Abrir o menú principal

Bernardo Barreiro

historiador, xornalista e poeta galego

Bernardo Barreiro de Vázquez Varela[1], nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, foi un historiador, xornalista e poeta galego.

Bernardo Barreiro
Nacemento20 de xaneiro de 1850
 Santiago de Compostela
Falecemento27 de novembro de 1904
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, historiador e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no Arquivo de Simancas. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina, onde redactou os estatutos do Centro Galego de Bos Aires e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.

Os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática (1882-1889), no que publica distintos traballos sobre a Inquisición en Galicia. Foi redactor de La Ilustración Gallega y Asturiana e colaborou en El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e El Diario de Santiago.

Unha rúa de Santiago ten o seu nome, ó carón do IES do Sar.

ObrasEditar

EnsaioEditar

  • Las leyendas de María. Colección histórico-arqueológica de bellas artes, costumbres, antigüedades, tradiciones y santuarios de Galicia (Santiago de Compostela, 1872)
  • Efemérides de Galicia (1877)
  • Testimonio de la capitalidad de Galicia (Santiago, 1882)
  • Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago. Verdaderos nombres etimológicos de sus calles, noticias de todos los siglos, curiosidades dignas de la atencion del viagero (Santiago, 1885)
  • Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano (A Coruña, 1885). Existe tradución ao galego.[2]
  • Los blasones de Galicia: cartas a los Centros Gallegos de América y a sus revistas oficiales (Santiago, 1886)
  • Una audiencia en el Tribunal del Santo Oficio de Santiago (Santiago, 1888)

ArtigosEditar

Os seguintes textos foron publicados na revista Galicia Diplomática, que dirixía:

  • Información sobre la entrada de los turcos en Cangas y el daño que hicieron (Ms. inédito perteneciente al Excmo. Ayuntamiento de Santiago). Memorial de muertos, cautivos, casas y haciendas que se quemaron y robaron (nº 7, 12, 29, 46 e 92, 1883).
  • Archivo de la Inquisición en Galicia. Apuntes sobre bibliografía y lecturas prohibidas desde 1800 a 1819 (nº 13 a 19, 1883).
  • Restablecimiento del Tribunal del Santo Oficio en Santiago (nº 16, 1883).
  • Inquisición en Galicia. Las casas primitivas del Santo Oficio en Santiago (nº 35, 1983).
  • Archivos secretos. Adiciones y notas a una lista de Inquisidores de Galicia desde el establecimiento del Santo Oficio en Santiago hasta el año de 1700 (nº 20 a 26, 1888).
  • Archivos secretos del Tribunal de la Inquisición de Galicia. Proceso contra el Alcaide Juan de Quiroga (nº 23, 1889).

PoesíaEditar

  • O desterro (Camiño de Portugal), 1879.

InéditosEditar

Sábese que ó morrer tiña moi adiantados outros dous traballos: un estudo titulado Archivos secretos de la Inquisición de Galicia, León y Asturias. Historia diplomática de este Tribunal Apostólico desde su establecimiento hasta su abolición, e unha novela titulada Los judíos de Ribadavia, sobre os sucesos acaecidos nesta localidade entre 1606 e 1610 ó redor do xuízo a varios veciños, xudeus conversos, acusados de manter os seus rituais en segredo [3].

NotasEditar

  1. Asinaba como Bernardo Barreiro de W, unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.
  2. "Superticións: bruxos e astrólogos e Libro de San Cibrán". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-27. 
  3. Desta novela publicáronse dous capítulos (Pontevedra, 1885).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Barreiro de W., Bernardo: Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, Toxosoutos, Noia 2008. Prólogo de Clodio González Pérez.

Ligazóns externasEditar