Abrir o menú principal

Cesar Romero

actor estadounidense

Cesar Julio Romero, Jr., nado en Nova York o 15 de febreiro de 1907 e finado en Santa Monica (California) o 1 de xaneiro de 1994 foi un actor, humorista e cantante estadounidense.

Cesar Romero
Cesar Romero 3 Allan Warren.jpg
Romero de 1973
Nome completoCesar Julio Romero, Jr.
Nacemento15 de febreiro de 1907
LugarNova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento1 de xaneiro de 1994 (86 anos)
LugarSanta Monica (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
Causainfarto agudo do miocárdio
SoterradoInglewood Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enCollegiate School
ProfesiónActor, humorista e cantante
(1933-1992)
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Romero naceu en Nova York, fillo de Cesar Julio Romero, Sr.[1] e de María Mantilla (filla de José Martí). A súa familia perdeu o seu negocio de importación de azucre trala caída da bolsa en 1929 e as ganancias de Romero en Hollywood permitiron saír adiante á súa familia, que o seguiu ata a costa oeste.

A altura de Romero deulle especialmente papeis de Latin lover entre as décadas de 1930 e 1950, ademais de interpretar malvados, como en The Thin Man, con William Powell. En 1947 interpretou a Hernán Cortés en Captain from Castile, de Henry King.

Desde mediados da década de 1950 traballou tamén na televisión. Entre 1966 e 1968 interpretou a The Joker na serie Batman e entre 1985 e 1987 participou en Falcon Crest.

Finou de bronquite e pneumonía aos 86 anos.

FilmografíaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar