Coirós, Coirós
parroquia civil do concello de Coirós
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Coirós.
San Xulián de Coirós[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 512 habitantes (257 mulleres e 255 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 423 habitantes.
Coirós | |
---|---|
![]() Igrexa de San Xulián de Coirós. | |
Concello | Coirós[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 512 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Coa reforma parroquial da diocese de Santiago de 1867, foille anexada parte da antiga parroquia da Espenuca.[2] Con todo, esta mudanza non se manifestou nos nomenclátores até o ano 1910.[3]
CulturaEditar
TopónimoEditar
Coirós é un topónimo prerromano, que xorde antes do século III, e que se refire á pedra ou a un alto rochoso.[4]
PatrimonioEditar
- Igrexa de San Xulián de Coirós, de estilo románico de finais do século XII, a fachada principal foi reconstruída no século XVIII. No exterior destacan os contrafortes e as seteiras.
- Cruceiro de Coirós de Arriba.
- Capela da Espenuca
- Cruceiro da Espenuca.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Coirós, Coirós.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CoirósEditar
Lugares da parroquia de Coirós no concello coruñés de Coirós | |
---|---|
A Casela | A Espenuca | Coirós de Abaixo | Coirós de Arriba | Meixonfrío | O Bullo | Os Chás |
Parroquias de CoirósEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. p. 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 07 de decembro de 2020.
- ↑ Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 56. ISBN 978-84-605-3156-2.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2005). "San Xiao de Coirós". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (19).