Antonio Roura

sacerdote galego


Antonio Roura Lenguas, nado na Coruña o 11 de xuño de 1937[1][2][3] e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 2016,[1][3] foi un sacerdote católico latino galego.

Infotaula de personaAntonio Roura
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 2016 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Párroco
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina e Igrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade de San Tomé de Aquino Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano Editar o valor em Wikidata
Membro de

Traxectoria editar

Estudou na Grande Obra de Atocha, onde coñeceu a Baltasar Pardal Vidal.[1][2] Entrou no seminario de Santiago de Compostela en 1957, e foi ordenado sacerdote o 4 de agosto de 1963 polo bispo auxiliar Miguel Novoa Fuente na igrexa de San Martiño Pinario.[3][4] En 1966 doutorouse en Socioloxía relixiosa en Roma pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino,[1][2][3] e á súa volta á Coruña foi nomeado coadxutor da parroquia de San Xurxo.[2][3] Durante a década de 1970 participou no Concilio Pastoral de Galicia.[2]

O 23 de xaneiro de 1975 foi nomeado párroco;[2] como párroco de San Xurxo, levou a cabo diversas restauracións no templo, no que desenvolveu unha ampla labor de formación relixiosa entre os seus fregueses.[1][2] Tamén participou na fundación da Confraría da Paixón do Señor e de Nosa Señora do Maior Dor.[1] Foi tamén durante un tempo administrador das parroquias de Coirós e Orro.[1][2][3] Entre 1996 e 2010 foi arcipreste de Faro.[3]

Foi membro da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, vinculada ao Opus Dei.[1]

O seu funeral foi presidido polo bispo auxiliar Jesús Fernández.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Sánchez Lado, Víctor Manuel (21 de xuño de 2016). "Antonio Roura Lenguas, párroco en A Coruña". Pastoral Santiago (Arquidiocese de Santiago de Compostela). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2020. Consultado o 2/11/2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 García, Nicolás (21 de xuño de 2016). "El sacerdote que se gastó y desgastó por la Iglesia". La Voz de Galicia. Consultado o 2/111/2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Sacerdotes fallecidos" (PDF). Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago (3.720): 45. xuño de 2016. 
  4. Outras fontes din que foi ordenado polo cardeal Fernando Quiroga Palacios; porén, o Boletín oficial do Arcebispado cita ao bispo auxiliar.