Salviniáceas

familia de plantas
(Redirección desde «Salviniaceae»)
Salviniáceas
Salviniaceae

Salvinia natans
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Salviniaceae
Martinov, 1820
Xéneros
Véxase o texto

A das salviniáceas (Salviniaceae) é unha familia de pteridófitas (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, unha das dúas integradas na orde das salviniales[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1820 polo botánico ruso Iván Martínov, nun traballo publicado en Tekhno-Bot. Slovar. 559.[1][2]

Xéneros editar

A familia comprede os dous xéneros seguintes:[1]

Características editar

As principais características das salviniáceas son:[1]

  • Son plantas acuáticas pequenas e flotantes. Os seus talos son rastreiros, ramificados, con pelos pero sen verdadeiras raíces. As frondes (follas) están reunidas en verticilos de 3, con 2 follas verdes, sésiles ou curtamente pecioladas, planas, enteiras e flotantes, e unha folla finamente disecada, peciolada, semellante á raíz e pendente.
  • As follas mergulladas levan soros rodeados dun indusio membranoso fixado á base (esporocarpo). Os esporocarpos son de 2 tipos, cuns poucos megasporanxios (aproximadamente 10), cada un cunha macróspora única, e moitos microsporanxios, cada un con 64 micrósporas. As esporas son, pois, de dous tipos e tamaños, ambas globosas.
  • Os megagametófitos e os microgametófitos están adheridos á parede do esporanxio; os megagametófitos saen da parede e flotan na superficie da auga co arquegonio dirixido cara a abaixo; os microgametófitos permanecen fixados á parede do esporanxio.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Salviniales Link en Word Fora Online. Consultado o 19 de marzo de 2021.
  2. Salviniaceae Martinov, Tekhno-Bot. Slovar 559 (1820) no IPNI.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar