Conyza canadensis

especie de planta

Conyza canadensis (sinónimo Erigerum canadensis), é unha especie de planta con flor, herbácea da familia Asteraceae, nativa de Norteamérica, aínda que xa está estendida polos cinco continentes. En Galicia está catalogada como especie invasora.[1]

Descrición

editar

É unha planta herbácea anual que mide 3-18 dm de altura. O seu talo é fráxil e de cor verde, acanalado e erecto moi ramificado, con follas lanceoladas e agudas. As inflorescencias agrupadas en acios de capítulos florais numerosos e hemisféricos, formando unha panícula compacta e alargada.

 
 
 
Ilustración.

Propiedades

editar

Taxonomía

editar

Conyza canadensis foi descrita por (L.) Cronquist e publicada en Bulletin of the Torrey Botanical Club 70(6): 632. 1943.[2]

Etimoloxía

Conyza: nome xenérico que deriva do grego konops = "pulga", ou konis = "po", referíndose ao po da planta seca que se utiliza para repeler insectos non desexados.

canadensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización no Canadá.[3]

Sinonimia
  • Aster canadensis (L.) E.H.L. Krause
  • Caenotus canadensis (L.) Raf.
  • Caenotus pusillus (Nutt.) Raf.
  • Conyza canadensis var. glabrata (A. Gray) Cronquist
  • Conyzella canadensis (L.) Rupr.
  • Erigeron canadense var. pusillus (Nutt.) B.Boivin
  • Erigeron canadensis L.
  • Erigeron canadensis f. coloratus Fassett
  • Erigeron canadensis var. glabratus A.Gray
  • Erigeron canadensis var. grandiflorus Schwein.
  • Erigeron canadensis var. levis Makino
  • Erigeron canadensis var. strictus Farw.
  • Erigeron myriocephalus Rech.f. & Edelb.
  • Erigeron setiferus Post ex Boiss.
  • Erigeron strictus DC.
  • Leptilon canadense (L.) Britton & A.Br.
  • Leptilon pusillum (Nutt.) Britton
  • Marsea canadensis (L.) V.M.Badillo
  • Senecio ciliatus Walter
  • Trimorpha canadensis (L.) Lindm.
  • Erigeron pusillus Nutt. [1818]
  • Tessenia canadensis (L.) Bubani [1899]
  • Inula canadensis (L.) Bernh. [1800]
  • Erigeron ruderalis Salisb. [1796]
  • Erigeron paniculatus Lam. [1779]
  1. Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
  2. "Conyza canadensis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  3. En Nombre Botánicos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar