Antonio Seijas

ilustrador español

Antonio Seijas Cruz, nado en Ares, o 19 de xullo de 1976, é un historiador da arte, ilustrador, deseñador, fotógrafo, pintor e autor de banda deseñada galego.

Infotaula de personaAntonio Seijas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Ares, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración e historieta Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónilustrador , artista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX4689165 Musicbrainz: e6819b78-4073-4db2-935b-0bfd92b8d0bc Tebeosfera: seijas_cruz_antonioEditar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998), iniciou o seu traballo coa caricatura, publicada en revistas galegas como Golfiño[1] e Murguía.[2]

O seu primeiro traballo de ilustración publicouse en 2006 co título Un Hombre Feliz, [3] con prefacio de Miguelanxo Prado . En outubro de 2012 adaptou o libro Cartas de inverno do autor Agustín Fernández Paz.[4] La Luz é o seu terceiro traballo, estreado en marzo de 2014, e gañador do mellor traballo de banda deseñada de España.[5] Foi o ilustrador da obra Miña querida Sherezade escrita por Andrea Maceiras, gañadora do Premio Moira en 2014 [6] e do libro Castañeiro de Abril, de Antonio Fraga.[7] O Soño da Serpe é a súa primeira novela, con acontecementos centrados na súa terra natal. O libro é apto para público xuvenil e adulto.[8]No ámbito musical, realizou o traballo artístico do disco Happiness Is the Road da banda Marillion . Colaborou no álbum Demon, da banda norueguesa Gazpacho, e ilustrou álbums das bandas Discanto, Harvest, The Wishing Tree, Nine Stones Close, John Jowitt´s arK, 50hz e The Dave.

En 2020 gañou o premio á mellor novela gráfica, coa obra A Chaira[9], unha obra especialmente ambiciosa na que dialogan abertamente tres das grandes vocacións de Seijas: a literatura, o debuxo e o deseño do propio libro como obra artística.

Ilustracións

editar

Os seus cómics formaron parte de varias exposicións en festivais. Creou logotipos para as marcas de música da David Lynch Foundation Music. O seu traballo aparece en diferentes iniciativas solidarias, como 4 Canciones de hambre y esperanza e Canción para un niño en la calle, campaña na que colaborou e conta con artistas como Steve Hogarth, Loquillo, Rebeldes, Lesli, Pep Sala ou Jorge Lorenzo.[10]

 
Antonio Seijas co seu debuxo relacionado co disco "Fireworker" da banda Gazpacho.

A serie de televisión La que se avecina[11] conta con catro obras do ilustrador. Durante os episodios móstranse como parte da escenografía.

Colaboracións e ilustracións

editar
  • Revista Golfiño, número 67, 2003
  • Revista Na Vangarda, números 1 e 2, 2004
  • Fanzine das Xornadas, número 13, 2006
  • Colección Crepúsculo, números 14 e 47, 2007
  • Libro homenaxe a Joan Manuel Serrat, 2008
  • Sorrisos e boa Colleita, número 1, 2008
  • Amar unha serea, 2010, Galaxia. Ilustrador.
  • Todo ben - Manuel Rivas, 2010[13], Xerais. Ilustrador.
  • A casiña do chocolate, 2011
  • Words and music: Excursion in the art of rock fandom - Michael Bowdery, 2011[14]
  • Cartas de inverno, 2012
  • The Balloon Race, 2012
  • O corazón de Xúpiter - Ledicia Costas, 2012[15]
  • Trampa de Luz - Agustín Agra, 2012[16]
  • Mere Mystery - Stace hartung, 2012[17]
  • O castañeiro de abril, 2013
  • Nubes de evolución - Andrea Maceiras, 2013[18]
  • Mediomedo, 2013
  • La Oruga en el Bosque Creciente, 2014
  • La oruga en el bosque creciente, 2014
  • Miña querida Sherezade, 2015
  • Amar unha serea, 2016
  • Miguel tiene un museo, 2017
  • Onde vai Carlos?, 2017
  • Doces cartas a María Victoria Moreno, 2018
  • María Victoria, Terra adiante - 2018
  • O soño da serpe, 2019
  • A auga, o dragón e o salgueiro chorón - 2019
  • O gato verde de La Casa de la Troya - 2019
  • La voz de los muertos - 2019
  • A Chaira - La Llanura - 2019
  • A boneca de cristal, 2021[19]
  • Poderoso -Sérgio Klein[20]

Libros

editar

Traballo como ilustrador - Álbums musicais [23]

editar
  • Firebird (Gazpacho), 2005
  • Night (Gazpacho), 2007
  • Happiness Is The Road (Marillion), 2008
  • Ostara (The Wishing Tree), 2009
  • Tick Tock (Gazpacho), 2009
  • 4 Canciones de hambre y esperanza, 2009
  • Canción para un niño en la calle, 2009
  • Happiness Is Cologne (Marillion), 2009
  • Underground Community (Harvest), 2009
  • Gravity (The Dave), 2010
  • Live in Montreal Saturday (Marillion), 2010
  • Wild Untamed Imaginings (Ark), 2010
  • Missa Atropos (Gazpacho), 2011
  • Live in Montreal Sunday (Marillion), 2011
  • Neverland (Banda tributo a Marillion), 2011
  • March of Ghosts (Gazpacho), 2012
  • Music That Changes The World (Vários), 2012
  • Sounds That Can't Be Made (Marillion), 2012
  • One Eye On The Sunrise (Nine Stones Close), 2012
  • Chasing Time (Harvest), 2012
  • Between Air And Wing (Steve Merlin), 2012
  • Demon (Gazpacho), 2014
  • Northern Wind (Harvest), 2014
  • Beyond The Seventh Wave (Silhouette), 2014
  • Molok (Gazpacho), 2015
  • Leaves (Nine Stones Close), 2016
  • Traces 10th Anniversary Edition (Nine Stones Close), 2016
  • Complicated (Nine Stones Close), 2016
  • The World is Flat (Silhouette), 2017
  • Absorption Lines (Jet Black Sea), 2017
  • Soyuz (Gazpacho), 2018
  • Fireworker (Gazpacho), 2020
  • Tokyo Rain (The Wimshurst's Machine + Corrado Rossi)
  • Nine Stone Close (One Eye On The Sunrise)
  • London (Banda Gazpacho)

Premios

editar
  • 2º posto no concurso da revista cultural Desafío, 1994
  • Premiado no VII Certame de Debuxantes da VII Bienal de Caricatura de Ourense, 2004
  • Finalista no concurso de banda deseñada da Xunta de Galicia, 2004
  • 2º posto no concurso de banda deseñada de O Alfaiate, na páxina web Empuje.net, 2005
  • 1º posto no concurso de banda deseñada Ciudad de Dos Hermanas, 2005
  • 3º posto no concurso de banda deseñada Mari Puri Express de Torrejón de Ardoz, 2005
  • 2º posto no X Certame de Arteixo, 2005
  • Gañador do II Premio Castelao da Deputación da Coruña con "Un home feliz", 2006[24]
  • Un hombre Feliz - Premio ao Mellor Guión, Salón do Cómic de Barcelona, 2008[25]
  • Cartas de inverno - Premio Isaac Días Pardo ao Mellor Libro Ilustrado de Galicia, 2012[26]
  • La Luz - Nomeado mellor traballo nacional de 2014 en Expocomic[27]
  • A Chaira - Nomeada mellor novela gráfica de 2020 na Gala do Libro Galego[28]
  • XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense 2021 por Teoría do fin.[29]
  1. La Voz de Galicia. "Banda deseñada". Consultado o 19 de decembro de 2017. 
  2. "Galicia Encantada - Enciclopedia de Fantasia Popular de Galicia". Consultado o 19 de decembro de 2017. 
  3. AGPI - Asociación Gelega de Profesionais da Ilustración. "Un Hombre Feliz de Antonio Seijas". Arquivado dende o orixinal o 2017-12-27. Consultado o 26 de dezembro de 2017. 
  4. Diego Giráldez. "Cartas de inverno e un lapis dixital". Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  5. María Fidalgo Casares. "El aresano Antonio Seijas en recta final hacia la mejor Obra de Comic España 2014". Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  6. Baía Edicións. "Andrea Maceiras gaña o 6.º Premio Meiga Moira 2014 de Literatura Infantil-Xuvenil". Consultado o 22 de dezembro de 2017. 
  7. Telexornal Mediodía FDS. ""O castañeiro de abril" é o Premio Merlín 2013". Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  8. MUNDIARIO (4 de marzo de 2019). ""O Soño da Serpe", el gran debut literario del artista Antonio Seijas". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  9. La Voz de Galicia. "Nos meus libros vou contando unha historia da que aínda descoñezo o final". Consultado o 18 de maio de 2020. 
  10. AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. "Antonio Seijas". Arquivado dende o orixinal o 2017-03-31. Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  11. Espacio Cultural SDI. "Exposición Antonio Seijas". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  12. Tebeosfera Cultura Gráfica. "Antonio Seijas Cruz". Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  13. "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  14. "MICHAEL BOWDERY'S WORDS AND MUSIC". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  15. "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  16. "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  17. "Apple Books Preview". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  18. "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  19. "Editorial Galaxia". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  20. "Xerais". Consultado o 19 de abril de 2021. 
  21. "O soño da serpe". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-04. 
  22. "Teorías do fin". Aira Editorial. Consultado o 2023-03-03. 
  23. Discologs. "Antonio Seijas Discography". Consultado o 23 de dezembro de 2017. 
  24. Consello da Cultura Galega. "Banda deseñada - autores". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  25. Europa Press. "La obra "Un hombre feliz" de Antonio Seijas gana el premio de banda diseñada "Castelao" de la Diputación de A Coruña". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  26. Baía Edicións. "Entregados os Premios da Edición 2012". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  27. Mundiario. "Antonio Seijas, nominado con La Luz al Premio de Mejor Obra Nacional 2014 Expocomic". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  28. Paula Quintás. "El jurado de la V Gala do Libro Galego hace públicos los títulos ganadores". Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  29. "O XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense é para Antonio Seijas, por 'Teoría do fin - Eurínome' - Concello de Ourense". ourense.gal. Consultado o 2023-03-03. 

Ligazóns externas

editar