Antonio de la Iglesia

escritor e xornalista galego

Antonio María de la Iglesia González, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1822 e finado na Coruña en 1892, foi un escritor galego, fundamental no comezo do rexurdimento.

Infotaula de personaAntonio de la Iglesia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1822 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1892 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco María de la Iglesia e Benigno de la Iglesia González Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 100

Traxectoria editar

 
Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[1]

Cursou Latín e Humanidades en Compostela e seguiu estudos de Maxisterio na Escuela Normal Central de Madrid. Posteriormente foi o primeiro director da Normal de Santiago. Máis adiante foi inspector de escolas e catedrático de Retórica e Poética do instituto da Coruña.

Colaborou en La Aurora de Galicia, Revista de Galicia e El Fomento de Galicia; foi editor de Galicia. Revista Universal de este Reino (1861-1865), dirixida polo seu irmán Francisco María de la Iglesia, onde apareceron os dous traballos seus de maior mérito, "Reseña stórica de Galicia" (1861) no que enxalza o valor dos galegos na Guerra da Independencia contra os franceses,[2] primeiro texto en galego desta materia, e Diccionario gallego-castellano (1863), primeira recompilación lexicográfica galega que o seu autor, Francisco Javier Rodríguez Gil, deixara manuscrita sen ordenar.[3] Foi redactor do Diario de La Coruña. Tamén colaborou en El Anunciador e en El Heraldo Gallego.

Foi o organizador dos Xogos Florais da Coruña de 1861 e compilador do Álbum de la Caridad (1862), onde se recollían as composicións dos poetas participantes. Foi o autor da antoloxía El idioma gallego, su antigüedad y vida (1886), en tres tomos, onde da a coñecer mostras dos cancioneiros medievais, incluíndo composicións tomadas do Cancioneiro da Biblioteca Vaticana publicado en Portugal en 1878 por Teófilo Braga.[3] Escribiu tamén diversos poemas en galego recollidos na prensa desde 1857 e algúns contos publicados a partir de 1888, relatos breves baseados, moitos deles, na literatura popular de transmisión oral ("O convite dun raposo", "A rejuba de San Lorenzo", "Os aparecidos"...).[2]

Desenvolveu tamén un longo traballo de investigación sobre o patrimonio arquitectónico e arqueolóxico de Galicia, en especial das Mariñas coruñesas e da cidade de Santiago de Compostela, e do contexto histórico no que foi creado, que foi dando ao público publicado en artigos na prensa rexional, aínda que moito daquel material recollido permanece inédito hoxe.

Ocupou praza na Comisión Provincial de Monumentos, que, por iniciativa súa, entendeu nos procesos de desaparición de diversos edificios de mérito, deixando constancia documental e gráfica da súa historia.

Biblioteca virtual editar

 

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar