Abesouro

insecto da familia dos ápidos
(Redirección desde «Bombus»)

Os abesouros,[1] ou abellóns,[2] son insectos himenópteros apócritos apoideos da familia dos ápidos, subfamilia dos apinos, integrados no xénero Bombus,[3][4] o único actual da tribo dos bombinos.

Abesouros
Xénero Bombus

Rango fósil: Eoceno - Actualidade

Bombus dahlbomii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Superfamilia: Apoidea
Familia: Apidae
Subfamilia: Apinae
Tribo: Bombini
Latreille, 1802
Xénero: Bombus
Latreille, 1802
Área de distribución natural. Non se mostra a das especies introducidas en Nova Zelandia e Tasmania
Área de distribución natural.
Non se mostra a das especies introducidas
en Nova Zelandia e Tasmania

Área de distribución natural.
Non se mostra a das especies introducidas
en Nova Zelandia e Tasmania
Especies
Máis de 250
Sinonimia
Véxase o texto
Abesouro coa corbícula chea de pole
Abesouro a recoller pole dun mirasol
Raíña de Bomus hortorum

Características

editar

Teñen o corpo peludo, e dunha cor semellante á das abellas para alertaren aos depredadores da súa perigosidade. Os abesouros teñen tamén ferrón mais non o acostuman utilizar.

Son insectos sociais, mais as súas colonias non adoitan ter numerosos individuos, moito menos cas das abellas (arredor duns 50) e aínda que fan mel, non a acumulan en tanta cantidade.

Só a femia, que será a fundadora dunha nova colonia na primavera, chega a pasar o inverno.

Son moi bos polinizadores de toda clase de plantas bravas e cultivadas. Deste xeito utilízanse, por exemplo, para polinizar tomates nos invernadoiros.

Poden voar con temperaturas máis baixas cás abellas e incluso coa chuvia, xa que teñen un mecanismo especial de control de temperatura do corpo.

Moitas especies de Bombus están en perigo de extinción e, con elas, as plantas que polinizan.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero Bombus foi descrito en 1802 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes (14 vols., 1802-1805).

Etimoloxía

editar

O nome científico Bombus está tirado do latín vulgar, derivado do grego antigo βόμβος bómbos, "abesouro".[5]

Sinónimo

editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinonimo:[3]

  • Psithyrus Lepeletier, 1833

Especies

editar

O xénero conta con máis de 250 especies, divididas en 38 subxéneros.[6][7][8]

Especies europeas

editar

As especies presentes en Europa son:[9]

En Galicia

editar

Entre as especies que viven en Galicia está Bombus hortorum, o abellón das hortas, citada na mina de Meirama, que adoita construír os seus niños baixo o solo, onde viven até 120 individuos cunha raíña, que é a única que sobrevive ao inverno,[10] e Bombus pascuorum, citado en Bastavales, Brión.[Cómpre referencia]

Galería

editar
  1. abesouro no Dicionario da RAG,
  2. abellón, 2ª acep. no Dicionario da RAG. (Téñase en conta que tamén se lles chama abellóns aos machos da abella e aos abázcaros (Vespa crabro).
  3. 3,0 3,1 Bombus no GBIF. Consultado o 8 de xuño de 2022.
  4. Bombus na BioLib. Consultada o 8 de xuño de 2022.
  5. Bombus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
  6. Williams, Paul H. (1998): "An annotated checklist of bumble bees with an analysis of patterns of description". Bulletin of the Natural History Museum, Entomology Series 67: 79–152.
  7. Cameron S. A., Hines H. M. & Williams P. H.: "A comprehensive filogeny of the bumblee bees (Bombus)" Biological Journal of the Linnean Society 2007 91: 161–188.
  8. "Bombus". Hymenoptera Online Database. Consultado o 8 de maio de 2022. 
  9. Fauna europaea: Bombus. Consultada o 8 de xuño de 2022.
  10. Gas Natural Fenosa (2015): La biodiversidad en el lago de la mina de Meirama y su entorno Arquivado 08 de marzo de 2021 en Wayback Machine.. Madrid: Gas Natural Fenosa. ISBN 978-84-606-8367-4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Michener, C. D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore, Mariland: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • Buchmann, Stephen L. & Nabhan, Gary Paul (1996): The forgotten pollinators. Island Press, Washington DC, Covelo, CA ISBN 1-5596-3353-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Cassell Illustrated. ISBN 0-8160-5712-5.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar