rodr.
  • Capparis spinosa var. inermis Sebast.
  • Capparis spinosa var. inermis Willk. in Willk. & Lange
  • Capparis spinosa var. inermis Zohary
  • Capparis spinosa f. inermis Turra Knoche
  • Capparis spinosa var. mariana (Jacq.) K.Schum.
  • Capparis spinosa var. mucronifolia (Boiss.) Hedge & Lamond ex R.R.Stewart
  • Capparis spinosa subsp. nummularia (DC.) Fici
  • Capparis spinosa var. nummularia (DC.) F.M.Bailey)
  • Capparis spinosa subsp. orientalis (Veill.) Jafri in Ali & Jafri
  • Capparis spinosa var. ovata (Desf.) Batt.
  • Capparis spinosa var. pyracantha (Bojer) Bojer
  • Capparis spinosa subsp. rupestris (Sm.) Nyman
  • Capparis spinosa var. rupestris (Sm.) Viv.
  • Capparis spinosa subsp. sicula (Veill.) Holmboe
  • Capparis spinosa var. sicula (Veill. in Duhamel) Sacc.
  • Capparis spinosa L. subsp. spinosa L.
  • Capparis spinosa var. spinosa L.[7]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcaparra.
  2. Nome que aparece no Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo de Eladio Rodríguez González
  3. 3,0 3,1 3,2 "Capparis spinosa". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2009. 
  4. "Alcaparra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  5. En Nombres Botánicos
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Capparis en The Plant List - xaneiro 2013

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Hadj-Moustapha, M. 1965. Capparaceae. Fl. Madagasc. 83: 1–68.
  2. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). 7: 1–499. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas editar