Betty Grable

actriz, cantante e bailarina estadounidense

Elizabeth Ruth Gable, nada en St. Louis (Missouri) o 18 de decembro de 1916 e finada en Santa Monica o 2 de xullo de 1973, foi unha actriz, cantante e bailarina estadounidense, coñecida como Betty Gable.

Betty Grable
Nacemento18 de decembro de 1916
Lugar de nacementoSt. Louis
Falecemento2 de xullo de 1973
Lugar de falecementoSanta Monica
Causacancro de pulmón
SoterradaInglewood Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMary Institute and St. Louis Country Day School e Hollywood Professional School
Ocupacióncantante, bailarina, modelo, actriz de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz e coverperson
PaiJohn Conn Grable
NaiLillian Rose Hofman
CónxuxeHarry James e Jackie Coogan
Premiosstar on Hollywood Walk of Fame
Na rede
http://www.bettygrable.net
IMDB: nm0002107 Allocine: 3267 Rottentomatoes: celebrity/betty_grable Allmovie: p28037 20405 TV.com: people/betty-grable IBDB: 42727
Musicbrainz: f77585f0-453d-44c6-b33e-c694c15ed202 Discogs: 444105 Allmusic: mn0000759899 WikiTree: Grable-38 Find a Grave: 409 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa fotografía en traxe de baño, de costas e coa cabeza mirando por riba do seu ombro dereito, converteuna na pin-up girl número un na época da segunda guerra mundial. Posteriormente, foi incluída na listaxe das cen fotografías que cambiaron o mundo, elaborada pola revista Life.

Grable era moi coñecida polas súas pernas ben proporcionadas que exhibiu nos seus filmes musicais rodados en Technicolor para a 20th Century Fox e que o estudio asegurou por un millón de dólares cada unha coa aseguradora Lloyds de Londres nunha estratexia publicitaria.[1] Describindo a súa carreira, Grable dixo "convertinme en estrela por dúas razóns, e estou sobre elas".

Traxectoria editar

 
A célebre fotografía pin-up de Betty Grable (1943).

Primeiros anos editar

Grable era filla de John C. Grable (1883-1954), corretor de bolsa,[2] e de Lillian Rose Hofmann (1889-1964). Era a máis nova dos tres fillos da parella. Aínda que os seus antepasados directos eran estadounidenses, tiña ascendencia neerlandesa, irlandesa, alemá e inglesa. Foi orientada cara á interpretación pola súa nai, que insistía para que unha das súas fillas se convertese en estrela. No seu primeiro papel de corista, no filme Happy Days (1929), Grable só trece anos, idade inferior á legal para actuar, mais como o coro actuaba coa cara pintada de negro, era imposíbel coñecer a súa idade. A súa nai axiña lle deu un cambio de imaxe, tinxindo o seu pelo de cor loira platino.

Para o seu seguinte filme, a súa nai conseguiulle un contrato empregando unha identidade falsa. Cando se descubriu o engano, Grable foi despedida. Finalmete obtivo un papel como "Chica Goldwyn" en Whoopee! (1930), protagonizada por Eddie Cantor. Nese filme, Grable lideraba o número inicial, "Cowboys". Posteriormente, ao longo do resto da década, traballou en pequenos papeis para diferentes estudios, incluída The Gay Divorcee (1934), protagonizada por Fred Astaire e Ginger Rogers.

En 1937 rebelouse contra a súa nai e casou cun anteriormente famoso neno actor, Jackie Coogan. Non obstante, Coogan tiña problemas a causa dun preito contra os seus pais por mor dos seus ingresos e a parella divorciouse en 1939. Nesa época, e ao longo dos anos trinta, Grable fixo pequenas interpretacións nuns cincuenta filmes de Hollywood, ata que finalmente conseguiu certa notoriedade polo seu papel en Du Barry Was a Lady (1939), obra de Cole Porter representada en Broadway.

O mesmo ano en que se divorciou de Coogan, Grable obtivo un contrato con 20th Century Fox, converténdose na súa maior estrela e protagonizando filmes en Technicolor como Down Argentine Way (1940), Moon Over Miami (1941) (ambas xunto a Don Ameche), Springtime in The Rockies (1942), Coney Island (1943) con George Montgomery, Sweet Rosie O'Grady (1943) con Robert Young, Pin Up Girl (1944), Diamond Horseshoe (1945) con Dick Haymes, The Dolly Sisters (1945) con John Payne e June Haver, e o seu filme máis popular, Mother Wore Tights (1947), con Dan Dailey.

Foi durante o seu reinado como actriz máis comercial (1943) que Grable posou para a súa icónica fotografía de pin-up. Estaba colaborando co fotógrafo Frank Powolny para unha sesión regular de fotos para o estudio e tomáronse varias fotografías nun traxe de baño apertado dunha peza. Unha pose particular consistiu nas costas de Grable cara á cámara mentres ela sorría mirando sobre o seu ombro. A razón da pose era o feito de que Grable estaba embarazada de varios meses dos seu primeiro fillo.[3] A imaxe foi publicada como póster e converteuse na fotografía máis solicitada polos soldados enviados ao estranxeiro. A foto vendeu millóns de copias, superando en popularidade á célebre fotografía de Rita Hayworth de 1941. Grable foi sen discusión a moza pin-up número un para os soldados. A finais da década de 1940, Grable era a actriz mellor pagada de Hollywood.

Entre os seus musicais da posguerra destacan That Lady in Ermine, (1948) con Douglas Fairbanks Jr.; When My Baby Smiles at Me (1948), outra vez con Dailey; Wabash Avenue (1950) (remake de Coney Island), xunto a Victor Mature; My Blue Heaven (1950) e Meet Me After the Show (1951). O xefe do estudio, Darryl F. Zanuck, produciu para a súa principal estrela filmes de grande orzamento, manténdoa plenamente ocupada, tanto que en trece anos rodou uns vinte e cinco musicais. O último grande éxito de Grable para a Fox foi How to Marry a Millionaire (1953), xunto a Lauren Bacall e Marilyn Monroe.

En 1943, casou co trompetista de jazz Harry James. A parella tivo dúas fillas, Victoria e Jessica.[4] Tiveron un matrimonio problemático a causa das infidelidades e do alcoholismo, mais durou vinte e dous anos. Finalmente, divorciáronse en 1965. Posteriormente relacionouse co bailarín Bob Remick, 27 anos máis novo ca ela, co que permaneceu ata a morte dela en 1973.

Carreira posterior editar

A carreira final de Grable estivo marcada polas disputas cos executivos do estudo, que a facían traballar ata o esgotamento. Nun momento dado, en medio dunha discusión con Darryl F. Zanuck, ela tiroulle o seu contrato e saíu furiosa do despacho. De xeito gradual foi deixando o cinema, pasou á televisión e destacou en Las Vegas.[5]

Grable era republicana e apoiou a campaña presidencial de Dwight Eisenhower de 1952.[6]

Falecemento editar

Grable faleceu de cancro de pulmón aos 56 anos en Santa Monica, California.[7] O seu funeral tivo lugar dous días despois e a el asistiron o seu ex marido Harry James e as estrelas de Hollywood Dorothy Lamour, Shirley Booth, Mitzi Gaynor, Johnnie Ray, Don Ameche, Cesar Romero, George Raft, Alice Faye e Dan Dailey. "I Had the Craziest Dream", balada de Springtime in the Rockies, foi interpretada no órgano da igrexa. Foi enterrada no Cemiterio Inglewood Park en Inglewood, California.

Legado editar

Grable ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, no 6525 de Hollywood Boulevard. Tamén ten unha estrela no Paseo da Fama de St. Louis.[8]

A súa icónica imaxe pin-up foi nomeada pola revista Time como unha das cen fotografías máis influentes de todos os tempos.[9] Tamén foi incluída na listaxe das cen fotografías que cambiaron o mundo por Life.[10]

Filmografía editar

  • (1929) Happy Days
  • (1930) Let's Go Places
  • (1930) New Movietone Follies of 1930
  • (1930) Whoopee!
  • (1931) Kiki
  • (1931) Crashing Hollywood (curtametraxe)
  • (1931) Ex-Sweeties (curtametraxe)
  • (1931) Palmy Days
  • (1932) The Greeks Had a Word for Them
  • (1932) Lady, Please (curtametraxe)
  • (1932) Hollywood Luck (curtametraxe)
  • (1932) Probation
  • (1932) The Flirty Sleepwalker (curtametraxe)
  • (1932) Hollywood Lights (curtametraxe)
  • (1932) The Age of Consent
  • (1932) Hold 'Em Jail
  • (1932) Over the Counter (curtametraxe)
  • (1932) The Kid from Spain
  • (1933) Cavalcade
  • (1933) Child of Manhattan
  • (1933) Melody Cruise
  • (1933) What Price Innocence?
  • (1933) Sweetheart of Sigma Chi
  • (1933) Air Tonic (curtametraxe)
  • (1934) School for Romance (curtametraxe)
  • (1934) Hips, Hips, Hooray!
  • (1934) Love Detectives (curtametraxe)
  • (1934) Elmer Steps Out (curtametraxe)
  • (1934) Business is a Pleasure (curtametraxe)
  • (1934) Susie's Affairs (curtametraxe)
  • (1934) The Gay Divorcee
  • (1934) Student Tour
  • (1934) By Your Leave
  • (1935) The Spirit of 1976 (curtametraxe)
  • (1935) The Nitwits
  • (1935) A Night at the Biltmore Bowl (curtametraxe)
  • (1935) Drawing Rumors (curtametraxe)
  • (1935) Old Man Rhythm
  • (1935) A Quiet Fourth (curtametraxe)
  • (1936) Collegiate
  • (1936) Follow the Fleet
  • (1936) Sun-Kissed Stars at Palm Springs (curtametraxe)
  • (1936) Don't Turn 'em Loose
  • (1936) Pigskin Parade
  • (1937) This Way Please
  • (1937) Thrill of a Lifetime
  • (1938) College Swing
  • (1938) Give Me a Sailor
  • (1938) Campus Confessions
  • (1939) Man About Town
  • (1939) Million Dollar Legs
  • (1939) The Day the Bookies Wept
  • (1940) Down Argentine Way
  • (1940) Tin Pan Alley
  • (1941) Moon Over Miami
  • (1941) A Yank in the R.A.F.
  • (1941) I Wake Up Screaming
  • (1942) Song of the Islands
  • (1942) Footlight Serenade
  • (1942) Springtime in the Rockies
  • (1943) Coney Island
  • (1943) Sweet Rosie O'Grady
  • (1944) Four Jills in a Jeep
  • (1944) Pin Up Girl
  • (1945) Diamond Horseshoe
  • (1945) The All-Star Bond Rally (curtametraxe)
  • (1945) The Dolly Sisters (Las hermanas Dolly)
  • (1946) Do You Love Me (cameo)
  • (1947) The Shocking Miss Pilgrim
  • (1947) Mother Wore Tights
  • (1948) That Lady in Ermine
  • (1948) When My Baby Smiles at Me
  • (1949) The Beautiful Blonde from Bashful Bend
  • (1950) Wabash Avenue
  • (1950) My Blue Heaven
  • (1951) Call Me Mister
  • (1951) Meet Me After the Show
  • (1953) The Farmer Takes a Wife
  • (1953) How to Marry a Millionaire
  • (1955) Three for the Show
  • (1955) Screen Snapshots: Hollywood, Shower of Stars (curtametraxe)
  • (1955) How to Be Very, Very Popular

Notas editar

  1. Sonneborn, Liz (2014). A to Z of American Women in the Performing Arts. Infobase Publishing. p. 88. ISBN 978-1438107905. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  2. "American Home Front in World War II: Betty Grable". Encyclopedia.com. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  3. "Betty Grable's Famous Pin-up by Frank Powolny". Writely Expressed. 17 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  4. Jessica James
  5. "Betty Grable Dead At 56". Lawrence Daily Journal-World. 3 de xullo de 1973. Consultado o 22 de abril de 2018. 
  6. Motion Picture and Television Magazine, novembro de 1952, páxina 34, Ideal Publishers
  7. Ciment & Russell 2007, p. 602.
  8. "St. Louis Walk of Fame Inductees". St. Louis Walk of Fame. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2012. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  9. "Betty Grable Was Famous For Her Legs. Here's What She Thought About That". TIME. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  10. "100 Photographs That Changed the World". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ciment, James; Russell, Thaddeus, eds. (2007). The Home Front Encyclopedia: United States, Britain, and Canada in World War II 1. ABC-CLIO. ISBN 9781576078495. 

Ligazóns externas editar