Chatbot

(Redirección desde «Bot conversacional»)

Un chatbot ou chatterbot, ou ás veces simplemente bot é un interlocutor automatizado.[1] É a combinación das palabras "chat" e "robot". Os chatbots poden ser atopados en sitios web e programas de Instant Messenger, como Facebook Messenger, Skype (o primeiro Windows Live Messenger, o sucesor de MSN Messenger), Yahoo!, AIM, Google Talk, Telegram, WhatsApp, Discord e Slack. No caso do programa Instant Messenger, o chatbot pode engadirse como un "amigo". Tamén son engadidos en servizos de atención ao cliente automatizados.

Chatbot
Estado de desenvolvementoActivo
Escrito enComunmente Python, JavaScript, entre outros
Plataforma/sWeb, Móbil, Desktop
Lingua/sMulti-lingüe
Galego: Si
TipoSoftware de comunicación, Software de intelixencia artificial
LicenzaVariada (Open-source, propietaria)

Historia

editar

Un dos primeiros exemplos é ELIZA (1964), un programa informático que pode levar a unha conversa sinxela con persoas. Posteriormente desenvolvéronse unha serie de chatbots, entre eles Parry (1972),[2] Racter (1984) ou ALICE (1995).

A principios de 2016, o número de chatbots nas plataformas de redes sociais aumentou enormemente, e miles de bots foron usados en áreas como marketing, sistemas de apoio, atención médica, entretemento, educación, patrimonio cultural, plataformas de mensaxes, aplicacións industriais e de investigación.[3]

 
Os bots tamén falan galego.
 
Conversa con ELIZA, chatbot desenvolvido no MIT por Joseph Weizenbaum.

A finais de 2022, OpenAI lanzou o seu chatbot ChatGPT, baseado no modelo GPT-3 da compañía. ChatGPT é un dos chatbots máis avanzados dispoñibles actualmente e é considerado un punto de referencia no desenvolvemento da "IA conversativa". O modelo está adestrado para un gran volume de conversas humanas e por iso pode comunicarse co usuario de forma "natural" e "humana". ChatGPT é un servizo que pode responder preguntas sobre unha variedade de temas. Ao principio, a web oficial ás veces non estaba dispoñible debido á alta demanda, e popularizáronse as aplicacións de chat que usan a API oficial de OpenAI.

Controversias e problemas

editar
  • Dereitos de autoría e propiedade intelectual: A creación de contidos por IA, tanto de xeración de textos con chatbot como mediante modelos de texto a imaxes (algúns deles integrados en chatbots) ou de imaxe a imaxe, modelos de texto a vídeo, ou de imaxe a vídeo etc. levou a cuestións sobre os contidos empregados para o seu adestramento, ou sobre quen posúe os dereitos de autor. Os modelos de IA poden xerar obras notabelmente similares a obras protexidas por dereitos de autor sen o permiso explícito dos titulares orixinais dos dereitos.[4][5]
  •  
    Simposio sobre o Wikimedia e o resgardo da información no contexto da intelixencia artificial, impulsado por WikiAcción Perú.
    Autenticidade e desinformación: A habilidade da IA para xerar contidos realistas pode ser utilizada para crear desinformación ou novas falsas, especialmente con ferramentas como a clonación de voz ou vídeo "deepfake". Isto pode influír en opinións públicas e mesmo en procesos democráticos.[6][7][8]
  • Privacidade: Os modelos de IA que procesan grandes cantidades de datos persoais para aprender ou mellorar poden supor un risco para a privacidade se eses datos non son manexados adecuadamente, como acceso desigual á sanidade, seguros etc.[6]
  • Nesgos e xustiza: Moitos sistemas de IA reflicten ou amplifican os nesgos existentes nos datos cos que foron adestrados. Isto pode levar a resultados discriminatorios ou xustiza desigual, especialmente en aplicacións críticas como contratación laboral, xustiza penal, obtencións de créditos etc.
     
    Fragmento de ensaio sobre plaxio xerado por chatbot de IA (ChatGPT da OpenAI)
  • Impacto laboral e no mercado de traballo: A automatización impulsada pola IA pode substituír traballadores en certos eidos, provocando desemprego e desigualdade económica.[9][10]
  • Seguridade e uso dual: As tecnoloxías de chatbot, e da IA en xeral, teñen potenciais aplicacións militares e de vixilancia que poden ser controvertidas, especialmente cando se usan de maneiras que poden violar dereitos humanos ou levar a un control autoritario.[8]
  • Dependencia tecnolóxica: A dependencia crecente en sistemas de IA pode levar a vulnerabilidades, incluíndo fallos técnicos ou manipulación malintencionada dos sistemas.[11]
  • Saturación de internet con contidos xerados por IA: Cando os chatbots e sistemas de IA en xeral utilizan contidos creados por outras IAs para o seu propio adestramento, poden xurdir problemas de diversidade e orixinalidade nos discursos. Os sistemas tenden a replicar e amplificar patróns xa existentes nos datos, reducindo a variedade de ideas e perspectivas, e pode limitar a innovación e a creatividade.[12]
  1. "Oxford Languages; The Home of Language Data". languages.oup.com (en inglés). Consultado o 2024-07-10. 
  2. Adamopoulou, Eleni; Moussiades, Lefteris (2020-12). "Chatbots: History, technology, and applications". Machine Learning with Applications 2: 100006. ISSN 2666-8270. doi:10.1016/j.mlwa.2020.100006. 
  3. Adamopoulou, Eleni; Moussiades, Lefteris (2020-12). "Chatbots: History, technology, and applications". Machine Learning with Applications 2: 100006. ISSN 2666-8270. doi:10.1016/j.mlwa.2020.100006. 
  4. "Cracking-the-code-generative-AI-and-intellectual-property". weforum.org. 
  5. "Who owns the copyright to AI-generated content?". euronews (en inglés). 2023-07-10. Consultado o 2024-07-10. 
  6. 6,0 6,1 "How generative AI is boosting the spread of disinformation and propaganda". MIT Technology Review (en inglés). Consultado o 2024-07-10. 
  7. "How AI-generated deepfakes threaten the 2024 election". The Journalist's Resource (en inglés). 2024-02-16. Consultado o 2024-07-10. 
  8. 8,0 8,1 Ecker, Ullrich; Roozenbeek, Jon; van der Linden, Sander; Tay, Li Qian; Cook, John; Oreskes, Naomi; Lewandowsky, Stephan (2024-06). "Misinformation poses a bigger threat to democracy than you might think". Nature (en inglés) 630 (8015): 29–32. doi:10.1038/d41586-024-01587-3. 
  9. "Cales son os traballos máis afectados polos «chatbots» de intelixencia artificial?". La Voz de Galicia. 2023-04-08. Consultado o 2024-07-10. 
  10. ECO (2023-09-10). "Inteligência Artificial: que efeitos no mercado de trabalho?". ECO (en portugués). Consultado o 2024-07-10. 
  11. Nelson, Decrypt / Jason (2023-06-12). "UN Warns of AI-Generated Deepfakes Fueling Hate and Misinformation Online". Decrypt (en inglés). Consultado o 2024-07-10. 
  12. "Amount of AI Content in Google Search Results - Ongoing Study". originality.ai. Consultado o 2024-07-10. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.