Canon
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Canon, termo de orixe grego (κανών kanón, que significa "regra" ou "modelo") pode referirse a:
- Estética, arte e literatura
- Canon, en belas artes, e máis especificamente en escultura e música, conxunto das relacións que regulan as diferentes proporcións das partes dunha obra. Por exemplo, o Canon de Policleto.
- Canon literario, é un conxunto de obras dotadas de autoridade dentro da literatura.
- Canon, composición polifónica baseada na imitación estrita entre dúas ou máis voces, separadas por un intervalo temporal.
- Canon en re maior de Pachelbel, ou Canon de Pachelbel, a obra máis coñecida do compositor alemán Johann Pachelbel.
- Canon como lista canónica ou "corpus"
- Lista canónica, recompilación ou corpus:
- Canon Real de Turín, unha lista de faraóns da época de Ramsés II.
- Canon de Tolomeo, unha lista de reis publicada por Claudio Tolomeo, útil para fixar a cronoloxía absoluta do antigo oriente.
- Canon da Medicina (ou al-Qanun), enciclopedia médica escrita por Avicena no século XI.
- Canon occidental, o corpus de obras de arte e literarias que formaron a denominada alta cultura na civilización occidental.
- Canon, as novelas, historias ou películas consideradas "oficiais" no universo da ficción.
- Artes gráficas
- Canon, caracteres grosos equivalentes ao corpo de vinte e catro puntos.
- Relixión
- Cristianismo
- Canon, cada unha das normas que conforman o Código de Dereito Canónico e o Código dos Canons das Igrexas Orientais.
- Canon bíblico, conxunto de libros que a tradición xudeocristiá considera inspirados por Deus.
- Canon, rango ou grao honorífico dentro da Igrexa anglicana
- Canon Episcopi, documento eclesiástico medieval con abundantes referencias sobre bruxaría.
- Outras relixións
- Canon taoísta, conxunto de textos de varios mestres taoístas.
- Canon Pali, ou Tipitaka, antigos textos budistas que constitúen o corpo doutrinal e fundacional do budismo.
- Canon como taxa ou imposto
- Canon dixital, taxa aplicada a diversos medios de gravación.
- Canon televisivo, imposto indirecto para o financiamento dalgunhas televisións públicas.
- Outros usos
- Canon de beleza, conxunto daquelas características consideradas como agradábeis esteticamente.
- Canon Inc., compañía xaponesa fabricante de gran variedade de produtos ópticos (tales como cámaras fotográficas, impresoras, fotocopiadoras e lentes).
- Canon Fronsac, un viño tinto da rexión de Bordeos, Francia.
- Canon, película de 2012.