Fred Astaire

bailarín e actor estadounidense

Frederick Austerlitz,[1] nado en Omaha (Nebrasca) o 10 de maio de 1899 e finado nos Ánxeles (California) o 22 de xuño de 1987, foi un bailarín e actor estadounidense, máis coñecido co nome de Fred Astaire.

Fred Astaire
Fred Astaire en You'll Never Get Rich (1941).
Nome completoFrederick Austerlitz Jr.
Alcume/outrosFred Astaire
Nacemento10 de maio de 1899
LugarOmaha, Nebrasca
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento22 de xuño de 1987 (88 anos)
LugarOs Ánxeles, California
Causapneumonía
SoterradoOakwood Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
PaiFritz Austerlitz
NaiAnn Astaire
Cónxuxe(s)Phyllis L. Potter (1933-1954)
Robyn Smith (1980-1987)
ProfesiónActor, cantante, coreógrafo e bailarín
Na rede
IMDB: nm0000001 Allocine: 1425 Rottentomatoes: celebrity/fred_astaire Allmovie: p80113 TCM: 6516 TV.com: people/fred-astaire IBDB: 30283
Spotify: 4BtDAwCZhR6nPrJtbVgQNX iTunes: 31614 Musicbrainz: 3ae3fa20-d295-467c-b59f-969376a28470 Discogs: 307440 Allmusic: mn0000796317 WikiTree: Austerlitz-2 Find a Grave: 1624 Deezer: 5491 Genius: Fred-astaire Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun emigrante austríaco, comezou a empregar o nome Astaire, coa súa irmán Adele, cando actuaba nun vodevil cando tiña cinco anos. A partir de 1917 el e a súa irmá apareceron en shows de Broadway, facéndose populares ata que en 1932 a súa irmá casa con Charles Cavendish, fillo do duque de Devonshire. Fred marcha a Hollywood, en 1933 actúa na película Flying Down to Rio (Voando a Río), con Ginger Rogers que tivo un grande éxito e fixo que actuasen xuntos noutras nove películas, converténdose nunha das parellas máis famosas do cine. Formou tamén parella cinematográfica con Eleanor Powell, Rita Hayworth, Judy Garland, Cyd Charisse e Audrey Hepburn. Retirouse en 1971, aínda que seguiu aparecendo esporadicamente en películas e series de televisión.

Filmografía editar

Notas editar

  1. Billman, Larry (1997). Fred Astaire: A Bio-bibliography. Connecticut: Greenwood Press. ISBN 0-313-29010-5. 

Véxase tamén editar