Tomaso Albinoni
Tomaso Albinoni, nado en Venecia en 1671 e finado na mesma cidade en 1751, foi un compositor barroco italiano.
Tomaso Albinoni | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Tomaso Giovanni Albinoni |
Nacemento | 8 de xuño de 1671 |
Lugar de nacemento | Venecia |
Falecemento | 17 de xaneiro de 1751 |
Lugar de falecemento | Venecia |
Causa | Diabetes mellitus |
Soterrado | Basílica de San Marcos |
Nacionalidade | República de Venecia |
Ocupación | compositor, violinista, chef de chant, dramaturgo e escritor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou violín e canto, a diferenza da maioría dos compositores do seu tempo, non buscou un posto na igrexa ou nunha casa nobiliaria ou real. El compuxo música de xeito totalmente independente ata que en 1722 Maximiliano Emanuel II, o Elector de Bavaria o convidou a dirixir as súas óperas.
Escribiu máis de cincuenta óperas, na súa maior parte hoxe perdidas, hoxe coñecido pola súa obra instrumental, en especial os seus concertos de óboe. A súa música instrumental atraeu a atención de Johann Sebastian Bach, quen escribiu cando menos dúas fugas sobre temas de Albinoni.
A maioría das obras de Albinoni perdéronse durante a destrución da biblioteca pública de Dresden, durante a segunda guerra mundial. O seu famoso Adagio en G é unha reconstrución feita en 1945 por Remo Giazotto.
ObrasEditar
- Concerto para violín e orquestra (1710)
- Concerto para óboe, opus 9 nº 2 (1722)
- Concerto para óboe, opus 9 nº 8 (1722)
- Sonata en Sol Menor (1740)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomaso Albinoni |