Barbara Hendricks

Barbara Hendricks, nada en Stephens (Arcansas) o 20 de novembro de 1948 é unha soprano e cantante de concertos estadounidense. Hendricks vive en Europa dende 1977 e en Basilea (Suíza) dende 1985. É cidadá sueca tralo seu matrimonio cun cidadán dese país.[1]

Infotaula de personaBarbara Hendricks

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Stephens, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaArcansas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Suecia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nebraska-Lincoln (pt) Traducir
Escola Juilliard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , cantante de ópera , músico de jazz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJazz, Ópera e Swing Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua francesa e lingua sueca Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeUlf Englund (en) Traducir (2003–)
Martin Engstroem (1977–1998), divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbarbarahendricks.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0376706 Allocine: 8403 Allmovie: p31726
Facebook: 20629036027 Twitter: BH_officiel Youtube: UCNpbE7CtjJvMwCRlYYdtrEA Spotify: 3NkCIDMU5HgFAyVLVdCWgE Musicbrainz: 21b3c493-68fd-4d56-bd93-bed911d21de5 Songkick: 59289 Discogs: 832655 Allmusic: mn0000215176 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Hendricks naceu en Stephens, unha pequena aldea do condado de Ouachita, en Arcansas. Segundo crecía, cantaba e tomaba leccións de voz e adoitaba recibir peticións para cantar sós.[2] Graduouse na Universidade de Nebrasca - Lincoln cun grao en matemáticas e química aos vinte anos. Asistiu ao Aspen Music Festival and School[2] e despois á escola Juilliard de música en Nova York, onde estudou coa mezzo-soprano Jennie Tourel e participou en clases maxistrais da soprano Maria Callas. Graduouse cun grao en música.

Carreira musical editar

En 1974, Hendricks debutou profesionalmente en Europa no Festival Glyndebourne e nos Estados Unidos na ópera de San Francisco. Durante a súa carreira, apareceu nas principais óperas do mundo, incluídas a Opéra National de Paris, a Metropolitan Opera, a Royal Opera House, o Covent Garden, e La Scala. En 1998 interpretou a Liù na histórica interpretación de Turandot na Cidade Prohibida de Pequín. Hendricks interpretou máis de vinte papeis, doce dos cales foron gravados.

Hendricks apareceu no papel de Mimì en La bohème,[3] e en 1995 cantou o papel de Anne Truelove no filme sueco Rucklarens väg, adaptación da ópera de Stravinsky The Rake's Progress.[4] En 2007, apareceu no filme Disengagement de Amos Gitai protagonizado por Juliette Binoche.[5] Tamén gravou Das Lied von der Erde, de Mahler, tema principal do filme.

Hendricks tamén interpreta música de jazz e debutou no Montreux Jazz Festival en 1994. Dende esa época, actuou nos principais festivais de jazz do mundo. Hendricks tamén é coñecida polo seu interese na música de cámara e organizou numerosos festivais deste tipo de música.

En 2004, no Théâtre du Châtelet de París, creou a personaxe de Angel na estrea mundial da ópera de Péter Eötvös Angels in America, baseada na obra de Tony Kushner.

En xaneiro de 2006, abandonou EMI, e creou o novo selo Arte Verum para a que grava en exclusiva.

En 2018, Hendricks cantou "La Marseillaise" co coro do exército francés na cerimonia de enterramento de Simone Veil no Panteón.

Obra humanitaria editar

 
José van Dam e Barbara Hendricks, Bruxelas 2006

Dende 2000, Hendricks é membro do consello da Foundation for the Refugee Education Trust (RET). A RET está dedicada á educación posterior á primaria dos mozos refuxiados en todo o mundo.

En 1991 e 1993 Hendricks deu dous concertos nas cidades de Dubrovnik e Saraxevo na antiga Iugoslavia. Actuou en Saraxevo co coro da ópera da cidade e o músico de jazz Sinan Alimanović. En 1998 fundou a Fundación Barbara Hendricks para a Paz e a Reconciliación, que procura facilitar a reconciliación nos lugares onde ocorreron conflitos.

En 2001 actuou na cerimonia de entrega dos premios Nobel en Oslo convidada polo Nobel da Paz Kofi Annan. En maio de 2002, actuou na cerimonia do día da independencia de Timor Leste.

Premios editar

En 1986, Hendricks foi nomeada comandante da Ordre des Arts et des Lettres; en 1992 recibiu o rango de cabaleira da Légion d'honneur.[1] En 2000, foille outorgado o Premio Príncipe de Asturias das Artes.[6] En 2001, Hendricks recibiu o premio do Lions Clubs International polo traballo na súa fundación. En 2015 recibiu o título de doutora honoris causa en Belas Artes pola Universidade de Nebraska-Lincoln.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biography". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Olson, Elizabeth (24 de marzo de 1998). "Arts Abroad; Living 'Normally,' for Opera, Refugees and 2 Children". The New York Times. ISSN 0362-4331. 
  3. "Acta do Xurado". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 13 de xullo de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar