Azolla pinnata

especie de planta

Azolla pinnata

Azolla pinnata flotando en auga en Antananarivo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Salviniaceae
Xénero: Azolla
Especie: A. pinnata
Nome binomial
Azolla pinnata
R.Br., 1810
Subespecies
Véxase o texto

Azolla caroliniana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, un dos sete comprendidos no xénero Azolla.[2]

É un pequeno fieito acuático flotante orixinario do sueste asiático e da África oriental. Posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno.

Convive frecuentemente con lentellas de auga, outras plantas acuáticas flotantes pertencentes ao xénro Lemna, da familia das aráceas.

Como outras salviniáceas é unha planta invasora.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1810 polo médico, cirurxián e botánico escocés Robert Brown, na súa obra Prodromus florae Novae Hollandiae et Insulae van Diemen: 167.[3][4]

Etimoloxía

editar

Para a do xénero, véxase Azolla.

O epíteto específico, pinnata, á a forma feminina singular do adxectivo latíno pinnātus, -a, -um, "alada", "provista de aletas", de pinna, "á", en referencia aquí aos folíolos das frondes.[5]

Nota taxonómica

editar

Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[6][7] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[8] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das .

Subespecies

editar

Na especie recoñécense as tres subespecies seguintes:[3]

  • Azolla pinnata subsp. africana (Desv.) R.M.K.Saunders & K.Fowler
  • Azolla pinnata subsp. asiatica R.M.K.Saunders & K.Fowler
  • Azolla pinnata subsp. pinnata R.Br.

Características

editar

Azolla pinnata ten un aparello vexetativo que lle permite flotar na superficie da auga a través dunha rede de raíces en forma de fío. Na auga doce estancada quentada polo sol do verán, esta planta forman núcleos de poboación que, ao xerminaren, se expanden e crecen até cubrir todo un corpo de auga. Poden formar unha alfombra de un ou dous centímetros de grosor que non deixa pasar a luz. Son entón causantes de anoxia (falta case total de oxíxeno nun tecido ou nas células dun organismo).

Hábitat e distribución

editar

Azolla pinnata áchase nun amplo abano de hábitats, incluíndo pantanos de papiros, en ríos lentos e en campos de arroz descoidados, así como en solos húmidos e bancos de area nos ríos, charcas e lagoas e os seus arredores.[1]

É común nas rexións tropicais do mundo, e colonizou moitas zonas de todos os continentes, incluída Australia.

Encóntrase en África e en Madagascar, na India, no sueste asiático, na China, o Xapón e Malaisia.[1]

Cando está presente en gran cantidae é unha das causas posíbleis da eutrofización.

Azolla pinnata alberga como simbionte nas súas frondes unha cianobacteria do xénero Anabaena (A. azollae) que fixa para ela nitróxeno. Por iso foi utilizada (e aínda hoxe se utiliza) como fertilizante verde nos cultivos de arroz.[9][10].

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Gupta, A. K. & Beentje, H. J. (2018): Azolla pinnata na Lista vermella da UICN Versión 2021-1. Consultada o 28 de marzo de 2021.
  2. Azolla Lam. en World Flora Online. Consultada o 28 de marzo de 2021.
  3. 3,0 3,1 Azolla pinnata R.Br. no GBIF. Consultado o 28 de marzo de 2021.
  4. Azolla pinnata R. Br. en World Flora Online. Consultada o 28 de marzo de 2021.
  5. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3.
  6. Salviniales Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine. no ITIS. Consultado o 28 de marzo de 2021.
  7. Azollaceae en floravascular.com
  8. Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS.
  9. Azolla’s uses en The Azolla Foundation.
  10. Thomas A. Lumpkin & Donald L. Plucknett (1980): "Azolla: Botany, physiology, and use as a green manure". Economic Botany 34: 111–153.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • C. van Hove & A. Lejeune (2002): "The AzollaAnabaena Symbiosis". Biology and Environnment, en Proceedings of The Royal Irish Academy 102B (1): 23–26. (Texto competo en PDF).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar