O canon televisivo é unha taxa que hai que pagar en determinados países para ver a televisión, a súa finalidade é a de contribuír ao financiamento da televisión pública e evitar que esta teña publicidade ou sexa só residual, principalmente existe en Europa e nalgúns países africanos e de Asia. Tamén existe un canon semellante para a radio nalgúns países. Polo xeral cóbrase como unha recarga da factura da electricidade pero en países como o Reino Unido ou Noruega cóbrase á parte. A falta de pagamento pode dar como consecuencia o pago dunha multa, como en Italia, ou o procesamento penal, como no Reino Unido.

Historia editar

A orixe deste canon está no Reino Unido que adoptou en 1928 un modelo de subscrición pública obrigatoria para todos os fogares que tivesen un aparello de radio, coñecido como radio licence, o diñeiro recadado ía para a BBC. Moitos outros países que seguiron o modelo de radio pública da BBC adoptaron este canon. Coa chegada da televisión algúns países crearon un canon diferente para ela, mentres outros simplemente engadiron un suplemento para cubrir a televisión.