Canon en re maior de Pachelbel

O Canon e Giga en re maior para tres violíns e baixo continuo (en alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo), tamén coñecido sinxelamente como o Canon, é a obra máis coñecida do compositor alemán de música barroca Johann Pachelbel.

Canon e giga en re maior (arranxo para piano solista interpretado por Lee Galloway).
Canon e giga en re maior interpretado con sintetizadores por Jeffrey Hall.

Pachelbel compuxo esta obra arredor do ano 1680, sendo orixinalmente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse arranxos para unha gran variedade de instrumentos e conxuntos. Orixinalmente, unha giga na mesma tonalidade (re maior) segue ó canon, pero esta última danza execútase ou grava con moita menos frecuencia. O Canon é moi coñecido pola progresión harmónica dos instrumentos de corda, que o converteron nunha das pezas máis empregadas na música contemporánea e no rock.[1]

O Canon adoita incluírse en compilacións musicais con outras pezas da época barroca xunto co chamado Adagio de Tomaso Albinoni (arranxado por Remo Giazotto) e a Aria en re menor da Suite nº 3 en re maior de Johann Sebastian Bach. É unha peza común na celebración de vodas.

Notas editar

  1. "Canon de Pachelbel en Re". Triscaidecafilo. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 08 de abril de 2016. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.