Arciprestado de Faro

O arciprestado de Faro é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 6 parroquias do concello da Coruña.[1]

División eclesiástica de Galicia en 2008.

Historia editar

 
Arciprestado de Faro no mapa do arcebispado de Santiago de 1825.
  Límites arciprestais.
  Límites provinciais.

Recibe o nome polo antigo arciprestado de Faro, que se estendía polos actuais concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.[2]

En 1959, mediante decreto de 30 de novembro do cardeal Quiroga, ficou reducido a 16 parroquias (dúas do municipio arteixán e o resto do coruñés): Santa María e Santiago, San Xurxo, San Nicolao, Santa Lucía, San Pedro de Mezonzo, Santa María de Oza, San Vicenzo de Elviña, San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma, San Tomé Apóstolo, San Xosé, Santa Margarida, San Rosendo, Nosa Señora do Carme, Santa María de Pastoriza e San Tirso de Oseiro.[3]

En 1979 segregáronse del os arciprestados de Catro Camiños, Monelos e Riazor,[4] e as freguesías de Pastoriza e Oseiro pasaron para o arciprestado de Laracha.[3]

Parroquias editar

As 6 parroquias do arciprestado son Santa María e Santiago, San Xurxo, San Nicolao, San Tomé (establecida en 1942),[5] San Xosé (establecida en 1954)[6] e María Auxiliadora (establecida en 1977).[7]

Arciprestes de Faro editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Arciprestazgo de Faro | Parroquias". Archicompostela (en castelán). 
  2. O Camiño Inglés. Arquivado 2022-05-25 en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 García Cortés, Carlos (2001). La parroquia coruñesa de San Jorge. Historia de una institución y de una comunidad (en castelán). A Coruña: Parroquia de San Xurxo. pp. 41–42. ISBN 84-607-2409-3. 
  4. García Cortés, Carlos (18 de marzo de 2019). "Organización eclesial de la ciudad coruñesa". Barca de Santiago (en castelán). 
  5. Rivas, Enrique (6 de abril de 2013). "La nueva iglesia parroquial de Santo Tomás de La Coruña". Somos.vicencianos.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  6. Historia
  7. Iglesia conventual (Salesianos) y parroquial de María Auxiliadora
  8. "Entierro de D. José Castro Chané". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2018. Consultado o 07 de novembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar