Asociación de Equipos de Fórmula Un
A Asociación de Equipos de Fórmula Un (FOTA) é un grupo de equipos de Fórmula Un que se formou nunha reunión en Maranello o 29 de xullo de 2008.[1] Esta organización dá aos equipos unha soa voz nas súas conversacións coa FIA e Formula One Group sobre o futuro da Fórmula Un. Está dirixida polo director do equipo McLaren Martin Whitmarsh, que foi nomeado en decembro de 2009.[2] A primeira tarefa da FOTA era negociar os termos do novo Acordo da Concordia, o contrato comercial que rexe o campionato.
Asociación de Equipos de Fórmula Un | |
---|---|
Tipo | asociación |
Deporte | automobilismo |
Data de fundación | 2008 |
Data de disolución | 28 de febreiro de 2014 |
Presidente/a | Martin Whitmarsh (pt) (-) |
Sede | Maranello |
Na rede | |
http://www.teamsassociation.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O grupo tamén discutirá a proposta da FIA para os regulamentos da Fórmula Un para a tempada de Fórmula Un 2011. O director do equipo Mercedes GP, Ross Brawn, ofreceu os seus servizos para coordinar esta actividade.
Orzamento Cap Row
editarEn maio de 2009, os equipos da FOTA anunciaron a súa intención de non inscribirse no campionato de 2010 ata que a FIA modificara as regulacións propostas. A FOTA non estaba de acordo con varias das propostas, a maioría dos contenciosos eran pola introdución dun límite orzamentario de 40 millóns de £. Coa data límite 29 de maio achégandose os equipos Williams e Force India rompen filas, presentando as súas solicitudes para o ano 2010 e son suspendidos rapidamente da FOTA.[3][4] Tras longas discusións, na tarde do 18 de xuño de 2009, a FOTA anunciou a ruptura coa F1 creando a serie "Gran Premio do Campionato do Mundo" . Os equipos WilliamsF1 e Force India non participarían na serie paralela debido á súa obrigación contractual coa FIA.[5] Con todo, o 24 de xuño de 2009, a FOTA chegou a un acordo coa FIA para as regras da tempada 2010 e abandonaron os seus plans para a ruptura da serie.[6]
As partes foron capaces de asinar un novo Acordo da Concordia, de acordo ás restricións de recursos e as novas regulacións deportivas e técnicas para a tempada 2010 nunha reunión da FIA World Motor Sport Council o 31 de xullo de 2009. Todos os equipos da FOTA asinaron o novo Acordo da Concordia agás de BMW Sauber, que anunciara a súa retirada do deporte a finais de 2009, dous días antes..[7]
O 9 de setembro de 2009 a FOTA celebrou unha reunión en Monza e readmitiron Williams e Force India como membros de pleno dereito.[8] O 26 de novembro de 2009 confirmouse que os dous últimos "novos" equipos uníanse á FOTA,,[9] significa que os 12 equipos participantes na tempada 2010 eran membros da organización. En decembro de 2010, Hispania Racing deixou a organización. Un portavoz do citado equipo alegou a política da asociación a favor dos equipos máis grandes como a razón para a súa saída do equipo.[10] Con todo, o secretario xeral da FOTA, Simone Perillo, dixo que o equipo fora expulsado debido a que non pagara a súa cota anual de 2010 de 100.000 euros.[11] Red Bull Racing, Scuderia Ferrari[12] e Sauber saíron da FOTA a principios de decembro de 2011.
Equipos
editarA asociación, dirixida polo xefe de McLaren, Martin Whitmarsh, componse dos seguintes equipos:[13]
Nome | Nacionalidade | Base |
---|---|---|
Force India | India | Silverstone, Reino Unido |
Lotus | Malaisia | Hingham, Reino Unido |
McLaren | Reino Unido | Woking, Reino Unido |
Mercedes | Alemaña | Brackley, Reino Unido |
Lotus Renault GP | Reino Unido | Enstone, Reino Unido |
Toro Rosso | Italia | Faenza, Italia |
Virgin | Rusia | Dinnington, Reino Unido |
Williams | Reino Unido | Grove, Reino Unido |
Non Membros que corren na Fórmula 1 | ||
Scuderia Ferrari [14] | Italia | Maranello, Italia |
Red Bull Racing [14] | Austria | Milton Keynes, Reino Unido |
HRT | España | Murcia, España |
Sauber [15] | Suíza | Hinwil, Suíza |
Notas
editar- ↑ "Formation of FOTA". grandprix.com. Consultado o 2008-07-31.
- ↑ "Whitmarsh heads FOTA". grandprix.com. Consultado o 2008-07-31.
- ↑ Strang, Simon (2009-05-27). "Williams team suspended by FOTA". autosport.com (Haymarket Publishing). Consultado o 2009-05-27.
- ↑ "F1 stars back teams in budget row". BBC. 2009-06-07. Consultado o 2009-06-08.
- ↑ "FOTA teams to launch breakaway series". autosport.com. 2009-06-18.
- ↑ http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8116756.stm F1 resolution found, says Mosley
- ↑ Beer, Matt (2009-08-01). "New Concorde Agreement finally signed". autosport.com. Haymarket Publications. Consultado o 2009-08-02.
- ↑ http://www.teamsassociation.org/press-release/2009-09-09/press-release-monza Arquivado 12 de setembro de 2009 en Wayback Machine. Press Release | Formula One Teams Association
- ↑ Noble, Jonathan (2009-11-26). "Lotus, Manor get FOTA membership". autosport.com. Haymarket Publications. Consultado o 2010-06-24.
- ↑ "Hispania no longer a member of FOTA". thef1times.com (The F1 Times). 2011-01-08. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2012. Consultado o 2011-01-08.
- ↑ Noble, Jonathan; Lostia, Michele (2011-01-10). "HRT confirms FOTA split". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2011-01-10.
- ↑ "Ferrari and Red Bull leave Fota". BBC. 2 December 2011. Consultado o 4 December 2011.
- ↑ "FOTA Teams". teamsassociation.org. Consultado o 2010-01-08.
- ↑ 14,0 14,1 http://www.autosport.com/news/report.php/id/96614
- ↑ http://www.autosport.com/news/report.php/id/96685