Indusio
O indusio é unha superficie membranosa ou pelosa presente nos fieitos que recobre os esporanxios[1]. A súa misión é protexer aos esporanxios das condicións ambientais desfavorables mentres as esporas non maduran. Unha vez que a formación das esporas rematou permiten a liberación das mesmas.
Xeralmente a forma do indusio é laminar, aínda que cada xénero pode ter a súa morfoloxía propia, podendo ter forma lanceolada, lineal, tubular, de ril... [2][3] No que respecta á orixe do indusio, esta é epidérmica.
Notas
editar- ↑ http://www.definicion.org/indusio Arquivado 05 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Ficha (en castelán)
- ↑ http://www.alrfoto.com/glosario/indusio.php Arquivado 14 de abril de 2009 en Wayback Machine. Ficha (en castelán)
- ↑ http://www.mobot.org/mobot/tropicos/meso/Glossary/G682.html Ficha (en castelán)