Teófilo Braga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Joaquim Teófilo Fernandes Braga, nado en Ponta Delgada o 24 de febreiro de 1843 e finado en Lisboa o 28 de xaneiro de 1924, foi un político, escritor e ensaísta portugués.
Teófilo Braga | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Joaquim Teófilo Fernandes Braga |
Nacemento | 24 de febreiro de 1843 e 1843 |
Lugar de nacemento | Ponta Delgada |
Falecemento | 28 de xaneiro de 1924 e 1924 |
Lugar de falecemento | Lisboa |
Soterrado | Igreja de Santa Engrácia |
Nacionalidade | Portugal e Reino de Portugal |
Alma máter | Faculdade de Direito da Universidade de Coimbra |
Ocupación | antropólogo, político, dramaturgo, filósofo, profesor universitario, poeta e escritor |
Coñecido por | Bocage: his life and literary epoch |
Premios | Ordem Militar da Torre e Espada e Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estreouse na literatura en 1859 con Folhas Verdes. Licenciado en Dereito pola Universidade de Coímbra, establécese en Lisboa en 1872, onde dá clases de Literatura no Curso Superior de Letras. Entre a súa carreira literaria cóntanse obras de historia literaria, etnografía (nas que destacan as súas escolmas de contos e cancións tradicionais), poesía, ficción e filosofía.
Comeza a súa actividade política en 1878, cando concorre ás eleccións como candidato a deputado polos republicanos federalistas. Exerce varios cargos destacados nas estruturas do Partido Republicano Portugués. O 1 de xaneiro de 1910 convértese en membro efectivo do directorio político xunto con Basílio Teles, Eusébio Lleãou, José Cupertino Ribeiro e José Relvas.
O 28 de agosto de 1910 é elixido deputado por Lisboa, e en outubro do mesmo ano convértese en presidente do Goberno Provisional. A súa carreira política remata tras exercer por breve tempo o cargo de presidente da República, en substitución de Manuel de Arriaga, entre o 29 de maio e o 4 de agosto de 1915.
Obras editar
Poesía editar
Ficción editar
Ensaios editar
- As Teorías Literárias - Relance sobre o Estado Actual da Literatura Portuguesa (1865)
- História da Poesia Moderna em Portugal (1869)
- História da Literatura Portuguesa (Introdução) (1870)
- História do Teatro Português (1870 - 1871) - en 4 volúmenes
- Teoría da História da Literatura Portuguesa (1872)
- Manual da História da Literatura Portuguesa (1875)
- Bocage, sua Vida e Época (1877)
- Parnaso Português Moderno (1877)
- Traços gerais da Filosofia Positiva (1877)
- Cancioneiro portuguez da Vaticana (1878)
- História do Romantismo em Portugal (1880)
- Sistema de Sociología (1884)
- Camões e o Sentimento Nacional (1891)
- História da Universidade de Coimbra (1891 - 1902; catro volumes)
- História da Literatura Portuguesa (1909 - 1918; catro volumes)
Antoloxías e escolmas editar
Predecesor: Manuel II |
Xefe de Estado de Portugal 1910 - 1911 |
Sucesor: Manuel de Arriaga |
Predecesor: Manuel de Arriaga |
Presidente da República Portuguesa 1915 |
Sucesor: Bernardino Machado |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teófilo Braga |