Chamín, Arteixo
Santaia de Chamín[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 442 habitantes (224 mulleres e 218 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 458 habitantes.
Chamín | |
---|---|
![]() Fachada da igrexa parroquial de Santaia. | |
![]() | |
Concello | Arteixo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′36″N 8°33′58″O / 43.2933, -8.5661Coordenadas: 43°17′36″N 8°33′58″O / 43.2933, -8.5661 |
Poboación | 442 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
No Campamento Costeiro do Reiro realizáronse escavacións que deron a coñecer unha comunidade mesolítica (10 000 - 5000 a. C.). O sitio presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha. Tamén hai algúns restos orgánicos (cervos, xabarís ou vértebras de peixes...).
Da Idade de Ferro é o castro do Petón. A igrexa de Santaia de Chamín é de estilo románico.
FestasEditar
As festas patronais celébranse o 10 de decembro en Santaia. Amais celébrase o San Brais en febreiro e o San Xoán o 24 de xuño.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ChamínEditar
Lugares da parroquia de Chamín no concello de Arteixo (A Coruña) | |
---|---|
A Braña | A Brea | Chamín de Abaixo | Chamín de Arriba | Chamín do Medio | Espadanoso | Fente | O Igrexario | Margarida | A Ponte | Santaia de Abaixo | Santaia de Arriba | A Sartaña | Vioño |