Banda de Música Municipal de Valga

banda de música

A Banda de Música Municipal de Valga é unha banda de música do concello de Valga, Pontevedra.

Banda de Música Municipal de Valga (BMMV)
BMMV interpretando Pan y Toros de Francisco Asenjo Barbieri no Certame Internacional "Villa de Dosbarrios" en xullo do 2014.
Orixe Valga, España
Período1999 - Actualidade
Xénero(s)Música Sinfónica, Música para bandas, Música clásica, Música popular, Música tradicional
Na rede
Sitio Web Oficial da Banda de Música Municipal de Valga
Facebook da Banda de Música Municipal de Valga

Fixo a súa presentación oficial no 1999 no I Festival Letras Galegas[1] de dito municipio. Dende os comezos da agrupación o seu director é Manuel Villar Touceda[2][3]

Trátase dunha das bandas de música máis novas e con maior éxito de crítica, feito que lle valeu para posteriormente participar en numerosos festivais nacionais e internacionais, así como para conseguir numerosos premios en diferentes certames de bandas de música populares.

Historia editar

 
A Banda de Música Municipal de Valga en concerto en Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A Banda de Música Municipal de Valga[4] parte dunha base: forte, dinámica e en continua expansión como é a Escola de Música Municipal de Valga.[5] Dita Escola foi inaugurada no 1996 como único centro deste tipo na zona, que contou xa dende o principio con máis de 50 alumnos que grazas ao traballo de 2 profesores formáronse nos primeiros rudimentos da práctica musical.

Esta experiencia moi pronto deu os seus primeiros froitos e en 1999 o número de alumnos que acudían as súas clases, ascendera a 130 ao igual que o dos profesores, 15 para as máis variadas especialidades musicais. De forma paralela a este desenvolvemento, fóronse poñendo en marcha outras actividades: agrupación coral, grupo de vento-madeira, grupo de vento-metal, grupo de percusión, grupo Orff, Big Band e Big Band infantil], e como maior actividade, a Banda de Música, a cal, co paso do tempo promoveu a creación da Banda de Música Xuvenil e da Banda de Música Infantil de Valga onde se forman os futuros músicos desta agrupación. Na actualidade, a Escola continúa a súa expansión, en especial entre os máis pequenos, desenvolvendo clases para alumnos a partir dos 2 anos.

O concerto de presentación da Banda de Música Municipal de Valga, tivo lugar no I Festival Letras Galegas do ano 1999 celebrado en Valga cun grande éxito de crítica que posteriormente a levou a participar en numerosos festivais e concertos por toda a xeografía nacional e internacional: Luarca, León, Zamora, Palencia, Segovia, Tarragona, Madridejos (Toledo), Getxo (País Vasco), Troviscal, Estarreja, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira, en Portugal, e Madrid o cal foi un dos concertos máis importantes xa que actuaron no Quiosco da Música do Parque do Retiro dentro do ciclo de concertos da Banda Sinfónica Municipal de Madrid, Bandas al fresco.[6][7]

Actividades editar

 
A Banda de Música Municipal de Valga nun concerto popular da festa da Virxe do Carme en Pontecesures

A banda de música organiza anual e mensualmente diferentes actividades culturais como concertos de todo tipo, ademais das súas actuacións en intercambios culturais e festas populares.[8]

Campamento musical editar

Entre as súas actividades anuais, destaca o Campamento Musical celebrado todos os veráns desde o ano 1999 nos máis diversos lugares da xeografía nacional e internacional: Allariz, Portomarín, Luarca, León, Zamora, Palencia, Segovia, Tortosa, Badaxoz, Alcalá de Henares, Bilbao, Viana do Castelo (Portugal), Vila Nova de Cerveira (Portugal), Madrid, Ourense e Oviedo.

Música coas nosas bandas editar

Outra actividade mensual é a organización do ciclo Música coas nosas bandas que xa conta coa súa IV edición, e que mes tras mes programa un concerto dalgunha das mellores bandas de música galegas no Auditorio Municipal de Valga.[9]

Música nas igrexas editar

Unha das súas actividades mensuais que realiza xunto coa colaboración do Concello de Valga é o ciclo de música de cámara, Música nas igrexas que tamén xa conta coa súa IV edición e programa pequenos concertos nas igrexas e capelas do concello tódolos meses.

Directores invitados editar

Dende o ano 2009 desenvólvese anualmente un programa de concertos baixo a batuta de directores invitados. A banda foi dirixida polos directores:

  • Xosé Carlos Seráns Olveira (2009).
  • Javier Morgade Dobaño (2010).
  • David Fiuza Souto (2011).
  • Fernando Rodrigo Serral (2012).
  • Carlos Cabaleiro López (2013).
  • Adriana Tanus e Carles Lorente (ambos no ano 2014).
  • Alberto Arribas García (2015).
  • Diego Fortes (2016).
  • Pere Molina (2017).

Asociación Cultural Musival editar

O 27 de marzo de 2002 naceu no concello de Valga a Asociación Cultural Musival,[10] como elemento dinamizador e organizador de todas as actividades culturais. Grazas ás contribucións dos seus asociados numerarios e colaboradores (máis de 300), promove a música e outras actividades afíns dentro do Concello de Valga e na súa contorna máis próxima.

Discografía editar

A Banda de Música Municipal de Valga tamén conta con produción musical, xa que gravou dous discos ata o 2011.

Premios e recoñecementos editar

 
A Banda de Música Municipal de Valga no XIII Certame de Bandas de Música Deputación de Pontevedra
Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra
  • 2005 3º Premio na 3ª Sección do V Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2006 2º Premio na 3ª Sección do VI Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2007 1º Premio e Mención de Honra na 2ª Sección do VII Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2009 3º Premio na 1ª Sección do IX Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2010 2º Premio na 1ª Sección do X Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2011 2º Premio na 1ª Sección do XI Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2012 2º Premio na 1ª Sección do XII Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.[11]
  • 2014 3º Premio na 1ª Sección do XII Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia
  • 2007 1º Premio na 2ª Sección do I Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.[12]
  • 2008 3º Premio na 1ª Sección do II Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
  • 2009 1º Premio na 1ª Sección do III Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.[13]
  • 2010 3º Premio na 1ª Sección do IV Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
 
A Banda de Música Municipal de Valga no VII Certame Galego de Bandas de Música Populares
  • 2010 Premio á Mellor Interpretación de Obra de Temática Galega na 1ª Sección do IV Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
  • 2011 3º Premio na 1ª Sección do V Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
  • 2012 2º Premio na 1ª Sección do VI Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
  • 2013 3º Premio na 1ª Sección do VII Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
  • 2015 3º Premio na 1ª Sección do IX Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
  • 2015 Premio á Mellor Interpretación de Obra de Temática Galega na 1ª Sección do IX Certame Galego de Bandas de Música Populares, Xunta de Galicia.
Certame Zonal de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra
  • 2008 2º Premio na 1ª Sección do I Certame Zonal de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2009 1º Premio na 1ª Sección do II Certame Zonal de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
  • 2010 1º Premio na 1ª Sección do III Certame Zonal de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra.
Certame Nacional de Bandas Villa de Magallón (Aragón)
  • 2006 3º Premio no I Certame Nacional de Bandas de Música Villa de Magallón

Tamén cómpre mencionar a participación no IX Certame Internacional de Bandas de Música de Aranda de Duero no ano 2007 e no VII Certame de Bandas de Música Vila de Dosbarrios[14] no ano 2014.

Diploma de Honra e Medalla Corporativa ao Mérito Cultural concedido pola Fundación Luso-Galaica en Oporto, o 19 de xullo de 2014

Notas editar

  1. Barros, Paula: «Dende Valga a Arxentina» Arquivado 14 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en páxina 6 e 7 da revista del Diario Pontevedra, 3 de xaneiro do 2010. Consultado o 04-12-2014.
  2. Banda de Música Municipal de Valga:«Banda de Música Municipal de Valga» Arquivado 05 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en Banda de Música Municipal de Valga: Director. Consultado o 03-12-2014.
  3. Barros, Paula: «Dende Valga a Arxentina» Arquivado 14 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en páxina 7 da revista do Diario Pontevedra, 3 de xaneiro do 2010. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  4. Banda de Música Municipal de Valga:«Banda de Música Municipal de Valga» Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en Banda de Música Municipal de Valga. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  5. Concello de Valga, Escola de Música Municipal de Valga:«Escola de Música Municipal de Valga» Arquivado 09 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en Concello de Valga, 26 de setembro de 2008. Consultado o 3 de decembro de 2014.
  6. Concello de Madrid, notas de prensa da área de Medios de Comunicación:«Noticias: Ciclo de concertos no Quiosco do Retiro, Bandas ao fresco» en Concello de Madrid, 16 de maio de 2014. Consultado o 3 de decembro de 2014.
  7. Europa Press: «A Banda Sinfónica Municipal ofrece o terceiro concerto de 'Bandas ao fresco'» en Europa Press, 31 de maio de 2014. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  8. Galicia para o Mundo: «La Banda de Música de Valga» Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine. en Galicia para o Mundo. Consultado o 04-12-2014.
  9. Ayuntamiento de Valga, programación Auditorio Municipal:«PROGRAMACIÓN Auditorio Municipal» Arquivado 09 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en Concello de Valga, 1 de decembro de 2014. Consultado o 3 de decembro de 2014.
  10. Banda de Música Municipal de Valga:«Banda de Música Municipal de Valga» Arquivado 17 de agosto de 2015 en Wayback Machine. en Banda de Música Municipal de Valga: Musival. Consultado o 04-12-2014.
  11. Redacción Diario de Arousa: «La Banda de Valga se leva el tercer premio en el Certame Provincial celebrado ayer en Vilagarcía» en Diario de Arousa, 19 de outubro de 2014. Consultado o 04-12-2014.
  12. Federación Galega de Bandas de Música Populares:[1] Arquivado 28 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. en Certame Galego, Ano 2007, Premios Federación Galega de Bandas de Música Populares. Consultado el 04-12-2014.
  13. Federación Galega de Bandas de Música Populares:[2] Arquivado 28 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. en Certame Galego, Ano 2009, Premios Federación Galega de Bandas de Música Populares. Consultado el 04-12-2014.
  14. Certame de Bandas de Música Vila de Dosbarrios [3] Arquivado 11 de setembro de 2014 en Wayback Machine. en páxina 3 Certame de Bandas de Música Vila de Dosbarrios. Consultado o 04-12-2014.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar