Arciprestado de Riazor
O Arciprestado de Riazor foi un arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertencía á vigairía da Coruña[1] e abranguía 23 parroquias dos concellos da Coruña e Arteixo. Recibe o nome polo barrio e a praia de Riazor.
O ano 2009 incorporáronse ao arciprestado as parroquias do concello de Arteixo que pertencían ao antigo arciprestado de Laracha.[2]
ParroquiasEditar
As parroquias do arciprestado son:
- 11 no concello da Coruña: San Pedro de Visma, Santa Margarida (creada en 1954),[3] San Pío X (creada en 1966),[4] Santo Antonio (creada en 1966),[5] San Francisco Xabier (creada en 1976),[6] San Francisco de Asís (creada en 1977),[7] San Miguel Arcanxo (creada en 1977),[8] Nosa Señora do Socorro (creada en 1977),[3] O Nadal do Señor (creada en 1979),[9] Nosa Señora do Pilar (creada en 1988)[3] e Nosa Señora dos Rosales (creada en 2008).[10]
- 12 no concello de Arteixo: San Pedro de Armentón, Santiago de Arteixo, San Xián de Barrañán, Santaia de Chamín, Santa Mariña de Lañas, Santo Estevo de Larín, Santa María de Loureda, San Tomé de Monteagudo, Santo Estevo de Morás, San Tirso de Oseiro, San Pedro de Sorrizo e Santa María de Pastoriza. Esta última inclúe a antiga parroquia de San Martiño de Suevos, que foi suprimida.[11]
Galería de imaxesEditar
Arciprestados da arquidiocese de Santiago de CompostelaEditar
Arciprestados da Arquidiocese de Santiago de Compostela | |
---|---|
Alvedro | Amaía | Arousa | Bama | Barbeiros | Barcala | Bergantiños | Bezoucos | Céltigos | Cerveiro | Dubra | Duio | Entíns | Ferreiros | Iria Flavia | O Lérez | Montes | Morrazo | Nemancos | Ordes | Posmarcos de Abaixo | Posmarcos de Arriba | Pruzos | Ribadumia | O Salnés | Sobrado | Soneira | Tabeirós | Ulla | Umia | Xanrozo | Xiro da Cidade | Xiro da Rocha |
NotasEditar
- ↑ "Organización territorial". Archicompostela (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ Parroquias de Ares, Lubre, Cervás e Limodre
- ↑ 3,0 3,1 3,2 García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4.
- ↑ Las monjas de las Esclavas se marcharán en verano
- ↑ Charlas por los 50 años de la parroquia de San Antonio
- ↑ Parroquia de San Francisco Javier
- ↑ "Historia". Parroquia de San Francisco de Asís (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ Archivo de la parroquia de San Miguel Arcángel de A Coruña
- ↑ Archivo de la parroquia de la Natividad del Señor de A Coruña
- ↑ La parroquia de Nuestra Señora de Los Rosales celebra su aniversario con un ciclo de charlas
- ↑ "Pastoriza, Santa María". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externasEditar
- Buscador de parroquias da arquidiocese de Santiago de Compostela.