Flora invasora de Galicia

(Redirección desde «Planta invasora»)

A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).

A carriza da Pampa, ornamental invasora en Galicia, Alvedro, A Coruña.

Certas especies vexetais teñen un comportamento invasor nas localidades de introdución, sendo máis susceptíbeis os hábitats alterados ou degradados, como por exemplo en terreos despois dos lumes. O principal problema a nivel ecolóxico é a perda de diversidade autóctona. Os casos máis soados en Galicia son o do eucalipto na costa e o da mimosa no sur do país, especialmente na Comarca do Ribeiro en Ourense.[Cómpre referencia]

O control e erradicación é custoso e non sempre posible. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización. Considéranse medios mecánicos, biolóxicos e químicos.

A introdución das especies é polo xeral recente. Algunhas árbores coma o castiñeiro pénsase que foron introducidas polos romanos hai uns 2000 anos, porén non pode considerarse daniña nin invasora, malia terse naturalizado. O mesmo ocorre co piñeiro bravo, quizais introducido dende Portugal no século XVIII. A verdadeira flora invasora introdúcese a partir de finais do século XIX e especialmente coas reforestacións masivas efectuadas durante o franquismo. Deste xeito entraron en Galicia, eucaliptos, robinias e acacias. A mimosa plantouse para fixar os noiros do camiño de ferro. Recentemente estanse a espallar outras especies como a árbore do ceo (plantada como ornamental), a carriza da Pampa (plantada como ornamental nas autoestradas galegas) ou a herba do coitelo ou uña de gato (plantada nas praias).[Cómpre referencia]

Listaxe de plantas invasoras en Galicia

editar

A seguir dáse unha relación das especies foráneas introducidas polo home e distribuídas en Galicia:

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 2,26 2,27 2,28 2,29 2,30 2,31 2,32 2,33 2,34 Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
  3. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  4. Chasmante spp
  5. Chasmante spp
  6. Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  7. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
  8. "Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras." (PDF). Boletín Oficial do Estado. Suplemento en lingua galega ao núm. 185. Consultado o 08/03/2017. 
  9. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  10. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar