Arciprestado de Catro Camiños

O arciprestado de Catro Camiños é un dos arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 7 parroquias do concello da Coruña.[1] Foi creado en 1979 a partir do antigo arciprestado de Faro.[2] Recibe o nome do barrio do centro da cidade.

División eclesiástica de Galicia en 2008.

Parroquias

editar

As 7 parroquias do arciprestado son Santa Lucía (creada en 1890),[3] San Pedro de Mezonzo (creada en 1930),[4][5] San Rosendo (creada en 1951),[6] San Bieito, San Luís Gonzaga (ambas creadas en 1976),[7] Divina Pastora (creada en 1977)[8] e San Paulo (creada tamén en 1977).[9]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar