Berengario I de Italia

Berengario de Friúl, nado en Cividale del Friuli en 845 e finado en Verona o 7 de abril de 924, foi Marqués de Friuli (874-890 / 896), rei de Italia (como Berengario I, 887-924) e emperador (915-924).

Modelo:BiografíaBerengario I de Italia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Berengario
(la) Berengarius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 840 Editar o valor en Wikidata
Cividale del Friuli, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 924 Editar o valor en Wikidata (74/84 anos)
Verona (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
decembro de 915 – 7 de abril de 924
← Lois III o Cego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador de occidente (915–924)
Rei de Italia (902–922)
Rei de Italia (898–900)
Rei de Italia (888–889) Editar o valor en Wikidata
FamiliaUnruochings (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBertila of Spoleto
Anne de Provence Editar o valor en Wikidata
FillosGisela of Friuli
 () Bertila of Spoleto
Bertha, Abbess of Santa Giulia in Brescia
 () Bertila of Spoleto Editar o valor en Wikidata
PaisEberardo de Friúl Editar o valor en Wikidata  e Xisela Editar o valor en Wikidata
IrmánsIngeltrud
Adelardo
Unroch III de Friúl
Heilwise of Friuli Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Friuli-35

Traxectoria

editar

Familia

editar
 
Berengario de Friül

Terceiro fillo de Eberardo e da princesa Xisela, filla do emperador Lois o Piadoso, era irmán de Unroch III de Friúl. Era de ascendencia carolinxia por parte da nai. O seu nome en latín é Berengarius ou Perngarius e en italiano Berengario. Probabelmente naceu en Friúl. Berengario casou con Bertilla, filla de Suppón II de Spoleto e tiveron dúas fillas:

Marqués de Friúl

editar

Cando o seu irmán Unroch de Friúl morreu no 874, Berengario foi nomeado para sucedelo como marqués de Friúl. Deste xeito ocupou un lugar clave no imperio carolinxio, xa que a marca estaba lindando cos croatas e cos eslavos, que eran unha ameaza constante para a península italiana. Berengario converteuse nunha importante canle entre os habitantes de Friúl e o Emperador e para que este puidese exercer a súa autoridade sobre o territorio. Incluso tivo influencia na igrexa de Friúl. En 884 participou xunto co emperador na elección de Haimo como bispo de Belluno.

Cando o emperador Lois II, que era tamén rei de Italia, morreu en 875, acordando con Lois o Xermánico que o había suceder Carlos o Calvo, rei de Francia occidental e fillo máis vello de Carlomagno, invadiu a Península e coroouse como rei de Italia e emperador. Lois o Xermánico enviou a Carlos III o Gordo, o seu fillo máis novo, e despois a Carlomagno, á fronte de nutridos exércitos de nobres italianos dirixidos por Berengario, para intentar recuperar o reino de Italia. Non o conseguiron ata a deposición de Carlos III o Gordo no 877. Parece que a proximidade entre a marca de Friúl e Baviera, que estaba gobernada por Carlomagno baixo a tutela do seu pai, facilitou a cooperación.

No 883, Guido III, ascendido recentemente a duque de Spoleto, foi acusado de traizón nun sínodo imperial celebrado en Nonantula a finais de maio. Despois volveu ao ducado de Spoleto e fixo alianza cos sarracenos. Carlos III o Gordo, xa emperador, enviou a Berengario cun exército para tomar o ducado. Berengario tivo éxito ata que unha epidemia que golpeou toda Italia o obrigou a se retirar.

No 886, Liutbardo, bispo de Vercelli, trouxo a Xisela, irmá de Berengario, do convento das monxas de San Salvatore en Brescia e casouna cunha parente súa; Non se sabe se por forza ou co consentimento do convento e do emperador. Isto provocou a ira de Berengario, que atacou Vercelli e saqueou os dominios do bispo. Liutbardo e Berengario reconciliáronse pouco despois.

Debido ás loitas con Liutbardo, Berengario perdera o favor do seu curmán, o emperador. Berengario asistiu á asemblea imperial celebrada en Waiblingen a principios de maio de 887 e alí se reconciliou co emperador que o recompensou con grandes agasallos polos servizos prestados anos atrás. En xuño ou xullo, Berengario volveu estar xunto ao emperador en Kirchen, cando adoptou a Lois da Provenza como fillo. Dise que quizais Berengario aspiraba a ser declarado herdeiro de Carlos, e que de feito se converteu en rei de Italia inmediatamente despois de que Carlos fose deposto polos nobres de Francia Oriental en novembro do 887.

Rei de Italia

editar
 
Territorio de Berengario I en 898.

Despois da deposición de Carlos III o Gordo, Berengario foi o único gobernante xunto con Arnulfo de Carintia, que o depuxera, en ascender a rei antes da morte do emperador. Hai textos que datan o comezo do seu reinado en Pavia entre o 26 de decembro de 887 e o 2 de xaneiro de 888. Dende o principio, Berengario tivo que loitar con numerosos rivais para preservar o reino. Con Guido de Spoleto, aspirante ao trono, acordou unha distribución dos territorios. Despois da morte do emperador, Guido quedaría coa Francia occidental e Berengario con Italia. Os dous rivais estaban relacionados cos emperadores carolinxios por vía materna, pero representaban faccións diferentes dentro da política italiana: Berengario era pro-xermánico e Guido era pro-francés.

No verán do 888, Guido, fracasado no intento de apoderarse do trono de Francia occidental, volveu a Italia e reuniu un exército formado por espoletanos e longobardos e opúxose a Berengario. Enfrontáronse nunha batalla preto de Brescia que supuxo unha pequena vitoria para Berengario, pero as súas forzas estaban tan debilitadas que tivo que solicitar unha tregua. A tregua duraría ata o 6 de xaneiro do 889.

Despois da tregua, Arnulfo de Carintia enviou tropas para invadir Italia a través de Friúl. Berengario, para evitar a guerra, enviou embaixadores a reunirse con Arnulfo. Entón el mesmo reuniuse con Arnulfo en Trento un día entre novembro e Nadal. Arnulfo permitiu a Berengario conservar o Reino de Italia a cambio de que fose o seu vasalo e de darlle a Arnulfo as vilas de Navus e Sagus. O exército volveu a Alemaña, pero Arnulfo quedou a pasar o Nadal en Friúl.

A comezos do 889, Guido contraatacou e derrotou a Berengario na batalla de Trebia e coroouse rei de Italia. Aínda que fora expulsado do trono, Berengario mantivo a súa autoridade na marca de Friúl. Aínda que o papa Estevo V apoiaba as aspiracións ao trono de Italia por Guido, cando morreu Carlos o Gordo, retiroulle o seu apoio e púxose do lado de Arnulfo. Arnulfo, pola súa banda, era partidario de Berengario e dise que forxou unha alianza con Lois da Provenza, Carlos III de Francia e Berengario contra Guido e Rodolfo da Alta Borgoña.

No 893, Arnulfo enviou ao seu fillo Zwentibold (fillo ilexítimo) a Italia. Este atopouse con Berengario e xuntos lanzaron unha ofensiva que arrinconou a Guido en Pavia. Parece que Guido os subornou e perderon a oportunidade de derrotalo definitivamente. No 894, Arnulfo dirixiu un novo ataque contra Guido e xunto con Berengario derrotouno en Bérgamo e tomou o control de Pavia e Milán. Berengario marchou a Toscana co exército de Arnulfo, cando de súpeto o deixou e regresou a Lombardía. O rumor estendeuse de que se virara contra o rei e de que regresara de Toscana levando con el a Adalberto II de Toscana. Non se sabe se o rumor era certo ou non, pero Berengario foi deposto de Friúl e substituído por Walfredo, o máximo ministro de Berengario, pero Walfredo morreu pronto e o trono quedou vacante.

Arnulfo, que foi coroado emperador polo papa Formoso I, deixou Italia baixo o seu fillo Ratoldo, pero pronto volveu a Alemaña polo lago de Como, deixando a Italia baixo o control de Berengario, que fixo un pacto con Lambert o, fillo e sucesor de Guido III de Spoleto. Berengario e Lamberto reuníronse en Pavia e acordaron dividir o reino. Berengario recibiría a parte oriental delimitada polos ríos Adda e Po. Segundo o cronista Liutprando de Cremona, desde entón os italianos sempre sufriron baixo dous monarcas. Para garantir o cumprimento do acordo, Lamberto prometeu casar con Xisela, filla de Berengario.

A paz non durou demasiado. Berengario reuniu un exército e avanzou cara a Pavia, pero Lamberto derrotouno en Borgo San Donnino e caeu prisioneiro. Poucos días despois, o 15 de outubro do 898, morreu Lamberto. Berengario mantívose libre e tomou o control de todo o reino e volveuse o único rei.

En 899, os húngaros atacaron por primeira vez Italia. Berengario reuniu un grande exército para expulsalos. Rexeitou un armisticio dos húngaros coa intención de expulsalos por completo. O 24 de setembro de 899, o seu exército foi tomado por sorpresa e derrotado preto do río Brenta.

 
Territorio de Berengario I en 915

Este fracaso prexudicou o prestixio de Berengario como líder fronte á nobreza italiana, o que provocou que apoiasen a outro candidato ao trono, Lois da Provenza. No 900, Lois foi a Italia e derrotou a Berengario, sendo coroado emperador polo papa Bieito IV ao ano seguinte. No 902, Berengario devolveu o golpe e derrotou a Lois, obrigándoo a xurar que nunca máis volvería a Italia. Cando Lois rompeu o xuramento no 905 invadindo a península de novo, Berengario derrotouno en Verona e capturouno e ordenou que o cegasen o 21 de xullo. Lois volveu á Provenza e seguiu gobernando durante vinte anos como Lois o Cego. Deste xeito o reinado de Berengario consolidouse e gobernou sen oposición, agás un breve período, ata o 922. Estableceu a súa capital en Verona, cidade que ordenou fortificar. Durante os anos en que Lois era unha ameaza, Bertilla, a súa muller, sobriña da Emperatriz Empelberga, xogou un papel importante na lexitimación do seu reinado.

No 904, Bérgamo sufriu un forte asedio por húngaros. Unha vez levantado o asedio, Berengario concedeulle ao bispo o privilexio de construír muros. Deste xeito, o bispo pasou a ser unha especie de conde da cidade.

Emperador

editar

En xaneiro de 915, o papa Xoán X intentou establecer unha alianza entre Berengario e os nobres italianos coa esperanza de enfrontarse á ameaza dos sarracenos no sur de Italia. Berengario non foi quen de enviar tropas, pero despois da batalla de Garigliano, onde foron derrotados os sarracenos, Xoán X coroou a Berengario emperador en Roma o mesmo mes de decembro dese mesmo ano. Berengario tivo que volver inmediatamente ao norte, onde Friúl aínda estaba baixo a ameaza dos húngaros.

Como emperador, Berengario quixo intervir en asuntos fóra do reino de Italia. Mesmo participou nunha elección episcopal da diocese de Lieja. Tras a morte do bispo Estevo en 920, Herman I, arcebispo de Colonia, que representaba os intereses xermánicos no Ducado de Lotarinxia, intentou impor ao seu candidato, Hilduíno, como sucesor. Opúxose Carlos III de Francia, que convenceu ao papa Xoán X para axcomungar a Hilduíno. Naquel momento, Richer, outro monxe, foi elixido co apoio do Papa e do emperador.

Nos seus últimos anos de reinado, a súa muller foi acusada de infidelidade, unha posición bastante común naqueles tempos contra as mulleres dos reis que estaban en declive. Foi envelenada e Berengario casou de novo con Ana, filla de Lois o Cego e posibelmente neta de León VI, o emperador bizantino. O seu matrimonio foi un intento de Lois de facer prosperar aos seus descendentes e de Berengario para lexitimar o seu reinado cun matrimonio coa casa de Lotario, que gobernara Italia por dereito hereditario desde 817 .

En 915, Berta, filla máis vella de Berengario, converteuse en abadesa de San Salvatore de Brescia. En 917, Berengario concedeulle ao mosteiro o privilexio de construír fortificacións. Adalberto de Ivrea, que estivera casado con Xisela, filla de Berengario, ata a súa morte, fora un dos principais rivais internos tras o fracasado intento de Lois da Provenza de apoderarse do reino. Entre os anos 917 e 920, pediu axuda a Hugo de Arlés para depoñer a Berengario, ofrecéndolle o trono. Hugo invadiu Italia xunto a seu irmán Bosón, avanzando ata Pavia, onde Berengario os derrotou e someteu. Porén, permitiulles abandonar Italia libremente.

Descontentos co emperador, que cesara a súa política de privilexios e alianzas entre as familias a favor do pago a mercenarios húngaros, algúns nobres italianos, dirixidos por Adalberto e moitos bispos, ofreceron o trono a Rodolfo II da Alta Borgoña. o ano 921. Mesmo Berengario de Ivrea, neto do emperador, se sublevou incitado por Rodolfo. Entón, Berengario retirouse a Verona e permitiu ás súas tropas, formadas por húngaros, saquear o país. Xoán, bispo de Pavia, entregoulle a cidade a Rodolfo ao 922 e foi saqueado polos húngaros. O 29 de xullo de 923, as tropas de Rodolfo, Adalberto e Berengario de Ivrea atopáronse coas de Berengario preto de Piacenza e derrotáronas na batalla de Fiorenzuola. A batalla foi decisiva e Berengario foi destronado de facto e substituído por Rodolfo. Pouco despois Berengario morreu asasinado por un dos seus propios homes, probabelmente instigado por Rodolfo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Arnaldi, Girolamo. "Berengario I, duca-marchese del Friuli, re d'Italia, imperatore" Dizionario Biografico degli Italiani 9. Rome: Istituto dell'Enciclopedia Italiana, 1967.
  • "Berengar." (2007). Encyclopædia Britannica. Consultado o 14 de maio de 2007.
  • Daris, Joseph. Histoire du Diocèse et de la Principalité de Liège: depuis leur origine jusqu'au XIIIe siècle, Volume 1. Éditions Culture et Civilisation, 1980.
  • Llewellyn, Peter. Rome in the Dark Ages. Londres: Faber and Faber, 1970. ISBN 0-571-08972-0.
  • MacLean, Simon. Kingship and Politics in the Late Ninth Century: Charles the Fat and the end of the Carolingian Empire. Cambridge University Press: 2003.
  • Previté-Orton, C. W. "Italy and Provence, 900–950." The English Historical Review, Vol. 32, No. 127. (Jul., 1917), pp 335–347.
  • Reuter, Timothy (trans.) The Annals of Fulda. (Manchester Medieval series, Ninth-Century Histories, Volume II.) Manchester: Manchester University Press, 1992.
  • Reuter, Timothy. Germany in the Early Middle Ages 800–1056. Nova York: Longman, 1991.
  • Rosenwein, Barbara H. "The Family Politics of Berengar I, King of Italy (888–924)." Speculum, Vol. 71, No. 2. (Apr., 1996), pp 247–289.
  • Tabacco, Giovanni. The Struggle for Power in Medieval Italy: Structures and Political Rule. (Cambridge Medieval Textbooks.) Cambridge: Cambridge University Press, 1989.
  • Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400–1000. MacMillan Press: 1981.