Colantres, Coirós
San Salvador de Colantres[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (147 mulleres e 142 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.
Colantres | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Colantres. | |
Concello | Coirós[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°15′47″N 8°10′25″O / 43.2631, -8.1735 |
Poboación | 289 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cultura
editarTopónimo
editarColantres barállase que sexa un antropónimo latino, mais do cal se descoñece o significado.[2]
Patrimonio
editarIgrexa de San Salvador de Colantres, de estilo románico do século XII.
Etnografía
editarColantres na cultura popular
editarExiste unha curiosa lenda sobre a etimoloxía do topónimo Collantres. Cóntase que a Sagrada Familia ía andando por Galicia cara Betanzos. Como estaban cansos, pararon á sombra dunhas árbores a descansar, e entre elas había algunhas maceiras. Pero o Meniño tiña sede e San Xosé non atopou ningunha fonte. Achegouse unha velliña que lle dixo que, a falta de auga, ben podía coller unhas mazás. San Xosé colleu unha, para o Meniño, pero a vella insisteu: Collan tres, collan tres, unha para cada un. E de aí colleu o nome o lugar.
Outros
editarNunha casa de turismo rural local gravouse a serie de Televisión de Galicia Casa Manola.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
Lugares e parroquias
editarLugares de Colantres
editarLugares da parroquia de Colantres no concello coruñés de Coirós | |
---|---|
Parroquias de Coirós
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2006). "San Salvador de Colantres" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (21): 23–24.
- Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo, s.v. Etimoloxía.